TOCOUME A LOTERIA…………………
Pois sí, estimados lectores, esta mañan a miña vida deu un xiro de 360º, como diría algún famosiño ben informado. E, como e a primeira vez que me toca algo, vou e contoi: foron nada maís e nada menos que 400 euros, correspondentes a unhas participacións de lotería do PSOE de Viveiro que me vendeu O Paxariño.
Pero, amigos e coñecidos, agora poido afirmar de certo que o diñeiro soio trae problemas….. Non sei si comprarme unha aldea deshabitada no Caurel ou no Concello de Ourol, que tamén as temos, encargar un lifting a gata Moñoña , que cada día esta mais gorda, ou degustar algún deses “delicatesssens”, que soio os ricos e poderosos soen facer por estas datas, como o de comer as ovas dalgún peixe do mar negro ou similares.
Pois ben , hoxe e noiteboa, e maña Nadal, nosoutros na aldea cantabamos voz en grito mentras pediamos o aguinaldo : Xenorosiña, Xenorosa hoxe é noiteboa e mañan Nadal, agora as cousan estan cambiando a velocidades vertixinosas, quizais onde maís se manifesta esta situación é nas novas modas e símbolos destas datas: Por todas partes vexo papás noeles aforcados nos balcons. Qué cansado resulta, dende logo alguen estase forrando vendendo os muñequitos de marras.
Tamén pululan por todalas ventas de pobos e aldeas as luceciñas de cores que adornan as árbores de Nadal, e pensar que este rito nórdico, previo ao cristianismo en orixen o que se colgaba dos arbores verdes, abetos en concreto, eran as cabezas cortadas dos enemigos, o que cambiaron as cousas. Nosoutros na aldea nin tiñamos gordos deses vestidos de roxo, nin sabíamos que existiran, nin árbores con luces, tan so cando xa tiña unhos 8 ou 9 anos, xuntaronse as mozas da parroquia divididas entre as de arriba e as de abaixo ó igual que no anuncio, para dar brilanted a igrexia parroquial, que era o único en común que tiñamos. Unhas as do norte foron a Viveiro e en casa de Paco Fanego mercaron un Belén de figuriñas de barro pintado en cru, e montarono na capela da dereita, cantaronse panxoliñas, recitouse poesias e outras lerias, as do sur que estaban xunto o mar, deulles por pedir para comprar unha lámpara de cristaliños para colgar do teito da igrexa, todo moi bonito e fermoso.
Onte, din que foi o día nacional da saude, pois si non che tocou a lotería, sempre nos queda aquelo tan manido de “o importante é ter saude”. Un que anda un pouco pachucho últimamente, adelgacei 14 kilos, por mor dun virus deses raros que me ataca ó figado. Así que, queridiños Reises Magos, a pesares de que un é republicano confeso, si por azares da vida a miña vontade fraquea e ocurreseme pedirvos ese portátil novo, ou esa Nikon tan… desexable, tan sicalíptica, ou a paz mundial, quero lembrarvos que nin puñetero caso, de certo, que o que quero e un pouco de saude, tampouco quero pasarme y deixar aos demais sin nada, pero unha pouca mais que este ano sí, ¿eh cabroncetes? Ah, e biquiños ao Baltasar, que e con diferencia o mais fermosete, e a vosoutros amigos e coñecidos lectores que me aguantastes todo o ano, pois dexarvos todo o que cada un pida para o seu futuro e o dos seus achegados.
Otero Regal
