novembro 23rd, 2006

ADEGA TAMEN………

Posted in DIARIO by oteroregal

miradores-6.jpg NON SOIO EU PIDO QUE SE ACORTEN OS PRAZOS PARA A ENTRADA EN VIGOR O DOS 500M DE ZOA LIMPA DE ESPECULACION E FEISMO URBANISTICO E ARQUITECTONICO NAS NOSAS COSTAS…..DENDE ADEGA DICEN QUE: Valoramos positivamente o anuncio desta Lei de Medidas Cautelares Urxentes, que non é outra cousa que a aplicación lóxica e natural da disposición transitoria segunda da Lei 9/2002 do Solo de Galiza, que obrigaba á adaptación dos PXOMs nun prazo máximo de 3 anos. Se estes PXOMs non se teñen adaptado e nen siquera nada se fixo por facelo, é de Lei (e tería que ser normal) que estes planexamentos tiveran que ser suspendido. Trátase dunha medida mínima para a protección do interese público, pero que tamén pode aportar obxectividade e seguridade xurídica a propietarios e promotores.

No entanto, ADEGA solicita tamén que atendendo á disposición transitoria segunda da Lei 9/2002, esta norma sexa de aplicación inmediata para todos os concellos sen PXOM adaptado: oito meses son un prazo demasiado longo, que pode servir para acelerar aínda máis a especulación tratando de consolidar dereitos urbanísticos e impoñer os feitos consumados.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment