Archive for agosto, 2006

agosto 21st, 2006

DESPOIS DE SANTIAGO E DO LUME………….

Posted in DIARIO by oteroregal

SS.pdf.jpg40.000 quizabes seña un pouco exaxerado…con 10000 ou 15000 non esta nada mal….e un rotundo exito….no mes de Agosto, ou da sega como se decia por este MERO NORTE…cando todo dios esta de festa rachada, de vacaions e de asueto…xuntar a tanta xente para dar un toque de atencion a Tiros e Troyanos encol do que esta a suceder co noso medio rural e cos montes , repito, e un exito de carallo………….

Ben, despois de todo esto e hora de poñerse as pilas….de marcar politicas totalmente distintas encol do monte, do rural e da poboacion….crear rentabilidade economica e social nos mesmos, pois todo aquelo que non cumpre a sua funcion social e ademais non xenera cartos acaba en ruina……………..quizabes tamen sexa hora de cambiar a lei de montes…e das comunidades dos mesmos….donde brila a democracia e a honradez caendo no caciquismo mais doente…..cando non se arquila as grandes madereiras como no caso de Cangas de Foz, Cordido etc etc …e os pobos simplemente cobran unhos cartos que logo gastan en actos de baile de salon, festas, trouleadas e outras caralladas……………tamen nosoutros, os cidadans de a pe temos que poñernos o rego………..gastar unha parte do noso tempo en colaborar nesda necesaria concenzacion….en labores de replanteo de montes de comun con especies axeitadas, potenciando o uso de esas madeiras con un valor de uso e atrorgandolles un valor engadido adecuado….¿sabedes que  por eiqui o 100% da madeira que se usa para a vivenda ven de fora…e en moitos casos ten un orixe pirata e ilegal? E cando un quer empregar soio madeiras replantables…ten que recurrrir a outros paises …tou a restaurar o que foi a anterga CURTIDURIA DE XUNQUEIRA en Viveiro..pois ben..negueime a utilizar madeiras tropicais Teca, Xatoba e similais…….utilicei Pino valtico de3 Suecia, Abeto de Noruega, Roble frances, Cedro do Canada e Castaño frances…todas estas madeiras co selo de que son replantables…pero o valor engadido foise para fora de Galiza…soio un pouco de castaño foi de eiqui e sin ningunha garantia de que se replantara……Todo un nefasto exemplo de como estan as cousas.

agosto 19th, 2006

Mamãe, Mamãe Eu Quero…………………….

Posted in OPINION by oteroregal

MAMA EU QUERO

Galiza-Vaca.jpg

O tópico, todolos tópicos son mentireiros e enganosos, din aquelo de que os galegos non se sabe si suben ou baixan cando nos atopan na escaleira, tamen se define, quizais dende dentro, ós galegos con aquelo de “Eiqui mexan por nos e temos que decir que choveâ€. Castelao, creo, deixou dito que “O galego non protesta, emigra†temos fama de mansos, traballadores e sumisos, repito tópico tras tópico…non temos mais que comparar os nosos terreos cos de Andalucia, donde os tópicos os din folgazáns, ali é moi difícil encontrar un metro cadrado sen cultivar, centos de hectarias recen prantadas de olivos, eiqui neste norte querido e odiado ó mesmo tempo por un, donde eu vivo os campos estan valdios, a silvas e a toxos, cando non cheos de eucaliptos, sin casi ningunha productividade………

Ben , pois Galicia, ten nos últimos anos fama de pediñós, estamos parecéndonos ós italianos, outro tópico mais, tan amigos das subvencións e dos subsidios…primeiro foi o do PRESTIGE, donde en algúns lugares como MUXIA, xa decian o de OUTRA MAIS, nunca tantos cartos correron polas ruas da bisbarra misturados co chapapote, agora o lume, unha desgracia que en maior ou menor forma se ven repitindo dende  que os montes galegos deixaron de cumprir a función que tiveron perante séculos, xa non é precisa a sua leña, os seu molime, os toxos, e o mundo labrego reloce pola sua ausencia, si quedan….cando quedan son catro e a caixa e adicanse á ganderia, catro prados , pienso de millo transxenico de os USA e  demais comedia e subvencións da Europa, ese é o problema, as cousas cando perden a función utilitaria desaparecen, como a artesanía utilitaria, como as festas.

Quizais teríamos que ir pensando nunha repoboación do mundo agrario, quizais en planificar queimas controladas como fan no Canada, dende logo o de agora é todo menos acertado e mentras tanto todos están a pedir…aquelo da “sambaâ€: Mamãe, Mamãe, Mamãe Eu Quero Mamãe Eu Quero, Mamãe Eu Quero Mamá Dá A Chupeta, Dá A Chupeta  Dá A Chupeta Pro Bebê Não Chorá  ………parece o novo himno galego dos últimos tempos. xa sei que o que aqui escribo e políticamente incorrecto, que vamos facer, un é como é. Quizais estaria mellor invertir eses cartos, que son de todolos galegos, en labores dirixidas éticamente dende o goberno galego e non en repartir cartos casa por casa, negocio por negocio e colectivo por colectivo, que a bon seguro e moi rentable a nivel de consecución do voto, nesto o PP foi un bo mestre de ceremonias, pero, precisamente por eso xa sabemos que non funciona, que é pan para hoxe e fame para maña.

Galicia, a Galicia que eu quero é unha terra verde en todolos sensos, recordo que o verde é a cor da esperanza, que seña dona do seu, que deixe de depender dos susidios, que cree riqueza, e donde se apoie ós que tratan , realmente de creala, que se desterre dunha vez eses estigmas da mansedumbre, da desconfianza mutua, da milenaria envexa, dos atrancos a liberdade e o libre pensamento e sobre todo esa desconfianza misturada con esa malicia tan nosa..si eso é así, se todos empurramos xuntos quizais dentro de non moito, poidamos vivir do noso, sin susidios nin subvencións a esgallo. Alguen me dixo un día que unha empresa que soio aspiraba a vivir das subvencións  non era empresa nin era nada.

Os galegos somos boa xente, moi hospitalarios, pero tamén bastante huraños  e, o peor e que lembramosnos con máis facilidade do malo que do bo.

Otero Regal

agosto 18th, 2006

¿COMO SOMOS OS GALEGOS?

Posted in OPINION by oteroregal

234.jpgO topico, todolos topicos son mentireiros e enganosos, din aquelo de que os galegos non se sabe si suben ou baixan cando nos atopan na escaleira, tamen se define, quizabes dende dentro, os galegos con aquelo de “Eiqui mexan por nos e temos que decir que chove”. Castelao, creo, deixou dito que “O galego non protesta, emigra” temos fama de mansos, traballadores e sumisos, repito topico tras topico…non temos mais que comparar os nosos terreos cos de Andalucia, donde os topicos os din folgazais, ali e moi deficil encontrar un metro cadrado sin cultivar, centos de hectarias recen prantadas de olivos, eiqui donde eu vivo os campos estan valdios, a silvas e toxos, cando no cheois de eucaliptos, sin casi ningunha produtividade………

Ben , pois  Galicia, ten nos ultimos anos fama de pediños, tamos parecendonos os italianos,outro topico, tan amigos das subencions e dos susidios…primeiro foi o do PRESTIGE…..donde en alguns liugares como MUSXIA..xa de cian o de OTRA MAIS…nunca tatos cartos correron polas ruas da bisbarra misturados co chapapote…agora o lume….todos tan a pedir…aquelo da “samba” MAMA EU QUERO:::MAMA EU QUERO UN CHUPETA………parece o himno galego nos ultimos tempos…………..xa sei que o que aqui escribo e politicamente incorrepto…..que vamos facer…..quizabes taria mellor invertir eses cartos, que son de todos, en labores dirixidas eticamente dende o goberno galego e non en repartir cartos casa por casa, negocio por negocio e colectivo por colectivo………..

agosto 17th, 2006

O 20 TODOS A SANTIAGO……………………..

Posted in DIARIO by oteroregal

manos1.gif Ante a vaga de lumes que asolou Galiza e fronte ás voces que, dende
un lado ou outro, non queren ver neles máis que outro tanto do que en anos
anteriores, -agravado este ano polas extremas condicións metereolóxicos de
sequía, calor e vento-, temos que destacar os seguintes feitos:
-é certo que arrastramos dende moi atrás unha política forestal de
monocultivo de pino e eucalipto que non se soubo correxir, a pesar de que xa
no ano 1987, nun acordo por unanimidade do Parlamento Galego, se urxía do
governo a súa reorientación.
-é certo que arrastramos unha política de loita contra o lume orientada
caseque exclusivamente cara á extinción, antes que á prevención, xenerando
unha industria do lume que necesita do lume para susistir;
-é certo que estivemos ante unhas condicións climáticas de sequía, calor e
vento que favorecen a propagación e extensión rápida do lume;
-é certo que, en Galiza, os incendios tiveron de sempre unha
multicausalidade que pode estar máis ou menos presente nos lumes desta
primeira semana de Agosto;
-tamén admitimos que sempre existiron no monte galego certas máns
irresponsábeis xogando co lume;
-tamén poderíamos aceptar que a alarma social pode ter contribuído, por
efecto imitativo, a xenerar máis lumes;
pero non se pode negar, -salvo que fallen as leis da probabilidade-, que
estamos ante unha intencionalidade moi diferente: de que forma explicar, se
non, tal concentración de focos de lume localizados na parte máis povoada do
territorio, empezando case que entre as casas ou moi próximos a zonas
urbanas, onde o lume resulta máis dificil de combatir e sobrepasando moi
rapidamente toda a capacidade de calquer dispositivo contra o lume que se
poidera ter previsto?
Pero, ao tempo que reclamamos  medios contra o lume,
valoramos imprescendíbel promover unha contundente mobilización social que
poidese deter as intencións criminais dos incendiarios.

GALIZA CONTRA O LUME

NON AO TERRORISMO INCENDIARIO

POR UNHA NOVA POLÃTICA PARA O MONTE E PARA O MEIO RURAL

LUMES NUNCA MAIS

(Foi extractado dun comunicado interior de ADEGA, da que son socio)


agosto 17th, 2006

XA CHOVE MIUNDIÑO……PERO CHOVE

Posted in Sen clasificar by oteroregal

N-Cubierto-lluvia-fuerte.jpgChove……e polo tanto a herba vai voltar a ser verde……os lumes apaganse…e encima si chove asi…miudiño e bon para que as cinzas non volten a ria…ou seña unha gloria…

agosto 14th, 2006

SIGUE SIN CHOVERRRRRRRR………….

Posted in DIARIO by oteroregal

107166948_1b2a4091e8.jpgSigue sin chover…os campos de este norte galego, donde o topico di que o bran soio dura un dia e cae en Xoves, estan marelos e sienas, pardos, por aqui ainda non chegou o lume, nin falta que fai……..quizabes os santos de escayola e madeira a quen a bisbarra lles rinden idolatria estos dias señan os causantes do milagre….pois sera, un que presume de ateo..xa non sabe o que pensar…..cada dia pola maña miro 2OGAITEIRO DE LUGO e O CALENDARIO ZARAGOZANO” e siguen sin cumplirse os pronosticos de choiva…..-

agosto 12th, 2006

20 EUROS DE FESTAS……….

Posted in OPINION by oteroregal

Rostros chicos17k.jpg CPR.jpg

O diccionario sácanos de dubidas e malos entendidos Festa é unha reunión de persoas como diversión, tamén pode ser unha solemnidade civil ou relixiosa en conmemoración dalgún acontecemento ou data especial, para outros simplemente é un día en que non se traballa.

Estamos de festa rachada en casi todalas localidades desta franxa costeira que chaman A Mariña, Viveiro, núcleo de poboación maís importante e numeroso celebra as suas patronais con moito fandango e bastante diñeiro, vamos a definir tamén eiqui as festas por estos lares: Actividades culturais e diversions que se celebran nunha localidade nunhos días determinados. As festas de Viveiro tal como hoxe se celebran teñen 113 anos soamente e cando se arrexuntaron nunca datas agosteiras era para “ Dar mayor realce a las fiestas concidiendo con la estancia de veraneantes y forasteros en nuestro puebloâ€

Vou a dar a miña opinión encol deste tema dende a autoridade que me da o pertenecer ou presidir comisións de festas en Viveiro para dar e desexar: 9 veces facendo as de antroido, 10 veces facendo as de Nadal, dous anos enteiros de festas completas en Viveiro dende Nadal, antroido, Santo Tomás, patrón de Viveiro, que foi a derradeira vez que se fixo, 22 días de festas de Agosto…Despois de semellante esforzo, cando lle entregamos as contas do 93 a Cesar Aja dixemoslle: Ainda que do noso consello excusas, visto o visto e dende a nosa ampla experiencia che aconsellamos que o propio concello organize as patronais adicando os 5 millóns das antergas pesetas, que era o que nos dava, a facer 6 ou 7 dias  de actividades, que se deixara de pedir nos negocios e nas casas, criamos, e sigo creendo que Viveiro ten suficente envergadura para deixar de facer peticións populares para organizar festas, os negocios xa soportan abondos impostos, tasas e outras aportacións económicas ó concello, e este si cree que non son suficentes, pois que as aumente, si o cree menester.

Dende fai unhos anos , fomos os ultimos “inocentesâ€, non ten Viveiro comision civil para organizar estes saraos, nin antes co PP, nin agora cos que se din de esquerdas, por elo ten que ser o propio concello quen organice e tamén quen pida de porta de negocio en porta de negocio os diñeiros para sufragar os 100 millons das vellas pesetas que van a gastar, según puiden ler nos papeis.

Pois ven, volvo o diccionario, Pedir: Rogar ou demandar a un que lle faga unha cousa, de gracia ou de xustiza. E tamén o refraneiro: “Contra a vontade de pedir esta a de non darâ€. Ou o outro de  “A cabalo regalado non se lle mira o denteâ€.

Todo este discurso dominical ven  encol da saida nos papeis de que o alcalde de Viveiro estaba, outra vez , moi cabreado, porque un constructor ou promotor soio lle dera 20 euros para as festas, pois ven, normal, cada un da, si lle piden, o que cree que é xusto e necesario, e ahí acabase o tema, o demais son gaitas, outra vez, desafinadas. Pero seguindo coa teima, os que demos 150 euros, ¿Qué ventaxa sacamos? Ademais da do propio ego, ningunha, os construtores e promotores o que se lles ten que reprochar dende o concello e as trampas e ilegalidades que fixeron fan, e seguirán facendo impunemente, reprocharlles que soio den 20 euros para o ludico e sinxelamente fume, e fume xa ten bastente , nestas datas nesta Galicia dos nosos pecados.

Otero Regal

agosto 11th, 2006

O BNG DE VIVEIRO XA TEN CANDIDATO……………

Posted in CONFIDENCIAL by oteroregal

180px-BNG.jpgComo algun dos meus letores anda un pouquiño despistado…vamos a dar unha nova, de esas das que os papeles non nos poñen……………..O BNG de Viveiro, que dende fai mais de 20 anos leva repitindo candidato o meu ex-socio Francisco Luis Rodriguez Guerreiro, deve ter o recor ese das cervezas irlandesas, cambia de cabeza de lista, sera o que nas ultimas foi numero dous MITAS traballador da Cofradia de Celeiro, pertenecente a unha familia de ampla raigame dereitosa, sua tia foi concelleira do PP, oxe e o concelleiro de deportes, donde precisamente non acumula moitos acertos e si duras criticas de amplos sectores que o acusan de “pasar de todo”..seu hirman traballa de vixiante do polideportivo, eso si meteuno o PP, pero dicen que non cumpre co seus horarios…sendo hirman do concelleiro, xa se sabe…….De numero dous..prometen os do BNG un “mirlo branco, branquisimo” que din van a promocionar para que nas seguentes seña o cabeza de lista..e digo eu ¿Sera un empresario local do papel?…Asi andan as cousas……..seguiremosles informando….

agosto 11th, 2006

FALANDO DO LUME………

Posted in OPINION by oteroregal

040galicia01.jpgArde galiza polos catro costados…os esforzos non son de abondos…nunca son sufecentes….quizabes o enfoque este equibocado…quizabes o asunto non e adicar xente e cartos a esgallo a apagar os lumes.
O asunto esta mal torcido dende o empezo….os montes galegos deixaron de cumprir a funcion que tiveron perante seculos, xa non e necesaria a sua leña, os seu molime, os toxos, e o mundo labrego brila pola sua ausencia, si quedan….cando quedan son catro e a caixa e adicanse a ganderia, catro prados , pienso de milo trasxenico de os USA e o demais comedia e subencios da Europa….ese e o problema…as coudsas cando perden a funcion utilitaria desaparecen, como a artesania utilitaria, como as festas……………..¿Que facemos logo? POis a solucion dende logo e ben dificil..si eu tuvera a soluccion a bon seguro que era o conselleiro en vede de Canal…………Quizabes teriamos que ir pensando nunha repoboacion do mundo agrario, quizabes en planificar queimas controladas como fan no Canada…,dende logo o de agora e todo menos acertado.

agosto 10th, 2006

PERDON POLA AUSENCIA….

Posted in DIARIO by oteroregal

blogaliza.jpgMais non e a culpa de este xuntaletras…o xuro..os manexos do servidor BLOGALIZA, son os culpabeis…mentres se arranxaba este trebello…craro que pasan cousas neste MERO NORTE….outra vez, ante foi co PRESTIGE…..os ventos mareiros do NORDES estan a deixarnos tranquiliños sin que a maldicion do FOGO nos afecte………sintoi moito o que esta a pasar na franxa atlantica de GALIZA….e doime no mais dentro de min…..pero non e hora de botar a chorada..e hora de que todos xuntos politicos e sociedade civil faigamos un replanteo de como mellorar esta disgracia que ano tras ano, bran tras bran nos amola a nosa natureza.