CONSELLOS A UN CANDIDATO DE POR AQUI.
CONSELLOS PARA UN CANDIDATO A ALCALDE
Existen unhas normas tácitas no mundo da polÃtica que vostede amigo lector a bon seguro descoñece, quizais porque, como outra moita xente, pensa que a polÃtica e cousa de inmorales. E neso, teño que decirlle que se equivoca vostede, pois son seres humans como calquer outro, e a sua integridade depende de moitos factores que non vamos a tratar agora, para non pecar de inxenuos. Sin embargo, esas normas levanse seguindo con tal apego, que basta con leer algunhas declaraciones de calquer candidato para apreciar que dicen o mesmo, da meisma forma e polos mesmos medios.
Pois ben, un candidato a ser alcade de calquera dos concellos deste norte e tan astuto como para saber que o mellor dÃa para unha roda de prensa e o domingo pola maña, pois o periodista que a cubra quererá rematar canto antes a faena y sacará calquera cousa que se lle diga o domingo, precisamente o dÃa que mais se lee o periódico, non polos agudos análisis dos polÃticos ou columnistas de opinión, sinon mais ben por que todo fillo de veciño ten mais tempo para facelo.
Un bon candidato está pendente de todo, lee, escoita e pregunta de todo, pois non sabe en qué momento lle toca decir algo. E se non ten nada que decir, porque é un analfabeto funcional encol do tema, debe opinar como sexa, pois un candidato non pode quedarse calado. Exemplo, se a un candidato que non sabe nada de asuntos laborais, que non coñece o problema recollido na prensa en col do acordo Xunta-Sindicatos con respecto a creación de postos de traballo, algún periodista maquiavélico preguntalle ¿e qué ten vostede que ver con esto?, o coeficiente intelectual do candidato suxeriralle que responda: ¡Bueno, o traballo en Galicia e de todos!
Candidato que se respete non discute nunca con periodistas, e daralles sempre un saudo acompañado dun abrazo e un sorriso, pois ainda que non coñeza ao dono do medio, o periodista e a persoa que mellor pode axudalo a publicar a suas brilantes ideas. Tamén onde está un fotógrafo debe estar o candidato, loxicamente si éste non sae na fotografia naide recoñecerá a sua cara ao momento de votar. Por suposto que colocarse diante da camara dun fotógrafo, en unha situación estratéxica onde poidan recoñecerte, e unha loita silenciosa de empuxós e codazos.
Un bo candidato ten excelentes propostas, ou o mellor non, eso das propostas é moi complexo, mellor falemos de frases inmortais que quedarán no lexendario arquivo do periódico.
Un candidato recuperara todalas suas amizades, producese no seu adentro unha especie de iluminación cara o perdón e ao olvido, a non ser que o amigo de marras, sexa candidato do partido contrario, entón nin auga, eso traducese nun feito imperdoable. Un excelente candidato sabe elexir a parte de verdade que mais lle conven e ocultar a parte que o perxudica. Esta habilidade define a sua calidade, o seu peso e por suposto a sua intelixencia. o mais difÃcil para un candidato e o mais traumático, e conquerir finanzamento e cidadans que o sigan. O primero pode resolverse con inxenio e creatividade, o segundo depende do seu carisma e credibilidade, o que certamente non e moi abondoso por estos lares.
A radio e o medio predilecto para o candidato, por eso os locutores sempre acaban creéndose dentro da sua propia burbuxa de popularidade, que son candidatos potenciais por excelencia. Ainda que as veces non reparan en que unha persoa, con certo traballo de formiga na comunidade pode ganarlle as eleccións. A televisión é un medio moi costoso para un candidato, nesta bisbarra, pero tamén e convinte aproveitar e sair na pequena pantalla sexa para un roto ou para un descosido.
A prensa e un medio moi atractivo, pero requere ter boas ideas e sabelas expresar ben, e sobre todo ter en conta que os periodistas odian a os opinadores de oficio, os tartamudos e os faladores de palla..
Amigo lector, esta forma de facer polÃtica está morrendo, en parte e gracias a que vostede esta descubrindo esta realidade. Sen embargo, non basta con coñecer a realidade, senon que e necesario transformala ocupando espacios, para que cando vostede sexa candidato non siga malos consellos.
