xaneiro 31st, 2007

RUXE RUXE POLITICO

Posted in DIARIO by oteroregal

RUXE RUXE POLITICO d3270382jpg.jpg

Cando xa estan dadas a coñecer casi todalas listas electorais deste norte galego, Viveiro, o concello mais poblado deste norte …. ainda ten os deberes sin facer….ao parecer esta seman e a que ven son decisivas para que poidamos coñecer que son as persoas que optan a gobernarnos os próximos catro anos.

IU xa ten candidato: Orlando Exposito Mariño, que renova candidatura con xente nova, os socialistas tamen Melchor Roel Rivas, non sabemos quen vai detrais, parece que repiten os dous actuais tenentes alcaldes O Moro e Rafael Amor, do resto nin se ten noticias nin nada se sabe, ao parecer cocese exclusivamente por parte do alcalde.

O BNG, anticipara que seria o actual numero dous Mitas quen seria o candidato, ao parecer cambiaron as cousas e pode que volta a ser Guerreiro o candidato…e xa van casi trinta anos intentando ser alcalde, casi tantos leva tamen Orlando Exposito…en Viveiro os politicos duran mais que duracel…….

O PP, quizabes e quen da mais morbo…xa que todo apunta a que Cesar Aja Mariño non acude de numero un desta volta…..descubrirano este sabado nunca comida no Val do Naseiro…Por certo nesto do partidismo politico os negocios de hospederia tamen toman partido…..Ali entre comida e discursos presentarase o “MIRLO BRANCO” do PP en Viveiro, que teñen en moito secretismo…nin siquera a xente da executiva ten noticias, eso confirma que quen ata e desata no PP de Viveiro segue e seguira a ser Cesar Aja Mariño que teno todo atado e ben atado.

Ademais de presentar ao candidato por Viveiro, tamen o faran os candidatos de Ourol, un medico da localidade, xa que Salgueiro quedase na sombra mais sombria, despois do dos aeroxeneradores e centrais electricas, ademais do de Vicedo que repite e o de Xove donde esta craro que o PP non ten nada que facer….Xesus arrasara coa maioría absoluta.

No ruxe ruxe tabernario de Viveiro non se fala de outra cousa que de quen sera o candidato do PP…xa de tempo atrais apostase por Guillermo Leal, ex tenente alcalde, candidato nas autonomicas e home de un talante ben diferente do que nos ten acostumados a dereita capitaneada por Cesar Aja Mariño, tamen se fan apostas por un xoven delineante de Covas, Javier Illan, un biologo da Conselleria de Pesca…etc etc etc

Seña quen sexa..o PP teno ben difícil, as ecuestas propias e alleas danlle que perde dous concelleiros e deixara de ser a candidatura mis botada en Viveiro…asi que pasara outros catro anos facendo rodas de prensa…..

Por certo, para disilusion de alguns deses que soen poñerme a caer de un burro….tampouco desta vez …son candidato de nada nin de naide……..¡Que lle vamos facer!…que esperen sentados…outra vez será…..

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment