xaneiro 28th, 2007

Aldean de convicción

Posted in OPINION by oteroregal

 miradores-1.jpg

Cada día que pasa creo menos nas estructuras intermedias. Levo tempo repitindo, a quen me queira escoitar, que me sinto un home de todo o mundo mundial, pero tamén desta pel de toro a que chamaria Iberia, España e Portugal incluido, de Galicia,…

Estou convencido que para aspirar a un futuro diferente, e  apostamos por un modelo social distinto ao que actualmente nos condiciona, e queremos manter algunha esperanza sobre un mundo maís xusto, sólo dende a aldea é posibel o cambio.

Cada persoa ten diversas aldeas de referencia, para min teño, polo menos duas que teñen unha significación moi especial; aquela na que nacín, na que vive  parte da miña familia, a que añoro cando levo un tempo sin cheirar o seu mar; e aquela outra na que vivo e traballo, na que estou desenrrolando o meu proxecto de vida. Sintome identificado con aquel vello refrán que di que o home de é de donde nace e de donde pace. Teño outras aldeas, xa secundarias. Unhas paseadas, como Luxor, a Tebas do Egipto faraónico; ou Barcelona, na que me fixen adulto, co seu inigualabel barrio gótico, Zaragoza, Oviedo… Outras soñadas, como Cuzco, Nueva York, Mexico ou Berlín. Pero sempre aldeas, soio aldeas.

Todalas persoas temos unha visión do mundo ou mais ben de como nos gustaría que fora o mundo. Ese mundo tan desigual, ese mundo tan inxusto, ese mundo sometido, ese mundo do que moitos sentimonos fora. Ese mundo que todos decimos querer cambiar.

Pois ben, estou convencido que soio dende a aldea é posibel avanzar de cara a un cambio da estructura social e económica mundial. Soio os aldeans, dende o concreto, dende o local podemos influir no cambio global.

¿Estado? ¿Nación? ¿Nacionalidade? ¿Rexión? ¿Comarca? ¿Continente? Aldea, soio aldea. Aquela frase de  “ Pensa global e actua local”, ben que nin pintada para a ocasión, falei de diferentes aldeas, donde nacin, donde traballo, donde  medrei como persoa, donde soño… Pero, quizabes me deixei no tinteiro as mais importantes: as aldeas que surxen das persoas que coñecen e manteñen un proxecto común, poden ser temporais, dinámicas, pero son as que van  permitirnos actuar en mais frentes. Outra xente chamalles”redes sociais”.

Esta reivindicación da aldea trata de ser un alegato a  esperanza, unha visión sin asperezas do que é ou pode ser este mundo cheo de arestas e mala leite.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment