Archive for xullo, 2006

xullo 30th, 2006

OUTRO QUE SE VAI………………..

Posted in DIARIO by oteroregal

firep5_608.jpg O “EMIGRANTE” se chama a esculturiña de granito do pais que fai unhos anos se levantou a saida de Ourol….os paisans sacaronlle enseguida o chiste de taberna……OUTRO QUE SE VAI… Ourol que segun os papeles pasa algo de 1000 persoas ..sabese que e mentira non sei ven si chega a medio cento….o resto vive en Viveiro.. Ata o alcalde vive en Viveiro…………mais esta censado en Sevilla…….pero ese e outro conto..Non se censan porque teñen vacas montes e moreas e siguen votando en Ourol..por certo o PP acarreos dende Viveiro en taxi cando son as votacions.

Pois ben O EMIGRANTE desapareceu…por mor da estrada da Gañidoira que se esta a refacer sacaron O ULTIMO QUE SE VAI………

xullo 30th, 2006

MOLINIÑOS TAMEN EN GALDO-VIVEIRO

Posted in DIARIO by oteroregal

cd302f13_a.jpgAta fai unhas semans, cando me asomaba a venta soio se via verde e azul……a venta da a zoa sur do Xistral a serra que baixa cara o mar dende San Pantaleon ata a Testa do ferro xa na ria de Viveiro..pero dende fai unhas semans esto e o que se ve….ROUBAROME O PAISAXE…….e encima fanse os tolos e non me indennizan……………….

xullo 28th, 2006

NAZON DE BREOGAN……e seguido o de ZERO VACAS

Posted in OPINION by oteroregal

os_4_p1.jpgAo fío da proposta presentada polo PSOE, aquí achego o meu proxecto de Estatuto de Autonomía para a Nazón de Breogán:

Art. 1: Galicia é unha nazón de Breogán
Art. 2: Adios ríos, adiós fontes, adios regatos pequenos
Art. 3: A máquena é o cristo dos tempos modernos

(ATA AQUI O DE ZERO VACAS)
Art. 4: Arde o eixo ardelle o carro

Art. 5: Ardelle o carro e ai que mollalo

Art. 6: O carallo vintanove

Art. 7: Moito fandango e pouco diñeiro

Art. 8: Xente de aldea tropa do carallo.

Art.10: Mexan por nos e hai que decir que chove

Art. 11: O galego na escaleira non sabemos si sube ou baixa

Art. 12: Ondiñas veñen e van

Art. 13: Non te vaias rianxeira

Art. 14: Ai Pepiño adios

Art. 15: A virxe de Guadalupe

Art. 16: San Antonio da Rigueira

Art. 17: Santo que non bebe viño

Art. 18: Dame forza no carallo

Art 19: Como ao porco no fuciño.
etc etc etc

xullo 28th, 2006

40 KILOS POR UN PISO…….EN VIVEIRO

Posted in OPINION by oteroregal

portada.jpgHOXE ESTIVEN NA NOTARIA E ALI ESCOITEI QUE UNHOS PISOS QUE SE ESTAN A FACER NA ZOA DE VERXELES, EN FRENTE A RIA DE VIVEIRO COSTAN 40 MILLONS DAS ANTERGAS PESETAS…….OS QUE VEÑEN DE MADRID PARECENLLES BARATOS…E OS DE EIQUI CON SUELDOS MEDIOS MUI BAIXOS, POIS, QUE REMEDIO, NA RUA OU CON SEUS PAIS…A PERMISIVIDADE QUE SE DEU CO LADRILLO EN VIVEIRO FOI UNHA RUINA PARA A XENTE QUE VIVE E LABORA NA ZOA..ESTAN A COMBERTIRNOS EN UN POBO DE SEGUNDAS VIVENDAS E NUN LUGAR DE XUBILADOS E PREXUBILADOS……..¿EN BENEFICIO DE QUEN?…DE CATRO…SOIO CATRO…E O GOBERNO, AGORA QUE SE DIN DE ESQUERDA, SIN EMPEZAR A RESTAURACION DE ESAS ESCASAS VIVENDAS NA ZOA MONUMENTAL ADICADAS PARA XOVENES…………………PARA MAIS “INRRI” OS CONSTRUCTORES E SIMILARES, ESO SI PA ESO PAGAN A PUBLICIDADE A PRENSA, NA PRIMEIRA PAXINA DO DOMINGO AMEAZAN  CON QUE “NON VAMOS A PERMITIR QUE NOS VINCULEN O FEISMO E A ESPECULACION URBANISTICA”……E DE PASO, COMO QUEN NON QUER A COUSA BOTANLLE A CULPA OS POLITICOS…E ESTES “MEMOS” SIN ENTERARSE E PACTANDO CON SEMELLANTE TROPA DO CARALLO……

xullo 27th, 2006

A TOLEMIA DUN EXPRESIDENTE………..

Posted in DIARIO by oteroregal

fisgon_nyegjq.jpgSI NON E ASI…NON SE ENTENDE:

ENTREVISTADOR: “¡Pero usted nos está diciendo que la OTAN debe
bombardear el Líbano!”

