xullo 22nd, 2006

ARQUITECTOS E URBANISMO…………..

Posted in OPINION by oteroregal

LU-117.jpgARQUITECTOS E URBANISMO.

Mentras en Ribadeo os “popes” da cultura arquitectónica despotrican contra a realidade urbanística desta franxa costeira á que algunhos lles deu por chamar a Mariña, non confundir con A Maliña, parecense..pero son diferentes os conceptos, sen que se lles caia a cara de vergoña porque son precisamente arquitectos, pertencentes a colexios de arquitectos, moitos deles alumnos deses mesmos profesores que agora pontifican nas veiras do Eo, quenes firman semellantes bodrios urbanísticos e arquitectónicos, señores del Llano e compañía, se non houbera compañeiros e alumnos seus que firman eses desvaríos estéticos e funcionais, estes non se producirian.

Non estaría de maís que vostedes mesmos fixeran unhas normas éticas e morais para os seus colexios profesionais, ahí está a cuestión, os políticos, a sociedade, a incultura estética, visual, pero vostedes son os que firman e tachan como Manuel Carracha.

Dase a casualidade de que a Xefa do asunto da vivenda, que mostra as mellores intencións para mellorar o asunto, era hasta fai catro dias a presidenta do Colexio de Arquitectos, ou sexa a representante de todos eses indocumentados que firmaron e cobraron os plans de todos eses bodrios que nos asulagan mariña adiante dende Vicedo hasta Ribadeo.

Tamén é certo que existen, a imensa MINORIA de bos arquitectos, profesionais honrados e creativos, pero siguen sendo os menos.

Teño oido de boca dun prestixioso arquitecto catalán que estivo por estos andurriales, un consello adicado a un xoven arquitecto galego “Espero que os novos arquitectos non acaben facendo mala arquitectura para facer bos negocios”, o consello debía quedar para a posteridade grabado a fogo nos dinteles das escolas de arquitectura.

Tamén traio eiqui o dito por  outro profesional “Dende a miña época de estudiante manteño a crítica ós profesores que en vez de adicarse con amplitude ós  seus alumnos están na clase mirando de reollo o reloxo para irse  correndo á sua oficina.

Sólo lembramos o evidente, verdades de Perogrullo, tan sinxelas como no outro extremo o plano inclinado do fácil autoengaño que conduce ó parasitismo social.

Para solucionar estes desvaríos que afectan, de formma irremediabel a este PURO NORTE GALEGO, tamén pedimos á Administración Pública que se poñan ó servicio dos ciudadáns. Que seña respetuosa e honrada, respetable, pero que se poña tamén ó nivel dos tempos, astucia, ambición., axilidade, eficacia. Sen esquecer que o seu é procurar que a  vila, pobo ou cidade seña alegre, limpa, fermosa, feliz, non porque deba competir no circuito dos pobos-mercancia senon polos nenos. E, sobre todo que mostren esa coraxe necesaria para promover as condicións para que xurdan as iniciativas, proliferen grupos, comunidades, empresas, artistas, de favorecer no seo da sociedade unha capacidade técnica e organizativa autónoma.

Sólo pedimos que a Administración, arquitectos e a todo aquel que esteña vinculado ó urbanismo na Mariña,  se aplique a sí mesmo, esixencia, vixilancia crítica, estimule a creatividade dos funcionarios, que asuman, asignen e reclamen responsabilidades: que se neutralicen os chorizos.  Non estaría de maís lembrar que “ O autismo é a enfermidade senil da burocracia, que a máis tempo de tramitación, máis ineficacia  máis corrupción e que todo remata sabéndose, os que ocultan e miten son os únicos engañados.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment