AS DUAS ESPAÑAS
AS DUAS ESPAÑAS 
O pasado venres varias localidades de A MARIÑA, foron obxeto de convocatoria de manifestacións por parte d PP para protestar polo de De Juana Chaos e derivados, en Viveiro eran 73, contados, durou pouco, ali estaban os miltantes, no chegaba nin o 25% dos mesmos, según as suas propias fontes, concelleiros actuais e futuros e familiares, polo que se veu por aquí o tema non preocupa nin pouco nin moito nin nada, temos temas mas acuciantes; as ameazas da multinacional ALCOA de coller as de Villadiego, si non lle seguen incentivando o recibo da luz, as comunicacións, a lentitude da sanidade, as malas pensións, o final que se aveciña do sector pesqueiro, e en resumidas contas temas de cada dia, o dos “garbanzos” que decia Fraga cando era xefe da oposición.
De todas formas do que queria falar era do asunto das duas Españas nunhos tempos en que ahora alguns rasganse, sen pudor, as vestiduras por non deixar morer a Dejuana., Eu pido que se aplique a cacareada lei de partidos. Según creo, non na lin na sua totalidade, ponse automáticamente fora da lei todo partido que non condee explícitamente o terrorismo. ¿E qué é o terrorismo? Parece craro que poñer uhna bomba en Barajas, Hipercor, a praza da República Dominicana ou nos trens de cercanías de Atocha, son actos terroristas, a sua misión é provocar o TERROR, o MEDO a través da MORTE, da masacre indiscriminada. ¿Alguén dos manifestantes da praza maior de Viveiro podeme decir que pretendían os que avalaron a invasión de Irak? As armas de destrucción masiva ou as armas químicas, xa sabemos que non. Estou seguro de que xa o sabían cando desencadearon a guerra, pero vamos otorgarllles o beneficio da dubida, vamos supoñer que no no sabían. Ahora sabemolo, Aznar incluido, dixoi públicamente, ¿Alguien do PP pideu perdón ó pobo iraquí, que está soportando mortos día tras día? Terá valor o sr. Aznar de ir depositar, como fixo na praza da República Dominicana de Madrid, un ramo con centos de miles de frores de todolas cores, pois de todalas relixións, de todalas crases, de todolos sexos son os mortos. ¿Foi capaz de decir: Perdón, e que emborracharome en Texas e non fun conscente dos meus actos?. Non, ni no fixo, ni no fará, nin el nin naide do seu Partido, e no farán, porque, supoño, están orgullosos do que fixeron, sexan cales sexan as suas consecuencias.
E por outra parte ¿Era o franquismo menos terrorista que ETA? , causou mais mortos e mais miseria moral que a que nunca causará ETA, probablemente non por falta de ganas. E andan por ahí, manifestandose xente que defende e xustifica o levantamento contra a República, a guerra e a represión posterior, con os argumentos que sexan.
E todo esto, según a miña opinión ven de cómo se fixo a transición por estos lares, en que condicións chegouse ao añorado consenso, como se deron por rematadas as diferencias entre as duas Españas, pode que un pouco a líxera. Sempre que se pon sobre a mesa o ocurrido a morte de Franco, salta algún (sobre todo na esquerda institucional) dicindo, que as cousas fixeronse como se fixeron , é certo, a gran maioría dos españoles estivemos de acordo con aquel proceso que cristalizou coa aprobación da Constitución pactada coa espada de Damócles dun exercito casi golpista, como o demostrou o 23-F, pactada coa presión dunha Iglesia Católica que tamen tiña que rascar, que ademais “otorgabanola” os herdeiros dos que entraron triunfantes en Madrid en marzo de 1939. Todolos que se fixeron ricos e colaboraron con Franco estaban contentos, daba a sensación de que as “duas Españas” se reconciliaran, o que ocurreu foi que unha das partes tuvose que conformar coas migallas, e tivo que esquecer as suas víctimas, hoxe está de moda que, empiringotadas señoras de visón, orondos obispos e fascistas de toda especie saquen de procesión a algunhas víctimas de ETA ( que Ernest Lluch, Enrique Casas, Francisco Tomas y Valiente ou Fernando Múgica tamén o foron que conste), e tivo que escoitar que o olvido dos seus mortos, dos seus represaliados, dos seus torturados foron, o precio político que había que pagar. E o pagaron. Pagamolo.
As duas Españas nunca desapareceron, era un engano, e cando unhos queremos progresar e tirar para adiante aparece a outra coas suas procesións e os seus espantallos.