ÁNSAR: “Si es necesario, sí. Porque yo considero que Israel es una
parte esencial del mundo occidental. Y yo considero que mis intereses,
mi democracia, mi libertad, mi prosperidad, mi libertad, en gran
medida, pasan en este momento por la existencia de Israel.”

E A OS MOROS QUE OS PARTA UN RAIO TRASPARENTE……ESTE QUEDOUSE NAS ENSENANZAS DE O CAPITAN TRUENO

xullo 27th, 2006

CHOVE NO NORTE……

Posted in DIARIO by oteroregal

me-llueve-sin-ti-pelaito.jpg “PIOBE, FA FREDO……….GOBERNO LADRO” Frae explicita donde as aia……escoiteina na Humbria, nun dia de treboadas………pero oxe CHOVE NESTE NORTE…os veraneantes non lles gusta moito…non saben que facer….non poden ir a “torrixarse” as praias……..pero os poucos labregos que quedan, por aqui e unha especie en estincion…tan contentos como si lles tocara na tombola do Naseiro unha moneca chochona, pois os prados taban secos as patacas morrian….e todo o demais…e eu tamen tiña o meu campo feito un deserto…todo amarelo….a auga e vida…despois de un sol do carallo a auguiña mollandoche o pouco pelo que me queda……da un “gustirrilin”…………….

xullo 24th, 2006

ZAPLANA E O CORVO DO TRAPO

Posted in DIARIO by oteroregal

2006-07-26_IMG_2006-07-19_00.25.02__XV017CV002.jpg.jpg2006-07-26_IMG_2006-07-19_00.25.02__XV017CV002.jpg.jpg2006-07-26_IMG_2006-07-19_00.25.02__XV017CV002.jpg.jpg2006-07-26_IMG_2006-07-19_00.25.02__XV017CV002.jpg.jpg2006-07-26_IMG_2006-07-19_00.25.02__XV017CV002.jpg.jpg2006-07-26_IMG_2006-07-19_00.25.02__XV017CV002.jpg.jpgESTOU A APRENDER A POÑER OS MEUS ACHADEGOS FOTOGRAFICOS EN GRANDE E NADA DE NADA…NON SEI…….DE TODAS FORMAS PODESE VER BEN, ESO SI EN PEQUENO A O SEÑOR ZAPLANA CO TRAPO DO CORBO…….¿NON DECIA EU QUE ERAN OS NETOS DO “CAUDILLO”?

xullo 24th, 2006

O ALCADE CABREASE…………..

Posted in OPINION by oteroregal

051020_correogalego_restos_botellon.jpgViveiro e a capitalidade de unha ampla franxa costeira do norte de Galiza, alfoz se chamaba en epoca mediabal, que vai dende Loiba xa na provincioa de A Coruña ata Cervo polo outro lado e Muras polo interior, dende estes pobos aldeas e vilas acuden os seus habitantes a feira, mercado, comprar, arreglar papeis e, como non a divertirse.

Fin de seman si e fin de seman tamen en Viveiro aparecen farolas rotas, bancos desfeitos, papeleiras queimadas, arbores esnaquizados e un largo etc………..non e nada novo que en Viveiro o Civismo brile pola sua ausencia, tanto entre os novos como entre os vellos.

Esto pasaba antes tamen, En Viveiro sempre gobernou a dereita ata fai tres anos, como agora que o fan, en teoria, os de esquerdas, estes comportamentos, que resaltan a condicion cultural da bisbarra, nunca foron atallados devidamente, o anterior alcalde Cesar Aja, ten no seu haber o deixar en liberdade, sin multas a media ducia de “nenos ben” que foran detidos despois de deixar a medio pobo sin alcantarillas, tiraranas a ria, agora, con Garda Civil, Policia Municipàl e Policia nacioal, a cousa segue igual salvo en que o alcalde cabrease, cabreouse cando alguen encheo o pobo de pintadas, poñendo en tela de xuicio o comportamento do seu numero dous, e cabrease agora que o parecer alguen verteu gasoleo no regato que pasa polo parque Pernas Peon e no porto de Viveiro.

O que xa non me parece tan ben e que o mandamais municipal non se pare a pensar en ver de soñar con unha campaña de desprestixio organizada como aquela “del oro de moscu “de tempos franquistas que agora podia ser o petroleo do Busch. O do petroleo, que tan pouco foi a primeira vez, quizais se deba a alguen do barrio de Cantarrana, que ainda ten conectado as alcantarillas o rego e puxose a limpar algo como unha caldeira, o do porto ainda e mais facil deducir, tamen unha parte das alcantillas vai por ali, e o gasol, que tampouco e a primeira vez, sube e baixa dende Celeiro.

O peor do sunto e que o alcalde anuncia nos papeis e na radio que quer camaras de video para vixiar os da trama terrorista do gasoleo e pide a os cidadans que saquen fotos co seu telefono movil para mandarllelas o concello ou seña pidenos que faigamos de gardas sin cobrar e co peligro que os “terroristas” nos mallen a paus…Señor Alcalde, ademais de ser ilegal e un desatino..trate ustede de armarse de autoridade que non autoritarismo,e traiga a rego as forzas e corpos de seguridade exixindolles que cumplan co seu deber, que, mire ustede aqui somos catro gatos, coñecemonos ou distinguimonos todos, e esta cantado que os “gardas” miran para outro lado, escapan das zoas da movida e tomano a ustede de “pito de sereo”, bueno o certo e que non soio os “gardas” senon a maior parte dos tropecentos funcionarios que cobran do herario pùblico.

xullo 23rd, 2006

DE POSADEIRAS E POLITICOS………..

Posted in DIARIO by oteroregal

2003_07_07_Culos_de_victoria_MID.jpgA alguns dos politicos e homes publicos, nesto tamen abunda o machismo, homes publicos e unha definicion politicamente correcta, mulleres publicas: putas. Manda carallo co idioma……

O que iva …Os nosos politicos non deveran esquencer…e sobre todo agora que estan a caer a renovacion dos seus contratos en precariio que “Incluso no trono mais alto e aterciopelado, todo filo de veciño se senta sobre as suas posadeiras”..que por certo a maioria das veces son mais democraticas que outras partes do corpo como a cabeza………por exemplo.

2003_07_07_Culos_de_victoria_MID.jpg

xullo 22nd, 2006

ARQUITECTOS E URBANISMO…………..

Posted in OPINION by oteroregal

LU-117.jpgARQUITECTOS E URBANISMO.

Mentras en Ribadeo os “popes” da cultura arquitectónica despotrican contra a realidade urbanística desta franxa costeira á que algunhos lles deu por chamar a Mariña, non confundir con A Maliña, parecense..pero son diferentes os conceptos, sen que se lles caia a cara de vergoña porque son precisamente arquitectos, pertencentes a colexios de arquitectos, moitos deles alumnos deses mesmos profesores que agora pontifican nas veiras do Eo, quenes firman semellantes bodrios urbanísticos e arquitectónicos, señores del Llano e compañía, se non houbera compañeiros e alumnos seus que firman eses desvaríos estéticos e funcionais, estes non se producirian.

Non estaría de maís que vostedes mesmos fixeran unhas normas éticas e morais para os seus colexios profesionais, ahí está a cuestión, os políticos, a sociedade, a incultura estética, visual, pero vostedes son os que firman e tachan como Manuel Carracha.

Dase a casualidade de que a Xefa do asunto da vivenda, que mostra as mellores intencións para mellorar o asunto, era hasta fai catro dias a presidenta do Colexio de Arquitectos, ou sexa a representante de todos eses indocumentados que firmaron e cobraron os plans de todos eses bodrios que nos asulagan mariña adiante dende Vicedo hasta Ribadeo.

Tamén é certo que existen, a imensa MINORIA de bos arquitectos, profesionais honrados e creativos, pero siguen sendo os menos.

Teño oido de boca dun prestixioso arquitecto catalán que estivo por estos andurriales, un consello adicado a un xoven arquitecto galego “Espero que os novos arquitectos non acaben facendo mala arquitectura para facer bos negocios”, o consello debía quedar para a posteridade grabado a fogo nos dinteles das escolas de arquitectura.

Tamén traio eiqui o dito por  outro profesional “Dende a miña época de estudiante manteño a crítica ós profesores que en vez de adicarse con amplitude ós  seus alumnos están na clase mirando de reollo o reloxo para irse  correndo á sua oficina.

Sólo lembramos o evidente, verdades de Perogrullo, tan sinxelas como no outro extremo o plano inclinado do fácil autoengaño que conduce ó parasitismo social.

Para solucionar estes desvaríos que afectan, de formma irremediabel a este PURO NORTE GALEGO, tamén pedimos á Administración Pública que se poñan ó servicio dos ciudadáns. Que seña respetuosa e honrada, respetable, pero que se poña tamén ó nivel dos tempos, astucia, ambición., axilidade, eficacia. Sen esquecer que o seu é procurar que a  vila, pobo ou cidade seña alegre, limpa, fermosa, feliz, non porque deba competir no circuito dos pobos-mercancia senon polos nenos. E, sobre todo que mostren esa coraxe necesaria para promover as condicións para que xurdan as iniciativas, proliferen grupos, comunidades, empresas, artistas, de favorecer no seo da sociedade unha capacidade técnica e organizativa autónoma.

Sólo pedimos que a Administración, arquitectos e a todo aquel que esteña vinculado ó urbanismo na Mariña,  se aplique a sí mesmo, esixencia, vixilancia crítica, estimule a creatividade dos funcionarios, que asuman, asignen e reclamen responsabilidades: que se neutralicen os chorizos.  Non estaría de maís lembrar que “ O autismo é a enfermidade senil da burocracia, que a máis tempo de tramitación, máis ineficacia  máis corrupción e que todo remata sabéndose, os que ocultan e miten son os únicos engañados.