outubro 25th, 2006

AO ALCALDE DE FOZ…………

Posted in Sen clasificar by oteroregal

a1_nino1600x1200.jpg O alcalde de Foz, José María García Rivera (PSdeG-PSOE), reiterava ontem que cedia o local do antigo hotel Bahía para abrir um jardim de infância, «nom uma galescola». O concelheiro do BNG, Xoán Carlos González Basanta, reafirmava a necessidade da «galescola» para avançar na normalizaçom lingüística, sem que isto signifique «que outros idiomas nom sejan admitidos e respeitados».

Ata eiqui a noticia……..manda carallo con Don Xose Rivera….eu nacin en Nois parroquia do concello de Foz fai mais de medio seculo…ou sexa un neno de aldea….que os 10 anos foi para o colexio Martinez otero de Foz, facer o bachillerato, a capitalidade do concello, ou sexa a vila….e os fillos dos señoritos de Foz cansaronse a rirse de que eu falaba galego ou con moito esforzo unha especie de castrapo…..a razon de aquelo era que meus pais non me chamaran de pequeniño niño, bebe, Alfonsito, senon Alfonsiño, neno neniño etc etc ….Miña nai ainda oxe costalle moito chapurrear o castelan…e galega falante, labrega e por certo Don xose votante sua…pois ela soie decir que e socialista porque o mamou…..son un neno que tivo o galego como lingua materna…logo estudei e cando andaba polos 17 castrapeaba que daba xenio verme…e foi en Barcelona, donde fun a estudar donde me din conta que eu tiña unha lingua, coma eles, unha musica, coma eles, unha bandeira coma eles e unha cultura diferencial coma eles……..Pero esa e outra historia…..Soio decirlle que como neno de aldea pertenecente ao concello de Foz, xa sabe ustede aquelo de que “A unica patria do home e a sua infancia” que decia Rilke, lle pido que faiga posible que os nenos de Foz que sexan galego- falantes seus pais ou queiran selo, poidan ter unha “GALEGO ESCOLA” ou como se chame, os que non queiran xa teñen garderias abondo donde lles falan outro idioma…que tamen se pode aprender e outros mais…o saber non ocupa lugar…..Mire o peor do asunto e o que me sucede a min co meu neto maior…Vive en Santiago…vai a escola publica, por convicion,quizabes a unha zoa humilde como VITES, el que tamen lle chamaron neniño, Leonciñño, meu ben…..ten como maestra a unha señora que se nega a falar en galego o neno e que ademais solta na crase un mitin donde fala do seu deus, enseña a sua relixion e enderriba dicelle o pequeno que os pais teñen que estar casados para ter fillos…e que seus pais viven en pecado….eso si que e un delito Don Xose, o outro non, o outro e facer pais, e dicello alguen que e todo menos nacionalista radical….unha aperta de  Otero Regal

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment