Archive for maio, 2006

maio 30th, 2006

CONFIDENCIAL

Posted in CONFIDENCIAL by oteroregal

¿Quen era o alcalde dun concello da Mariña que mandaba cartas o Presidente Fraga pidindo axuda para facer negocios de dudosa legalidade?

maio 30th, 2006

CONFIDENCIAL

Posted in CONFIDENCIAL by oteroregal

¿De que falaban o pasado fin de seman un ex diputado do PP e o actual numero dous do partido e secretario provincial Señor Barreiro mentras compartian biandas e mantel nun restaurante de Foz?. ¿Falaban acaso do “afaire” da Diputacion?…..Os manteis teñen oidos…e os camareiros mais……………….

maio 29th, 2006

CONFIDENCIAL

Posted in CONFIDENCIAL by oteroregal

¿DE QUE TRABAN NUNHA REUNION NUN RESTAURANTE DE VIVEIRO UN PROFESOR DE ECONOMIA DE A CORUÑA, UN EMPRESARIO E ALCALDE DA BISBARRA DO PP, O ALCALDE DE VIVEIRO E UN ABOGADO DA CORUÑA QUE TAMEN E ABOGADO DO EMPRESARIO E ALCALDE DO PP E DO CONCELLO DE VIVEIRO O MESMO TEMPO?

maio 27th, 2006

EN DEFENSA DE ISAAC

Posted in OPINION by oteroregal

EN DEFENSA DE ISAAC

Refirome, non o persoaxe da Biblia, senón a Díaz Pardo, que esta misma semán, utilizando malas mañas e peores formas foi apartado dunha das suas criaturas vitales, a factoría de cerámicas do Castro, e agora os mismos amenazan con deixalo fora de cerámicas Sargadelos.

Confeso que non son amigo de Díaz Pardo, coñecido, e colega neste vello oficio de trasformar a terra en cerámica, e como é lóxico en calquera ser human anticipo que posee grandes cualidades e tamén defectos, seria ilóxico o contrario, tampouco todolos seus feitos son compartidos por min…….

As rifas e pleitos entre a familia Rey e Díaz Pardo veñen de vello, maís de trinta anos, son duas formas de entender a vida e a empresa, Díaz Pardo, ala polos 50, canso de atrancos e falto de diñeiros mete nunha sociedade da pequena factoria de O Castro de Samoedo os Rey, familia de sona de A Coruña, con cartos e boas relacións..dende aquela a forte personalidad de Díaz Pardo e Seoane opuxeronse sempre o negocio polo negocio, as suas teimas, o castro, o museo , a Imprenta, a editorial o seminario, galerias .. Sargadelos teñen un forte compoñente cultural, e de amor a Galicia, os Rey solo pensaban nas suas teimas no vil metal.

Agora tres décadas despois e tras moitos tiras e afloxas rompese a baraxa no peor momento e, según a miña humilde opinión para mal.

Estamos nun tempo dunha grave crise no sector da fabricación de cerámica, as fabricas da península Ibérica cerran unha tras outra, pobos enteiros cunha tradición cerámica de séculos pechan os seus obradoiros, eiqui mesmo en Galicia, o complexo dos Alvarez foi ó tacho, Porcelanas de Levante, As Cadeas, Porcelanas Sambo, Porcelanas de Xixon… cerraron e outras como A Mongatina, Porcelanas del Norte, Irabia viven de subvencións, ou manufacturan os seus productos fora do pais, Turquía, Polonia ou China.

E precisamente o coloso asiático quen esta a facer un maior dano o sector de fabricación da cerámica nesta terra, con productos baratísimos e copias descaradas do diseño europeo, cos que e imposible competir.

Postas así as cousas a única solución para subsistir neste mundo e neste sector limitase a o dito tantas veces por Isaac, “Non solo temos que vender porcelana, temos que vender terra e culturaâ€.

Din os entendidos que para vender cerámica hoxe en día tense que seguir tres sinxelos parámetros:

Carácter diferencial do producto.

