O MATON DO COLEXIO…………
O MATON DO COLEXIO
O matón do colexio sempre ten quen lle suxeite a carteira mentras patea ó infeliz de turno, nunca lle falta ó matón, un coro de voceiros para tocarlle as palmas e animalo mentras que lle rompe as gafas a ese crio que ten a desfachatez de ter boas notas, si algunha vez alguen osa levantar a voz airado por tanta inxustiza que se prepare, que ainda que no no escoite en vivo e en direto o matón correrán como lebres cobardes os seus sicarios a contarlle a osadía do rebelde, mientras outros cantos aprobeitan para meterlle medo cos consabidos “vaste enterar cando veña tal ou cal”…….. O matón do colexio nunca vai so, ten a sua corte de sicarios e pelotas revoloteando ó seu redor, mentras él, cal rei sol das ostias, das patadas, do insulto e do agravio pavonease diante de todos, dono e señor das vidas e ilusións dos seus voluntarios ou forzosos. Siempre existe un sicario que señala as víctimas, un aspirante a inquisidor, un merlín de pacotilla para un rei Arturo de pacotilla, unha voz que susurra veleno nos oídos da sua máquina de matar a ilusión e as esperanzas que todo adolescente ou neno non debería perder nunca, pero que nosoutros os adultos deixamos que perdan para poderlles decir logo que non nos entendemos. E cando o merlín de pacotilla consegue inflamar o ánimo guerreiro do seu Arturo de pacotilla, siempre hai un corro, un corro de xente que anima, un corro de xente que cala e un corro dunhos poucos que apretan os puños e maldicen entre dentes pero calan ó fin, tan soio unhos poucos atrevense a solicitar clemencia do cesar do puñetazo e da ameaza para o reo convicto e confeso de ser víctima, e tan soio algun o suficientemente valente como para correr a avisar ós mestres Esto, que lles conto hoxe sucedeume a min e sucede a diario nos patios dos colexios de todo o mundo, sempre hai un matón, siempre unhos lacaios e sempre un merlín de pacotilla, sempre hai unha victima, siempre hai a indiferencia dos moitos e a saña dunhos poucos, sempre hai medo e silenzo, sempre o sangre secase en silenzo, a ignominia con indiferencia, e a inxustiza con resignación. O fin e cavo, estase xerando o modelo de sufrimento e dor da proxima xeración, hoxe en pleno seculo XXI, nunha democracia consolidada, seguimos sen darnos conta que á escola vaise a aprender a propia vida e non a dos santos, na escola vivese e aprendese a vivir, e que si non facemos nada para acabar dunha vez con este estado das cousas o único que se sigue a aprender e a malvivir e aceptar como normal este pesadelo de forza, maltrato e exclusión social, que logo, e eiqui ven o problema, de adultos repetirán convirtindo como sempre a sociedade e o mundo nun lugar a imaxen e semellanza do patio no que o matón campa a suas anchas rodeado pola sua corte de sicarios e pelotas, que os que fumos nenos maltratados seguimos a sufrir de adultos e vellos…sigue na vida de un tendo o matón que nunca vai soio, ten a sua corte de sicarios e pelotas revoloteando ao seu redor, mentras él, cal rei sol das hostias, das patadas, do insulto e do agravio pavonease ante todos, dono e señor das vidas e ilusións dos seus voluntarios ou forzosos, claro que as “hostias” de hoxe son doutra forma, pero doen igual ou peor. OTERO REGAL