DEFENDENDO O PÚBLICO
Xa está ben. Cada día os “Neocom” os “Neo liberais” e toda a recua que os acompaña, están a vendernos que todo o publico é malo, ensinanza, saude, cultura, servicios….esto orixina que o público empeza a non estar de moda…que empece a medrar un sentimento na sociedade de que os que fan uso do publico é porque non teñen outro remedio….
Se a sanidade pública ten problemas é porque no lle dan transferencias suficientes, faltan cartos, e por ende faltan médicos, edificios, enfermeiras, axudantes e sobre todo bos xerentes que poñan as cousas a funcionar e a certos profesionais privilexiados no seu sitio dunha vez, xa está ben de ser funcionario pola maña e ter consulta privada a tarde cando non, ser socio dunha clínica privada ou cousas peores.
Este pais, e este norte galego e un craro exemplo, é a zona de Europa cunha peor infraestructura de trasporte publico, eiqui potenciouse a individualidade do coche, en detrimento do publico, tren, e autobús, no primeiro caso temos unha empresa que tiña que poñerse as pilas, modernizarse e adaptar os servicios as cercanías e as necesidades dos clientes potenciais…se non se fai asi, dende as posturas privacionistas vannos convencer de que ,se hai problemas co transporte público, é porque os traballadores e os usuarios están boicoteandoi.
Se nos queixamos por activa e por pasiva da contaminación, do efecto invernadero fagamos que non haxa tantos coches individuais e si mais traporte público e colectivo.
Se hai que axudar a os país a elexir escola para os seus fillos, subvencionan colexios privados, e mellor si son relixiosos do Opus ou dos Lexionarios de Cristo, mentras a escola publica esmorece por falta de cartos e dun control riguroso dos funcionarios que a atenden. As subvencións ao ensino privado nos últimos 15 anos multiplicáronse por 4, e para niveis non obrigatórios multiplicanse por 20 nos últimos 15 anos , no pasado ano os orzamentos da Conselleria aumentaron o 6% mentras que as subvencións á privada aumentaron un 10,5%. Mentras esto sucede, dise que non hai cartos para comedores, transporte, actividades extraescolares polas tardes, reparacións e melloras nos edificios, gastos de funcionamento, etc.
Somos moitos os que pedimos, unha escola non dependente de intereses privados. Unha escola defensora da liberdade de cátedra, entendo por tal o dereito dos ensinantes a expoñer, sen adoutrinamento, proselitismo nou sectarismo, o seu enfoque persoal na labor docente, dentro do respecto as normas establecidas e as opinións discrepantes. Unha escola xestionada participativa e democrática e aconfesional, donde se promova valores como a solidariedade, a non discriminación e o respeto polo medio que nos rodea.
A cultura non funciona., pois contratamos empresas publicas que “dinamicen” e de paso engordan os bolsos e promocionan a os amigos de turno.
A política de vivenda pública, brila pola sua ausencia en gobernos da deita, ou semiprivatizase con argucias legais, como me dixo un día un político, si facemos moitos pisos sociais, ¿a quen lle van a vender os seus os constructores?
Esta retahíla poderia seguir, pero o peor do asunto é que ademais esta sensación de que o publico e malo e o privado e bo está calando na sociedade a marchas forzadas.
Podemos ver , que nesta franxa costeira, donde vivimos casi todolos concellos teñen privatizados servicios esenciais para o cidadan, auga, alcantarillado, actividades xuvenís, cobro de impostos, o que rara vez significa que funcionen mellor, si fora asi, os cargos politicos elexidos serian os responsables de non esixirlles mais aos funcionarios e persoal contratado, o que si esta craro é que son mais caros para o usuario.