Producir Variedade e non cantidade

Alto valor engadido do fabricado

Estas tres premisas foron a impronta de Díaz Pardo nas suas empresas, Sargadelos, partindo do deseño da Banhauss, pasando polo arte popular e a xenialidade de Seoane e Díaz Pardo ten, nadie o pode dudar, un carácter diferente e diferencial na sua producción, pode gustar ou non gustar pero é diferente e diferenciable aquí e en China.

Sargadelos mantuvo as características dunha pequena fábrica, cunha producción pequena, donde se conseguieu que esta seña inferior á demanda, de paso os seus obxetos son valorados maís alo dos dunha manufactura industrial, e polo tanto o seu valor no mercado é alto, posue un envidiable valor engadido, que se rompería masificando a sua producción. “Nosoutros temos que producir pouco e variado, en cantidade e barato xa esta Chinaâ€

O Consello de administración de Sargadelos debería nas próximas datas entrarlle un pouquiño de sentidiño común, que xa se sabe que é o menos común dos sentidos, e xa cando o de apartar a Díaz Pardo de O Castro non ten remedio, o pensen mellor no caso de Sagadelos S.L, non e o mesmo rexentar unha tenda-galeria, vinculadose familiarmente a “Get set†do arte en Galicia, rexentar un Hotel de carretera , vivir de rentistas na Coruña que manter o éxito comercial, cultural, social e empresarial a donde Díaz Pardo e os seus levaron a Sargadelos, seria bon a medio e largo plazo que a teima de Isaac de vincular a empresa a unha fundación, reinvirtir as ganancias en cousas como un museo da Industria e outras ideas seguisen adiante. Pola outra parte, unha ampliación da producción, unha mayor popularización e a pretendida utilización da marca de forma desmesurada seria “Pan para hoxe e fame para mañaâ€

Otero Regal

maio 25th, 2006

CERAMICA=CACHARRO

Posted in DIARIO by oteroregal

Supoño que agora se me entende a anterior anotacion….polo demais fai calor…esta o brau baixando pola Gañidoira…..e un cheo de traballo hasta a calva do curuto da cabeza….ademais para quentar mais o dia….non faigo mais que toparme con constructores e demais expecies de expeculadores DA MAFIA DO LADRILLO que estan empeñados en fastidiarnos o paisaxe e contaminarnos o paisaxe…os carallans descubriron esta bisbarra e tanola botando a perder…eso si co colaboracion inestimabel dos politicos de un e outro siño…..uns por chirizos e xentes de mal vivir e outros por parbos………………un dia de estes explicareibos o que se sinte cando a un lle ataca o birus da decepcion politica……..salut e forca no canut…..

maio 22nd, 2006

¿Sera cuestion da ceramica?

Posted in CAZICADAS by oteroregal

Refirome o tema mais candente en Lugo capital en particular e provincia en xeral……si o da destapada de esa especie de “AFAIRE MARBELLA” cutre e terceiromundista….donde os funcionarios se o levaban libremente pras suas casas…non o traballo precisamente sinon os cartiños de Xan Povo.

Total..para que nos vamos a preocupar as cousas veñen e vanse…din….¿deronse vostedes conta o pouco que a xente desprecia a quen rouba diñeiros publicos? A calquer rapaz que rouba cen euros para comprar polvos maxicos…lle caen dous anos…………..de cadea pero aquel se se leva o marron da administracion e encima ben bisto…..escoitei na TELEGAITA a un…disque que sindicalista do Pazo de San Marcos dar as queixas de que lle puñeran as esposas o funcionario corrupto…..”coma si fora un delincuente” dedia o jacho….pois claro que un delincuente…de guante blanco pero delincuente …pois cos cartos que fixo de menos podiase facer boas carreteras donde o trafico mellorara e ouvera menos acidente…ou gastalos en medicina……por eiqui NO MERO NORTE a Lugo capital chamanlle A ALDEA GRANDE…..e tamen se di por eiqui que XENTE DE ALDEA TROPA DO CARALLO………….

maio 22nd, 2006

UNHA TERRA DE PAILANS

Posted in OPINION by oteroregal

UNHA TERRA DE PAILANS

“Os galegos somos en Xeneral un pobo con mentalidade de pequenos campesiños e de envexosos. Este defeito que Unamuno estudiou en todos os peninsulares, pero que a min pareceme acentado no caso galego….moi poucos parecen librarse como de algo mais tremendo ainda para Galicia que é o provincialismo de moitos intelectuales, non respetamos o valor do veciño, esaxeramos desmedidamente o valor alleo, sempre tivemos sabios en Alemania descoñecidos en Galicia o texto e de Luis Seoane. nunha carta a Del Riego.

