novembro 27th, 2006

s, no meu nome………………..

Posted in OPINION by oteroregal

en-un-pueblo-ruso27×22.jpg Ante  a cantidade de manifestacions, manipulacions e outras trapalladas encol do chamado “proceso de paz” quero deixar craro a miña opinión, que creo que comparten a inmensa maioría dos cidadáns que anque facemos menos ruido non por eso temos menos razón e dereito a opinar.

Creo que o Goberno  está plenamente lexitimado para levar a cabo o proceso de diálogo con ETA.polo tanto si ten éxito como si fracasa no intento de acabar dunha vez por todas co terrorismo é que non teñamos mais vitimas del, o goberno está actuando no meu nome. ¿O por que?

 

1.- Porque son tan cidadán como as víctimas, e como quenes se agachan tralas victimas ou van delo e non o son, ó meu parecer pesa, polo menos, o mesmo có deles.

 

2.- Porque creo que a política está para que os cidadáns solucionen os seus problemas, un deles, dos máis importantes é o terrorismo por eso deben de ser os politicos quen argallen a súa solución.

 

3.- Porque o alto ó lume de ETA , é de por si, o comenzo dunha rendición, e calquera goberno que non negociara neste momento seráa un goberno irresponsable, recordo que gobernos anteriores estaban negociando con ETA  achegando  centos de presos ó País Vasco sin ningunha garantíae antes de que se cumprise o cabodano do asasinato de “Miguel Ángel Blanco”.

 

4.- Porque creo , como dice a Constitucion, que o noso sistema penal non é unha venganza pública, sinón  un sistema de castigo e reinsercón, polo tanto, no meu nome se pode dar beneficios penitenciarios a xentes de ETA, que acrediten arrepentemento e reinserción  para elo aorganización terrorista ten que seguir dando exemplos de abandono da violencia, e si non o fai débese engadir unha pausa nas negociacións.

 

5.- Porque creo firmente que non existe outra forma de negociar a rendición dunha banda terrorista que pagando un precio por elo, a historia de aqui e de acola, danos bos exemplos delo, ese precio sempre é político. O que se ten que establecer  e ese precio e ata donde se pode chegar e non pasar, eso teno que decidir a sociedade no seu conxunto, a través dos cauces establecidos na constitución e no seu desenrrolo. Nese proceso naide ten máis peso cós demáis, nin siquera aqueles que se consideran máis patriotas e españois ca ninguén.

 

6.- Porque outros gobernos tentárono antes negociando cos terroristas, os gobiernos que presidiron “Felipe González” e “José María Aznar”, quenes agora, con cinismo e resentemento, critican a “José Luis Rodríguez Zapatero” por tentar facer correctamente aquelo no que eles fracasaron.

 

7.- Porque non son un hipócrita fariseo.

 

8.- Porque son un demócrata convencido .

 

9.- Porque confío no Goberno  e sei  que non vai dar ningún paso que supoña mermar a calidade das nosas liberdades.

Por todo eso berro desde este norte galego utilizando estas  páxinas: SI ,NO MEU NOME

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment