febreiro 25th, 2007

MEMORIA HISTERICA

Posted in Sen clasificar by oteroregal

 m1-1791567712-200×220.jpgm1-1791567712-200×220.jpg

En Galicia somos moi dados as romerías, que esencialmente consisten en carretar aos santos dun sitio a outro, ben polos arredores da igrexa ou capela onde están o resto do ano, ou dunha igrexa a capela donde se celebra a romería, como no caso do Obispo Santo de Foz, que peregrina cada ano dende San Martiño ao alto de Marzan, tamén caracterizanos aos habitantes “endémicos†da bisbarra como camiñantes impenitentes, en busca de remedio para os males físicos e espirituais, por aquí quen mais , quen menos foi ofrecido a San Andrés de Teixido, xa saben aquelo de quen no vai de vivo vai de morto en forma de bicho, San Antonio da Rigueira, a Peregrina de Cordido, San Campio de Fazouro, A Virxen de Villaoril, Nosa Señora do Conforto, Os Remedios de Mondoñedo, San Cosmiño da Montaña….
Quizais, por influencia desta antiga tradición, a nosa vida social e aconfesional tende a repetir este xeito de cambiar as cousas de sitio, de aquí para acola, de acola para outro lado…, volvo a facer de notario do recordo e poño como exemplo o do Casón, o asunto xurdeu ala pola Costa da Morte, un barco cargado con bidóns encallou e empezou e facer ruido, o pobo colleu o peregrinaxe e o contido do barco tamén, primeiro a terra, despois a Parga e acabou no peirao da factoria de Inespal en Xove-San Cibrao, e armouse a marimorena, ou mellor dito a “Histeria colectivaâ€, os políticos con poder, que por aquí casi sempre foron de dereitas, e acababan de perder o poder na Xunta, La xe e o tripartito cortaban o bacalao, dixeron “Agora e a nosa…â€e puxeronse a manifestarse, berrar, a esquerda como casi sempre, segue a ser mais critica cos seus que a dereita mesma, os sindicatos puxeronlles un trapo roxo para que turraran e turraron, saiu beneficiada, como sempre a gran empresa que cos cartos do seguro remozou a factoria e logo vendeuna a Alcoa por catro perras, daqueles lodos veñes estos zorros, expediente e expulsión de sindicalistas….dos bidóns que un bo dia desapareceron da bisbarra, nunca nada se soubo…..
E agora ven a segunda parte, que é a mais interesante….estos dias volve a exercer a autoridade competente, e un decir, a ancestral costume do romaxe…un barco procedente da Europa dos cartos vai de viaxe cargado de 15-15-15, un abono, por certo moi utilizado e coñecido nestas latitudes, onde se emporcalla con el todo vexetal que se precie dende as patacas, pasando polos prados e acabando nos eucaliptos, e o abono de marras empeza a fermentar, por certo un e fillo de Anxela de Regal que vendia este tipo de abono para a zoa do centro da bisbarra, e recorda moi ben como en moitas ocasións os sacos de 15-15-15 empezaban a quentarse si levaban moito tempo no almacen, e meu pai tiña que ventilalos ou incluso valeiralos, pois ben, sae fume e calor das bodegas, comunicanllo as autoridades marítimas e empezan a mover o barquiño de aquí para acola, e seguindo coa costume tradicional a oposición de dereitas e algun tonto útil da esquerda empeza a alarmar….e armase a miremorena, que si vamos morrer, que si traenos soio a merda…….. o PP aproveita que as eleccións municipais estan a volta da esquina…..hasta que en eso que Chove e acabouse a rabia e esta a punto de acabarse a romeria e o divertimento.
O que quero clarexar para os que promoven esta histeria colectiva é que O popular 15-15-15 do saco vermello empregase en Galicia en cantidades millonarias de kilos, para todo tipo de cultivo, sin control ningún, e como estrágase nun mínimo do 50% nada máis votalo na terra por mor das primeiras choivas, provoca a eutrofización de regueiros e lagoas, modalidade de contaminación que xa supón un problema grave de saúde ambiental nalgunhas, comarcas galegas. Tamén é sabido é que os fertilizantes NPK aumentan a cantidade das producións, aínda que resultan pésimos á hora de achegar calidades nutritivas e gustativas aos alimentos vexetais e animais. Por se non abondase, estes abonos favorecen o ataque de pragas e doenzas nos cultivos, e maior dependencia doutros agroquímicos de procedencia máis preocupante e, como non, transportados en buques mercantes que bordean as nosas costas. Finalmente, os fertilizantes NPK está a producir un dano difícil de correxir en canto á perda de fertilidade e degradación dos nosos solos, que son un ben prezado e de difícil rexeneración no tempo.
Asi que todos nos poñemos moi gallitos cando sucede o do Ostedijk e non decimos nada cando aquí e agora se verten miles de quilos , cada ano deses productos químicos, sen control, que no caso de Viveiro, nun 50% acaban no rio Landro, de donde se colle a auga para consumo, e o resto acaba na ría e logo no mar, afectando gravemente ao consumo human, ¿O sucedido poderase chamar ignorancia ou manipulación intencionada?

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment