CAZICADAS…………..
SALVO OS CEGOS, COMO E NATURAL……….. Dende fai unhas semans estamos lendo nos periódicos unha inacabada serie de informacións sobre escándalos urbanísticos. Máis alá do dano político é a “enorme jeta” dalgún dos implicados, quizais o que sería interesante é o porque saen agora nos medios, cando todos sabemos como se corta o bacalao das licencias, áticos e duples ilegais eiqui ó noso lado…. Xa sei que ó sector da construcción non lle gusta que se fale da “marbellizacion” da nosa terra pero si as cousas non son igual o certo é que se parecen un monton…eiqui ó igual que en Marbella estou seguro que unha rede de corrupción tende a ser estable perante moito tempo, si non se producen cambios externos. Todo o mundo que está participando na rede e sabe o suficiente como para poder denuncialo non ten incentivos para facelo, xa que está obtendo beneficios directos. Cando os escándalos saen á luz e que algunha parte da rede rompeu, deixando algunhos actores que saben demasiado sin a parte do pastel o que lles orixinou ganas de falar. E non me veñan agora dicindo que o da corrupción que sae en Madrid, Marbella etc etc….Cando as barbas do veciño vexas pelar pon as tuas a remollar, di o refran, pero por si non se enteraron póñolles alguhos exemplos….En Viveiro heredouse do PP, entre outras falcatruadas, Varios edificios do Lodeiro que por sentencia xudicial se pedia o seu derribo, en Covas estanse a tirar duas plantas dun edificio que pasaba polas suas partes a lei de protección do patrimonio, en Vivero na rua Cora Montenegro por sentencia xudicial pidese o derribo de duas plantas dun edificio, A ampliacion dunhos grandes almacens fixose ilegalmente e en terreos publicos…e o que che rondara morena…porque soio os cegos, como e natural, e os tontos non ven duples ilegales retranqueos con terrazas e cubertos de alumino e un sin sentido de ilegalidades que se fixeron nos ultimos 20 anos. Pero o mesmo sucede en Foz, Burela, Ribadeo, Barreiros,Vicedo……..Quizais en toda a Mariña…e un non cree, que sexa pola iñorancia dos políticos e a incompetencia dos técnicos, eso no no cre naide. Hasta que non se solucione a fonte do problema, a extrema dependencia dos concellos das licencias de obra para financiarse, no vai haber Dios que saque estas tentacións de enriba. En consecuencia, a competencia nesta materia debe tela á Xunta e deixar ós concellos a mera tramitación das licencias, esixindo para poder autorizar calquera tipo de obra informes favorables de técnicos urbanístas municpais asi mesmo tería que establecerse para estes funcionarios, para o caso de licencias ilegais, responsabilidade incluso penal. E que toda licencia concedida con informes desfavorables conleve automaticamente o cesamento do político que a concedeu. En fin, algún día aprenderan. O problema non son os escándalos; o electorado entende, que como na vida mesma, pode haber malas persoas en política de vez en cando. O que xa é difícil de entender e a subida desmensurada da vivenda nesta zona, din os papeles que nos dous ultimos anos o 50%, ahora é casi imposible que un traballador da nosa bisbarra poida comprar unha vivenda, ademais de que casi todo o que se costrue esta adicado a segundas vivendas. Otero Regal