COIDADO COAS MALAS COMPAÑAS ELECTORAIS


Cando xa esta casi todo o peixe vendido e tódolos partidos e semellantes teñen sobre o tapete as suas cartas da baralla para xogar a partida de tute do próximo mes de Maio, onde os gañadores teran o premio de gobernar os destiños dos seus veciños perante catro anos, e tamén, de paso cobrar soldos, dietas e demais prebendas que veñen aparelladas ao cargo, danos, dende esta tribuna intanxible, por facer unha reflexión sobre o convinte que é levar bos compañeiros de viaxe nas listas electorais, para que despois non nos pase o de Ribadeo, onde, como di o refrán, cada un paga o seu, pero que nesta ocasión os personalismos, malas mañas e peores cataduras van deixar os catro meses que restan hasta as eleccións municipais nunha situación moi complexa para o goberno bipartito (PSOE-BNG), despois dunha lexislatura que mais pareceu unha larga travesía polo deserto que outra cousa.
O asunto comeza cando o alcalde Balbino Pérez Vacas decide non incluir na proxima terna ao concellal e diputado provincial Santiago Fernández Reinante, este, como se nun colexio de primaria se tratara, e non na casa do concello, empeza a soltar pola sua lengua fogo envenenado como o que din votaba a diario o dragón de San Xorxe, hasta o de onte donde neste diario ven a ofrecerse ao PP para unha moción de censura, un, cando pola mañá cedo lé estas cousas o certo é que non sabe se rir ou chorar, si vomitar de noxo ou facerse anarquista individualista que volta a estar de moda.
Non é este o único caso, temos, casi un en cada concello deste norte lugués, o que pasa é que se manteñen en segredo, non saen de onde non teñen que sair e si saen cortase polo sano, pero hainos a esportas cheas, e un sabe dunhos cantos.
Por iso, é hora de que os vellos e novos candidatos se poñan as pilas e miren ben as compañas que escollen, como facian os nosos antergos cando na feira vendian e compraban gando, palpenvanlles os ubres, mirandollelos dentes…non vaia a ser que sexan defectuosos, e despois tiren patadas.
Un non é nada partidario de candidaturas endependentes, nin sequera de candidatos independentes, mais ainda, creo que tanto nas dereitas como nas esquerdas, ademais de pagar a cuota e ter o carnet, farian falta unhos cursilliños de adaptación e ensinanzas políticas mínimas para que non suceda o de agora onde da vergoña o nivel medio dos políticos da nosa bisbarra, e, que conste que non propoño, nin moito menos que os candidatos do PP teñan que ter lido e entendido as obras completas e discursos de Fraga, Aznar e outros teóricos liberais ….nin que os do PSOE, teñan que ter lido O Capital de Don Carlos, nin sequera en versión reducida nin moito menos o escrito polo linotipista ferrolan emigrado a Madrid Don Pablo Iglesias, …Tampouco os do bloque, e mira que e ben sinxelo, ter lidoo que eles consideran a Biblia de Castelao, Sempre en Galiza, nin sequera o mítico “O atraso económico de Galiza” de Beiras….non fai falla tanto…pero un pouquiño de “sentediño común” e catro reglas políticas,virian de gloria a Tiros e Troianos.
Non é suficiente, ainda que agora está de moda, que os candidatos sexan xovenes e que teñan unha carreira universitaria, os títulos están para colgalos da parede, no caso dos vanidosos ou para gardalos nun caixón o resto, os títulos, nesta terra nosa, seique, cada vez menos, serven para encontrar traballo e sobre todo para facerse funcionario, non son sinónimo de cultura nin siquera de intelixencia, e menos de xustifiacion de bo traballador e de cidadan exemplar, asi que amigos candidatos, non se fien e a escoller ben as compañas.….
PERDICHEONORTEREGAL says:
Ata o de agora o incomprensible era que Balbino non cesara a Reiante. As malas compañías son aquelas que fixeron a Balbino pensárselo moito antes de cesar o concelleiro rebelde porque evidenciaban, claro está, que tiña algo que ocultar
febreiro 11th, 2007 at 4:39 pm