Pero a pesar de que pasaron unhos poucos anos do escrito do nunca ben ponderado Seoane, seguimos por estas terras a ser unhos pailans e unhos iñorantes… E agora con cartos dos nosos paisans, Xunta, Caixas, Fundacións, Museos, varios Diputacións, Concellos e outras historias do mal vivir, adicamonos a darlle incienso a todo o de fora e os de aqui nin auga….

Recentemente inagurouse na terra unha fundación-escaparate, con moito bombo e platillo con unha exposición.espectáculo dun esplendido pintor e muralista mexicano na que se invirteu un bon montón de euros, e preguntome eu…por casualidade ¿Cantas exposicións monograficas lle fixeron en Mexico a Maside, Seoane, Souto, que incluso viveu ali largos anos de exilio, Laxeiro etc etc, por citar soio a xente consagrada de esta Galicia dos nosos pecados….

O que tiñan que facer os comisarios destas exposicións, xunto cos señores que manexan os cartos o frente e andar a terra e coñecer as suas xentes que crean arte, sin comedias e sin padriños, desa forma os artistas da diáspora, os que non viven no eixo Coruña, Santiago, Vigo, non teñan que andar mendigando exposicións ás portas de catro espabilados que manexan os cartos da cultura e que coma bos pailans preferen traer a xente de fora que a enseñar o que eiqui se fai, e que ademais castigan coa marxinación a aqueles que non comulgan con rodas de muiño condenandos ó ostracismo…….e que se apuren a chegar antes de que morran.

Galicia con menos de tres millóns de persoas ten neste momento tres museos ou fundacións de arte moderno, que pouco están a facer por unha sensibilización estética do pais, o exemplo témolo nas desfeitas paisaxísticas e urbanísticas a que estamos sometidos, o normal e que desde o sistema educativo se tratase de mellorar e corregir esta desfeita, pero ó parecer nin se fai nin esta en carteira por Tiros e Troianos para que entren na materia.

Repito o dito en outras ocasións, cando a todo “batallan†se lle caen as babas falando de patria, patriotismo, pais, nación e outras caralladas similares non estaría de mais que se lles metera no seu cerebelo a idea de que ser patriota, nacionalista e similares é apreciar o que a chamada por eles Patria ou Nacion e e fai, que ser patriota e quererse a si mismo ós seus semellantes sexan estes labregos, artistas, investigadores, mariñeiros, empregadpos, artesáns, escritores, actores etc etc .

Otero Regal

maio 20th, 2006

DENDE O NORTE GALEGO

Posted in OPINION by oteroregal

O norte galego a que eu me refero vai dende Ferrol Terra ata Ribadeo donde cada un paga o seu, din….eu vivo e laboro en Viveiro donde engaden “MOITO FANDANGO E POUCO DIÑEIRO”……vivo porque como di unha cancion do folklor leones “Eu non son da parroquia”…cheguei eiqui fai perto de tres decadas , que se di axiña……despois de andar terras e mundo……

CARTAFOL DE INTENCIONS

Os que me coñecen xa o presintiran…dar caña o mono dende eiqui…contar as cousas que pasan nesta bisbarra e que os papeles calan…tamen colgarei alguns dos articulos dos domingods que faigo para “El Progreso” edicion da mariña………..dende a miña independencia………e cousas do meu traballo de ceramista….empresario turistico e como di Isac…templagaitas e limpamerdas vario……………….

PROMETO

Firmemente colgar todolos dias algo……..

e empezo co miña teima encol do urbanismo.

maio 20th, 2006

Ola Mundo!

Posted in DIARIO by oteroregal

Bemvido a blogaliza.org. A tua primeira post. Podela editar, ou borrar. Faino, e comeza a participar no blogomillo!!