PAXINAS LIBERAIS A ESGALLO
Nos últimos tempos pululan pola rede páxinas, diarios e blogs co nome de LIBERAL, Libertade Dixital, Galician liberal. La Coruña Liberal e un largo etc, que ten tamén nesta bisbarra claros expoñentes, si non teñen no titulo o nome, utilizano de subtitulo, vamos…liberais a esgallo.
E que é moi facil e cómodo decirse liberal, na maior parte dos casos, nesto tamén temos algunha excepción confirmadora de regla, na realidade estes liberais de pacotilla o que realmente son e ultradeitistas descerebrados, ou mellor, pobres descerebrados.
Agora o que “mola” maís entre o pijerio e decir que eres liberal,. O certo é que ser liberal e comodo e está cheo de ventaxas.
A primeira delas é que non te poden criticar porque para eles ningún goberno é liberal, nin o de EE.UU., nin o de Gran Bretaña, nin siquera os do PP, locaes, provinciais e autonómicos, ningún; co que poden adicarse tranquilamente a vilipendiar ó resto de tendencias, as que non dubidan en etiquetar daquela forma: comunistas, socialistas, nacionalistas, etc.
A segunda é que todo o mundo sabe de sobras que un liberal non ten prexuicios como o resto dos mortais que teñen unha visión do mundo constreñida por condicionantes educativos e presións do entorno intervencionista no que viven. O colectivismo é o que ten.
A terceira é que dase por suposto que todo o que tes ou eres ganachelo ti mismo sen axuda de nadie die, incluso superando os obstáculos que pon día a día o Estado por medio das distintas administracións, para tratar de que non te desenroles como persoa.
A cuarta é que polo xeral, debido a que as suas ideas orixinanse directamente do coñecemento científico (non como as dos roxos que son soio ideoloxía), sempre son avaladas por algún organismo prestixioso. Xa saben vostedes, e sinon preguntenlle a Aznar, que a esquerda crea fundacións esbirras do partido e os liberales institutos de pensamiento libre.
Por todo iso e moito maís eu berro cun aturuxo ben grande dende o Penedo do Galo “¡Saude e emancipación social, con moita intervención do estado na esfera económica, e que os liberais vaian a fritir espárragos, si son trigueiros mellor que mellor, e mentras tanto que sigan exercendo de extrema dereita co antifaz de liberais.!

chuza.org says:
Crítica ‘de lo liberal’…
Otero Regal constata no seu blogue a proliferación do adxectivo ‘liberal’ entre o máis rancio da política, e como socialmente se vai construíndo un ‘lugar común’ ao seu redor, converténdose nun eufemismo perfecto da ideoloxía ultradereitista…
xaneiro 5th, 2007 at 6:10 pm