abril 19th, 2007

¿QUE FIXECHES POR O TEU POBO?

Posted in Sen clasificar by oteroregal

 190px-viveroria.jpg

Un letor deste bloc…e tamen, sospeito que candidato me fai este comentario…o que contesto…faltaria plus….
…¿que fixeches ata agora por o teu pobo?.”
Isto é unha pregunta retórica porque a meirande parte dos que se presentan teñen feito algo polo seu pobo:
Guillermo Leal, Melchor Roel, Suso “pata”, “El moro”, Rafaelito, Orlando, Mariña, Mitas, Tino, etc, etc… levan moitos anos facendo cousas polo su pobo e non só na política. Son todos xente que merece ir nunha lista e os seus partidos saben que teñen simpatías entre os cidadáns. Os que van sen ter feito nada, teñen oportunidade agora de amosala súa valía.
Eu non entendo moi ben esa pregunta, pero ao millor podes decirnos quén son na túa opinión os que teñen feito méritos dabondo para que os partidos boten man deles, e non están nas listas dos ELEXIDOS. Penso que van os que teñen que ir e a ver se son capaces de traballar para mellorar Viveiro no que teña que mellorar…¿verdade que é bonito velos seus nomes xuntiños nunha lista sen diferenciar tirios de troianos?
CONTESTO:
…..Pois amigo Carlos….mirando as listas, e salvo algunhas excepcions que confirman a regra…non todos os que pos na lista entran no saco…..as listas non son nin o mellor nin o mais traballador de Viveiro…..sintoe…non darei nomes…tamos no tempo de o voto coller e xa son bastante politicamente incorrecto….non teria inconvente en decircho de tu a tu….as listas son mentireiras e chaqueteras….mira o PSOE…..a algun “leader” nin siquera o votan a familia….todos nela son da dereita mais retrogada…..caeuse na titulitis sin ningun sentido….caso de numeros dous de todos os partidos….e de xente que, savo excepcions….non participaron na vida social, cultural ou asociativa de Viveiro nos ultimos anos….en todos os partidos existe xente que reune esas caracteristicas…..tamen a nivel persoal che podia dar nomes….pero sobra sectarismo e falta sentidiño comun nos partidos en Viveiro….por certo…a pesar do futbol sala…..eres dos candidatos que me merecen mais confianza…e non peloteo….non e o meu estilo…e asi me vai….tampouco che beneficia que me caias simpatico……si o sabe Don Francisco…telo craro que te apoie alguen a quen recentemente calificou publicamente como CENSOR……e unha broma Carlos, o que pasa e que DON FRANCISCO ten mala memoria ou creese as suas propias mentiras…non sei que sera peor……sorte….

abril 18th, 2007

XA ESTOU DE VOLTA………….

Posted in DIARIO by oteroregal

 galiza-vaca.jpgXa estou aqui….disque dixo Tarradellas dende o balcon de San Jauma…cando voltou do desterro…..pois eso despois de PRIMAVERA….donde por certo me visitaron amigos deste sitio e leutores….graciñas a todos….volto o rego…..Pois mira que ben. Eu por ahí vendendo os meu labores e mentras neste norte nordesio os politicos estan que parece que andan quentes…….de carallo, que si tu eres un
chorizo criollo…que si tu mais….que si tu eres un chourizo da mariña…que si te denuncio…que si tu parbp…..etc etc ….. E tan feliz que iba eu a os SANTIAGO DE COMPONTEAS COMO POIDAS proocurándome por o meu “laboro” por o Euribor, por a crispación da política, a especulación do solo, por a futura recesión económica, por a xente que non se pode comprar un pis, por cómo a xente que non pode valerse por sí mesma poida vivir mellor, creendo que son problemas más reaes e olvidabame de que estamos no tempo de recoller o voto…de o voto coller….
¿E das candidaturas..que? Pois…si non o digo rebento….Son todas un desastre bananeiro….non teñen por donde collerse…..diria Beni…”Xa esta Regal facendo amigos”…pero e certo …os que as fixeron…e de supoñer que os “Leaders” olvidarondse de facer a consavida preguntiña antes de facer a lista….e ti rapas ou rapasa…¿que fixeches ata agora por o teu pobo?…..a bon seguro que o 90% dos señores aspirantes correrian como golpes diante dunha escopeta………unha vergoña…as listas tanto de Tiros como de Troianos non valen para ver……

