marzo 4th, 2007

LATRICA MARICA

Posted in OPINION by oteroregal

LATRICA MARICA
retreat.jpg
Latrica Marica ca prima Pepita do díxome, díxome, do sei que dirán. Si foras á festa verías ó primo  da amiga Carmela que veu xa do mar. E a filla da Xoana adoece ca envexa  pois pensa que teño mil pesos, ou máis. Dixeron que ó Roque, o mestre das obras, fáltalle moi pouco para ser capataz. ¿Contéiche, Marica, do roubo das pitas?. Non foi ningún tolo, ¡fóiche o sancristán! Da mestra contaron,!Qué cousa dixeron!, que ten, hai semanas, amores co Xan. E o parvo do Lope por verme de esguello aguanta dez horas detrás do corral. Pois dígoche, prima, que os fillos da Concha parecen pelexos de fracos que están. E mentras Marica latrica ca prima quéimanse no lume o leite e o pan.

E unha fermosa canción de  Emilio Batallan  pero dende logo resume abondosamente unha forma de comportase da sociedade das pequenas vilas, pequenas cidades, parroquias e aldeas deste norte mariñan onde segue a funcionar aquelo de que “Si eres …porque eres, e si non eres porque non eres”, a murmuración.

Murmuracións, xuizos infundados, mentiras e trampas, son o prato forte do noso pan de cada día, do que naide, ou case naide está libre, e tan fácil votar a pacer a lingua, soltar a mentira, dio que algo queda….e asi cada cal ten o seu particular San Bieito do ollo redondo.

O Libertador Simón do que tanto fala hoxe en dia o Chaves venezolano seique deixou dito “”El chisme y las murmuraciones es lo mas pernicioso que existe, pues su labor nefasta es sembrar odio y rumores hasta destruir los lazos mas fuertes de amistad”
Realmente non sei si Bolivar chegou a decir estas parolas, pero o que si é certo que o Chisme e as Murmuracións no son novos, escritores e xuntaletras dedicaron abondosa producion ao  tema destos vicios .

Nesta bisbarra dos nosos pecados a murmuración  e o “chisme” veñen en compaña da adulación e o “Todos son iguales ante o trafico de influencias e a corrupción do ladrillo e da outra”
Hoxe, o Chisme, Murmuracions, Adulancions, Desprestixio (Incluen anónimos) estan o orde do dia. Un que sofre e sufriu esta “maldición” poderei encher paxinas enteiras contando  os exemplos varios e variopintos, vou deixar un que teño moi recente, no que se mistura, ademais a política mal entendida. Fai unhos anos, cando gobernaba o PP, unha empresa do estado propuxome un negocio atendendo o bo facer do noso establecemento, pois a cousa fraguo e enton un deses segundóns, que sempre pululan polas empresas do estado, goberne quen goberne, foi correndo a Madrid a decirlles os responsables políticos da cousa que ¿Cómo le dais a ese el negocio? , si es un comunista perdido, un rojo de mierda, aquel segundón, non por min si non pola sua incompetencia foi destituido do cargo polos do PP, cambio a tortilla, chegaron os do PSOE, e voltan a nombrar ó segundón e desta vez con mais poder e agora o mencionado individuo dicelle a quen o quere oir  que eu son un nazi, un dictador, ultradereitista etc, etc, como ven un convertese por mor da murmuración unhas veces nunca cousa e outras en outra ben distinta, asi un pode ser…un arruinado, ten todo embargado, non paga ós empregados e é un narcotraficante que se fixo rico traficando coa fariña, por certo este ultimo e o insulto de moda adicado a todo aquel que parece que ten catro pesos e medio, un soio decir aquelo xa tan vello de Angel Montes que decia “Teño todo o capital invertido en deudas”
Dende aquí vos invito a loitar, contra estos vicios perxudicias no pasado, no presente e a bon seguro no futuro.

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment