A MARIÑA……¿QUE QUEREMOS SER DE GRANDES?
A MARIÑA: ¿QUE QUEREMOS SER DE GRANDES?
Os politicos, sobre todo en epoca de petición de voto, non se cansan de decir que o norte de Lugo e o motor da economia provincial, e si o dicen eles , ademais da realidade mesma, debe de ser verdade, pois ben , a pesares delo seguimos a ser o rabo de Gaicia no referente a infrestructuras, faltan autovias, carreteras decentes, centros de ensino adecuados, desenrrolo do trasporte maritimo, vias ferreas adecuadas, hospitales que cubran as necesidades da poboacion, sin ter que mandar os sufridos contribuentes a facer operacions e resonancias magneticas a centros privados da capital da provincia, e falta, sobre todo sentidito comun, para de unha vez por todas teñamos craro o que queremos ser cando señamos grandes, que si turismo de masas, que si turismo de elite, que si refugallo de empresas contaminantes e suprasubencionadas, que si morada de xubilados do resto das españas, segundas vivendas e similares, que si terra de especuladores urbanisticos e paraíso do mal gusto arquitectonico e urbanistico, no no temos nada claro, nin parece que queiramolo telo, que eso e o peor do asunto, mentras tanto non somos mais que unha mezcolanza de cousas, un querer e non poder, un dixome, dixome e patecairadas.
Neste norte nordesio, non temos, ainda, un parque de bombeiros funcionando, somos unhos 85.000 habitantes, casi 100 km de franxa costeira,15 concellos, volto a repitir, somos a parte mais desenvolvida da provincia de Lugo..e a mais dinamica en sectores como a ganderia, a industria trasformadora, o mar, turismo etc, ademais poseemos a maior masa forestal de galicia..eso si de eucalipto fundamentalmente, e o que temos, pero a pesares dos precios baixos de esta madeira, se manten unha rendabilidade de unhas 100.000 pts das de antes por hectaria e ano….e sin embargo non temos bombeiros.
O peor do asunto e que dende fai unhos catro anos a zoa ariental ten o edificio construido en Barreiros, pero rifirafes entre a Diputacion e a Xunta, tanto a de antes como a de agora, imposibilitan o seu funcionamento, xa imaxinades, era un parque mancomunado que o sufragaria a Xunta, os Concellos e a Diputación, e couasa de moitos..
Esta seman o conselleiro de presidencisa veu a Viveiro a firmar un convenio para poñer en funcionamento un parque para a zoa..en principio a Xunta pon o 90% dos cartos e o resto o concellos, esperemos agora que os concellos limitrofes se apunten…que pese mais o ter un servicio imprescindibel, nos tempos que corren, que as loitas politicas, caziquis e de mirada de ombligo, dende logo xa empeza mal o asunto, Burela non sabe nin contesta, non quixo pertenecer, no seu momento a sua comarca natural e agora quedou ali, no medio, como un pedreiro, e Cervo, donde os do PP son os Holligans da bisbarra dicen que eles queren un galiñeiro para eles solos, asin non vamos a ningunha parte, ou polo menos a poucas partes, mentras tanto esperemos que polo menos no “eucaliptal occidental” deixemos de cantar aquelo de ¿Donde esta a escaleira…a mangueira donde esta?
OTERO REGAL