EXPOSICION EN SANTIAGO
O pasado venres 16 de marzo ás 20h tuvo lugar o acto de inauguración da exposición ART NATURA. Será no IES RosalÃa de Castro de Compostela. Nesta exposición promovida por ADEGA coa colaboración do Concello de Compostela e as ConsellerÃas de Cultura e Medio Ambiente, participan máis dun cento de artistas e literatos/as galego/as.
A exposición permanecerá aberta até o 16 de abril en horario de 18 a 21h e posteriormente localizarase noutras cidades e vilas galegas. Con este evento pretendemos expresar o compromiso do mundo da cultura galega coa conservación do noso patrimonio natural.
As visitas guiadas para centros educativos pódense concertar no teléfone 629 635945 de 10 a 14h, de luns a venres.
As persoas interesadas na obra e nos artistas poden contactar con ADEGA nos teléfones 981 570099 e 981 566269
Por certo, nesta exposicion teño eu unha obra exposta…..¿Adiviñades de que se trata? Pois empeza por V….e acaba con A….