QUE FOLLON COA CONSTRUCIÓN
Esta franxa costeira do norte galego, a que algunhos deulles por chamar A MARIÑA está nestes últimos tempos un pouco revolta…estábamos aquí neste norte nordesion tranquilitos, descarallando a paisaxe, eso si, con casiñas aquí e acola, no medio das veigas, sin recebar, cabanos para apeiros de labranza e “Picnics” por todalas partes, eucaliptos por doquier….pero a cousa era propia da mentalidad minifundista desta terra……..da falta dunha cultura estética do persoal e da dificultade que temos de entender que a propiedade privada ten limites no que concerne ó entorno e o medio urbano e rural……ainda asi eramos felices e comiamos perdices…….
Pero en eso que chegou a “CONSTRUCION”, seique alguen descubreu este pretendido paraíso e decideu explotalo e de paso acabar con el, recubrindoi todo de ladrillo e cemento, os madrileños e doutras “nacionalidades” querian unha segunda vivenda, e ademais si comparaban cos precios de “alen” de Pedrafita eran moi baratos…..Chegaron os especuladores de sempre, medraron os que tiñamos por aquí, e empezou a campaña de “MATAR A GALIÑA DOS OVOS DE OURO” ou, tamen chamada da “PESCADA QUE SE MORDE A COLA”….e todos a aunha, como en FUENTEOVEJUNA, puxeronse a mercar leiras, solicitar licencias e mercar, si digo mercar, pois si non non se entende o que cada día sae nos papeis, a vontade dos políticos da bisbarra….e resulta que se deron nos últimos anos maís licencias nesta bisbarra que no resto de Galicia…..¡Manda carallo co progreso! …o fin e o cavo seguimos tendo os peores políticos do mundo, e somos nosoutros os culpables, pois seguindo a tradición mais enxebre, PUXEMOS A COIDAR DAS GALIÑAS ÓS GOLPES e asi nos vai, é peor que nos vai a ir, contruese nos montes, nos prados, en calquera sitio, sin saneamento, sin vias de aceso, sin suministro de auga …..e calquer tipo de boa arquitectura brila pola sua ausencia.
E agora a tan so unhos poucos meses de que teñamos a oportunidade de remediar esta situación dandolles unha patada no cu ós corruptos e carallans, estes están enganando ós paisano coa consabida frase de “CON ESTES XA VEREDES…. NON VADES PODER VENDER AS LEIRAS”, o que é unha trampa, unha chamada ó compartamento menos social e comunitario da historia moderna desta Europa dos nosos pecados.
Sigo a ser un pesimista e estou convencido de que outra vez vamonos equivocar e voltaran a seguir nas poltronas os peores do lugar, salvo algunhas excepcións que confirman a regla, claro esta.
Neste novo ano eu, ateo militante, pediría ós Reises Magos que a este norte galego, que tan pouco se quere a si mesmo, que tan pouco aprecio ten ó seu, lle trouxera un vento mareiro deses ben fortes que lebanta para o carallo os ladróns, chourizos, corruptos, caciques e demais xente de mal vivir que rixe os nosos destinos desde os concellos da bisbarra…….e como decia na miña nenez de monaguillo,,,!QUE ASI SEXA¡
