outubro 26th, 2006

FALANDO DO FUCIÑO…………………….

Posted in DIARIO by oteroregal

carnes.jpg  Fai tempo que non falo dos sentidos, quero decir deses cinco, do sentidiño comun….que xa saben vostedes que e o menos comun dos sentidos falo casi….casi todolos dias……
Soio decir que vexo mal…levo gafas dende os 11 anos, oio non moi ben pero o do fuciño…o ulir…..son un “Xenio”…vou pola rua ou pola corredoira e xa digo a señora Maria esta facendo guiso de bacallaou…..na casa do Castro van a comer fritura de zorza…..a Lurdes ta facendo un roscon……
Os olores.lin nun bloc de Akurion a proposta de facer un catálogo de olores blogueros donde “los participantes simplemente deberan publicar en su blog una lista de al menos diez olores tan descriptiva como les sea posible y evitando las repeticiones”, tamen suxere incluir ao menos un link a otro blog participante no catalogo.

Penso eu que o olfato e o sentido con mais poder ebocador de todos, non se pode provocar pero cando nos xurde un olor, a min, e supoño que a vostedes disparanseme todolos sentidos dos recordos…..
Aporto eu eiqui….si alguen me quere seguir admitoe de boa gana…..aver si teño mais sorte que co pesqueria das BARBADAS….os olores que a min me traen recordos mais fermosos…

# O olor a pan recén feito, ainda quentiño….

# O olor a xamon cando se corta, e non ten porque ser pata negra…un dos que cria e afuma miña nai en Nois…..

# O olor a libro vello

# O olor a madeira (castaño, carballo, pino…)

# O olor a bosque húmedo, sobre todo no outono.

# O olor a herba recén cortada

# O olor a café recén feito….e recen moido

# O olor dos meus netos reén bañados

# O olor a salitre nun día de galerna

# O olor a algas podridas na ria.

Ademais tamen me gusta o olor a xente xunta, contenta e feliz….
¿E a vostedes, qué olores se amontonan tras os seus recordos?

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment