UNHA TERRA DE PAILANS
UNHA TERRA DE PAILANS
“Os galegos somos en Xeneral un pobo con mentalidade de pequenos campesiños e de envexosos. Este defeito que Unamuno estudiou en todos os peninsulares, pero que a min pareceme acentado no caso galego….moi poucos parecen librarse como de algo mais tremendo ainda para Galicia que é o provincialismo de moitos intelectuales, non respetamos o valor do veciño, esaxeramos desmedidamente o valor alleo, sempre tivemos sabios en Alemania descoñecidos en Galicia o texto e de Luis Seoane. nunha carta a Del Riego.
Pero a pesar de que pasaron unhos poucos anos do escrito do nunca ben ponderado Seoane, seguimos por estas terras a ser unhos pailans e unhos iñorantes… E agora con cartos dos nosos paisans, Xunta, Caixas, Fundacións, Museos, varios Diputacións, Concellos e outras historias do mal vivir, adicamonos a darlle incienso a todo o de fora e os de aqui nin auga….
Recentemente inagurouse na terra unha fundación-escaparate, con moito bombo e platillo con unha exposición.espectáculo dun esplendido pintor e muralista mexicano na que se invirteu un bon montón de euros, e preguntome eu…por casualidade ¿Cantas exposicións monograficas lle fixeron en Mexico a Maside, Seoane, Souto, que incluso viveu ali largos anos de exilio, Laxeiro etc etc, por citar soio a xente consagrada de esta Galicia dos nosos pecados….
O que tiñan que facer os comisarios destas exposicións, xunto cos señores que manexan os cartos o frente e andar a terra e coñecer as suas xentes que crean arte, sin comedias e sin padriños, desa forma os artistas da diáspora, os que non viven no eixo Coruña, Santiago, Vigo, non teñan que andar mendigando exposicións ás portas de catro espabilados que manexan os cartos da cultura e que coma bos pailans preferen traer a xente de fora que a enseñar o que eiqui se fai, e que ademais castigan coa marxinación a aqueles que non comulgan con rodas de muiño condenandos ó ostracismo…….e que se apuren a chegar antes de que morran.
Galicia con menos de tres millóns de persoas ten neste momento tres museos ou fundacións de arte moderno, que pouco están a facer por unha sensibilización estética do pais, o exemplo témolo nas desfeitas paisaxÃsticas e urbanÃsticas a que estamos sometidos, o normal e que desde o sistema educativo se tratase de mellorar e corregir esta desfeita, pero ó parecer nin se fai nin esta en carteira por Tiros e Troianos para que entren na materia.
Repito o dito en outras ocasións, cando a todo “batallan†se lle caen as babas falando de patria, patriotismo, pais, nación e outras caralladas similares non estarÃa de mais que se lles metera no seu cerebelo a idea de que ser patriota, nacionalista e similares é apreciar o que a chamada por eles Patria ou Nacion e e fai, que ser patriota e quererse a si mismo ós seus semellantes sexan estes labregos, artistas, investigadores, mariñeiros, empregadpos, artesáns, escritores, actores etc etc .
Otero Regal