marzo 29th, 2007

O ASUNTO DO CAFE

Posted in DIARIO by oteroregal

zapatero_070328_400.jpg ¿Cánto vale un café?
Foi dende logo a pregunta mais comentada en papeis, radio tv…e rede…..que pais……medio cento de preguntas, algunhas ben interesantes e o unico que sona e o do cafe,….
Pois ben…non seremos menos e falaremos do cafe…
Según Zapatero, unhos 80 céntimos. En Viveiro ainda temos algunhos sitios que costa eso…tamen temos os sitios finos e horteras, parece que por aqui a cousa  ten parecido, donde pasa de un euro…..eu casi sempre tomo cafe no SANTI, ali o lado dos xuzgados e da cousa de agricultura ou medio rural, sindicatos…..o cafe, que e o mellor de Viveiro….costa 90 cts…dende fai pouco….a primeiros de ano….antes era de 80 cm….asi que o ZP non descamiñaba moito…por certo no SANTI tamen tomou cafe a vicepresidenta unha vez, dice Santi…que non o pagou…correu a conta da casa….por eso e a sua ministra preferida…..de aquela o cafe ainda era mais barato…barato… confeso que son un cafetero….., por eso, xa que estamos…podedes decir ¿Cánto pagas tú? Engade a tua  resposta en comentarios: ¿Cánto vale un café?
e de paso si queres decir os mellores sitios para tomar un bo cafe….mellor que mellor….

marzo 28th, 2007

ZAPLANA-PINOCHO

Posted in Sen clasificar by oteroregal

careta.jpg Vaille medrar o fuciño…como a Pinocho……”En ningún momento, ni antes, ni después, ni en medio, faltamos ni una sola vez a la verdad sobre el 11-M”
E quedouse tan pancho …dixoe Zaplana….Dende logo un cabrease por activa e por pasiva….porque este individuo tratanos de tontos….. e debia, este rapas ter en conta que non todos os españolitos somos do PP…..careta.jpg

marzo 26th, 2007

DEFENDENDO O PÚBLICO

Posted in OPINION by oteroregal

nordsee.jpgXa está ben. Cada día os “Neocom” os “Neo liberais”  e toda a recua que os acompaña, están a vendernos que todo o publico é malo, ensinanza, saude, cultura, servicios….esto orixina que o  público empeza a non estar de moda…que empece a medrar un sentimento na sociedade de que os que fan uso do publico é porque non teñen outro remedio….

Se a sanidade pública ten problemas é porque no lle dan transferencias suficientes, faltan cartos, e por ende faltan médicos, edificios, enfermeiras, axudantes e sobre todo bos xerentes que poñan as cousas a funcionar e a certos profesionais privilexiados no seu sitio dunha vez, xa está ben de ser funcionario pola maña e ter consulta privada a tarde cando non, ser socio dunha clínica privada ou cousas peores.

Este pais, e este norte galego e un craro exemplo, é a zona de Europa cunha peor infraestructura de trasporte publico, eiqui potenciouse a individualidade do coche, en detrimento do publico, tren, e autobús,  no primeiro caso temos unha empresa que tiña que poñerse as pilas, modernizarse e adaptar os servicios as cercanías e as necesidades dos clientes potenciais…se non se fai asi, dende as posturas  privacionistas  vannos convencer de que ,se hai problemas co transporte público,  é porque os traballadores e os usuarios están boicoteandoi.
Se nos queixamos por activa e por pasiva da contaminación, do efecto invernadero fagamos que non haxa tantos coches individuais e si mais traporte público e colectivo.

Se hai que axudar a os país a elexir escola para os seus fillos, subvencionan colexios privados, e mellor si son relixiosos do Opus ou dos Lexionarios de Cristo, mentras a escola publica esmorece por falta de cartos e dun control riguroso dos funcionarios que a atenden. As subvencións ao ensino privado nos últimos 15 anos multiplicáronse por 4, e para niveis non obrigatórios multiplicanse por 20 nos últimos 15 anos , no pasado ano os orzamentos da Conselleria aumentaron o 6% mentras que as subvencións á privada aumentaron un 10,5%.  Mentras esto sucede,  dise que non hai cartos para comedores, transporte, actividades extraescolares polas tardes, reparacións e melloras nos edificios, gastos de funcionamento,  etc.

Somos moitos os que pedimos, unha escola non dependente de intereses privados. Unha escola defensora da liberdade de cátedra, entendo por tal o dereito dos ensinantes a expoñer, sen adoutrinamento, proselitismo nou sectarismo, o seu enfoque persoal na labor docente, dentro do respecto as normas establecidas e as opinións discrepantes. Unha escola xestionada participativa e democrática  e aconfesional, donde  se promova valores como a solidariedade, a non discriminación e o respeto polo medio que nos rodea.

A cultura non funciona., pois contratamos empresas publicas que “dinamicen” e de paso engordan os bolsos e promocionan a os amigos de turno.

A política de vivenda pública, brila pola sua ausencia en gobernos da deita, ou semiprivatizase con argucias legais, como me dixo un día un político, si facemos moitos pisos sociais, ¿a quen lle van a vender os seus os constructores?

Esta retahíla poderia seguir, pero o peor do asunto é que ademais esta sensación de que o publico e malo e o privado e bo está calando na sociedade a marchas forzadas.

Podemos ver , que nesta franxa costeira, donde vivimos casi todolos concellos teñen privatizados servicios esenciais para o cidadan, auga, alcantarillado, actividades xuvenís, cobro de impostos, o que rara vez significa que funcionen mellor, si fora asi, os cargos politicos elexidos serian os responsables de non esixirlles mais aos funcionarios e persoal contratado, o que si esta craro é  que son mais caros para o usuario.   

marzo 22nd, 2007

¿PARA CANDO A LISTA DO PP EN VIVEIRO?

Posted in Sen clasificar by oteroregal

personas.gifpersonas.gifMoita manifestación patriótica, cantos que ofenden-ao menos- ao bon gusto musical, bandeiras, discursos e interbencions incendiarias, nos papeles e nos plenos, para enardecer ao  respetable,….. pero NI UN ANUNCIO DE QUEN VAN A SER OS NOVOS CONCELLEIROS DO PP EN VIVEIRO
¡Puñetas! Esto no da ao PP ningún beneficio político, ou como dice a cantiga ¿Sera que non poden…. sera que non saben?…..Nos mentideiros e rumorosos locais dicese que despois de Guillermo Leal, ira un de Celeiro que vive en Viveiro, empregado de banca e que no tempo libre adicase o club de remo de Celeiro, unha licenciada en B. artes, de unha familia moi de dereitas de Viveiro, unha filla e un fillo de ex concelleiras-os, un podologo, repite Celestino de Covas, o do asunto da electricidade ou o chispas,seique non vai Javier Illan…. e pouco mais.
Tamen os rumorosos din que os primeiros numeros da lista ofreceronllos a alguns empresarios locais e dixeron que nones…non fora ser que efectaran as subencions das pimes……ou outras cousas por o estilo….
Tamen se dice que quen cerrara a lista sera Cesar Aja….algo asi como si fora un candidato de honra pero o reves……
Por o demais todos caladiños, como na procesion.
por certo como vexo que este asunto das eleccions orixina comentarios arreo…..prometo seguir…falaremos un dia destes da fiebre de levar xente con titulos, pero con un nulo expediante de aquelo de ¿QUE FIXECHES TI POR ESTE POBO?…de forofos do futbol sala agora candidatos……e de moitas cousas mais…incluso de como se herdan de pais e fillos os postos de concelleiros……..
Para ficar …as ultimas encuestas de como  seran as eleccions…..
PSOE:6-7 e partido mais botado
PP:6-7
BLOQUE:2-3
IU: 1
ADMITENSE APOSTAS….

marzo 21st, 2007

CANDIDATAS A ESGALLO

Posted in CONFIDENCIAL by oteroregal

Amabilidade, cercanía, certa vulnerabilidade, trasparencia…… son algunhas das cualidades mais nomeadas por a cidadanía a hora de valorar os seus lideres políticos. tendo en conta esto, no e extrano que cada vez mais mulleres obteñan mellores valoracions….un exemplo…a Vicepresidenta…..que Tiros e Trianos recoñecen que o fai moi ben, un chollo para zapatero, a quen lle saca as castañas do lume en mais de unha ocasión….e cada vez mais se encaraman nos primeiros lugares da politica e administración, desplazando a lideres históricos ou políticos de larga tradición que responden a os cánones mais trasnoitados do liderazgo. Así, nestos dias, de formacion e presentacion de listas electorais para os concellos e tendo en contav os postulados dos partidos da esquerda e a obligacion dos da dereita por lei de contar cando menos con un 40% de mulleres nos concellos, estas estan sendo rifadas por todos.
Anda o run run de que nunha localidade deste norte mariñan… o PSOE fichou a unha muller con titulo que seique tiña o carné do PP ata fai catro dias…o peor e que a razon de que antes se fixera do PP debiase a que era imprescindibel para que lle meteran a o compañeiro nunha empresa….e digo eu…¿e logo ahora que lle daran por irse o PSOE?….manda carallo co etica e a estetica…e manda carallo co moda da titulitis….

marzo 20th, 2007

O NACIONALISMO ESPAÑOL

Posted in DIARIO by oteroregal

413815807_1dce79052c.png
Ultimamente o nacionalismo español e españolista, os que temos mais de medio seculo…vivimolo nas nosas carnes na LONGA NOITE DE PEDRA.. está emerxendo con unha forza desmesurada,  e sobre todo, con con un carácter excluente que a un….algunhas veces lle da certo medo….. Ademais  atrevense a decir quen e bon e mal español, seguindo as herencias da dictadura de Franco que exercia un perverso sentido de patriotismo partidista.

como en outras ocasions, traigo aqui un anaco de un articulo escrito no  País por Josep Ramoneda, un o suscribe  totalmente. Titulase “El nacionalismo español“.

El líder que cree hacerse fuerte dividiendo a los españoles entre buenos y malos ciudadanos. Los que siguen al PP son gente de bien; los que no, son gente de mal, una amenaza para la patria. El que quiera un certificado de buen patriota, que asista a las manifestaciones del PP.

Con o sin águila, la bandera ya viene suficientemente marcada por los años de franquismo como para que, con este nuevo secuestro, quede perfectamente inutilizada como símbolo colectivo por los siglos de los siglos.

Cuando el nacionalismo se hace victimista -todos los días se acumulan en la prensa los artículos sobre el fin de España, la destrucción de la patria y otras catástrofes parecidas-, por lo general es que están ocurriendo dos cosas: que hay conciencia de que la vieja idea de la nación, de España, en este caso, ya no se corresponde con la realidad, y que los que se consideran garantes del destino nacional no tienen el poder y apelan a los miedos de la gente para recuperarlo.

Pero hay que agradecer al presidente su intento de ir introduciendo a España en un universo posnacional. Me gustaría creer que hay suficientes ciudadanos dispuestos a continuar por esta línea, a pesar de los nacionalismos españoles y periféricos. Desmitificar las patrias sigue siendo la revolución laica pendiente.

marzo 19th, 2007

EXPOSICION EN SANTIAGO

Posted in DIARIO by oteroregal

banner_an.jpgO pasado venres 16 de marzo ás 20h tuvo lugar o acto de inauguración da exposición ART NATURA. Será no IES Rosalía de Castro de Compostela. Nesta exposición promovida por ADEGA coa colaboración do Concello de Compostela e as Consellerías de Cultura e Medio Ambiente, participan máis dun cento de artistas e literatos/as galego/as.
A exposición permanecerá aberta até o 16 de abril en horario de 18 a 21h e posteriormente localizarase noutras cidades e vilas galegas. Con este evento pretendemos expresar o compromiso do mundo da cultura galega coa conservación do noso patrimonio natural.
As visitas guiadas para centros educativos pódense concertar no teléfone 629 635945 de 10 a 14h, de luns a venres.
As persoas interesadas na obra e nos artistas poden contactar con ADEGA nos teléfones 981 570099 e 981 566269
Por certo, nesta exposicion teño eu unha obra exposta…..¿Adiviñades de que se trata? Pois empeza por V….e acaba con A….

marzo 17th, 2007

EN DEFENSA DE A LIBERTADE DE EXPRESIÓN

Posted in OPINION by oteroregal

1173810937_0.jpgNesta terra,Un home vestido con faldons pode explicar públicamente cousas como que existe un ser superior todopoderoso que mandou a o seu único fillo a morrer por quens no se llo pidiramos e que, encima, resucitou logo. Ademais, existe xentilla que exige o seu dereito de decir públicamente que o sufrimento human forma parte da providencia divina , o que non e mais que unha promocion do masoquismo.
Temos, repito xentiña,que defende o seu dereito a creer en cuosas sin demostración racional algunha, nin visos de racionalidade, facerlo público e recibir subvenciones das administracions por elo.

E respeto todo o antedito, para min teñen dereito a elo, a clave de a libertade de expresión no e oír o que nos gusta sinon a posibilidade real de oír aquelo con o que non estamos de acordo e, ademais, no nos gusta escoitar.
Dende aqui defendemos esa libertade, defendemola para que a poidan utilizar aquelos que dicenos o contrario a nosoutros. Non soio teñen dereito a decilo sinon que deben telo independentemente de que seña unha burda mentira.
Pero…. xentiña de igresia, bispos curas e meapilas varios…pregoan estos dias que a “Junta de Extremadura” non pode publicar un libro de fotografías en contra de ditas creencias. Parece ser, segun estes individuos a quen eu respeto a sua libertade de expresion, que non se pode pagar con diñeiro público algo así, aunque sí, se pode pagar, mirade os periodicos de hoxe, a semana santa o subvencionar creencias medievales, porque, si non, a igresia católica se cabrea, e, por que Torquemada e a sua Santa Inquisicion, desapareceu, si non xa nos tiñan na fogueira.
A libertade de expresión, está por encima de calqueira dios tan irracional e inhumano.