Archive for the CAZICADAS category

marzo 16th, 2007

PREMIOS OS AVENTADOS

Posted in CAZICADAS by oteroregal

                         2400-4570lightning-striking-tree-posters.jpg          PREMIOS OS AVENTADOS2400-4570lightning-striking-tree-posters.jpg

A ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑANA “OS AVENTADOS”  DA A COÑECER OS GALARDONADOS ÓS PREMIOS ARDELLE O EIXO E ARDELLE O CARRO 2007.

Naide pode decir que non vivimos nunha terra onde se rinde culto ós mortos, o sinxelo feito de morrer xa é suficiente para que aqueles que durante a vida che negaron o pan e o sal se poñan ipso facto, a votar salvas e vanaglorias do finado. De vivo nada de nada, de morto a gloria e a posteridade, o exemplo maís flagrante témolo co día das Letras Galegas, o homenaxeado ten que estar morto e ben morto pois hasta dez anos despois de finado, cando os vermes deron boa conta das suas carnes non se lle pode adicar o día das Letras Galegas.

Os tempos están cambiando que decía o Dylan e é hora que nesta terra se comece a falar ben dos vivos mentres estén vivos, desa forma daraselles un pulo para que sigan a facer cousas pola su aterra, despois de morto peras ó burro, de vivo e cando se pode axudar.

Por iso Os Aventados instauramos,  unhos premios anuales co nome de ARDELLE O EIXO para aquelas persoas, animal ou cousa do norte galego que se distinguirán positivamente pola sua labor social, política, artística, deportiva, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.

Tamen. ó mesmo tempo se crean outros premios co nome de ARDELLE O CARRO adicados a aquelas persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguirán o cavo do ano pola sua nefasta xestión no ámbito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.

Os premios serán en ámbolos casos unhas esculturas de cerámica do compañeiro en argalladas Otero Regal, non levaran consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa, ós premiados..

OS GALARDONS SERAN ENTREGADOS NA COMIDA ANUAL, NESTA OCASIÓN DO DECIMO CABODANO DA FUNDACION DOS AVENTADOS, NO RESTAURANTE O NOSO LAR  P PROXIMO SABADO 17 DE MARZO EN SAN CIPRIAN.

A ASOCIACIÓN CULTURAL OS AVENTADOS ACORDOU POR UNANIMIDAD A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O EIXO” A:

 D. XESÚS LÓPEZ GONZÁLEZ

ALCALDE CONSTITUCIONAL DE XOVE

POLOS  40 ANOS QUE LEVA VINCULADO A ESTE NORTE GALEGO EN XERAL E A XOVE EN PARTICULAR

POLA SUA LABOR COMO ENSINANTE

POR DEMOSTRAR QUE LLE IMPORTA MAÍS A COMARCA E AS SUAS XENTES QUE O PARTIDO.

POLA SUA INDEPENDENCIA SOCIAL E POLÍTICA

E POR SER UN GALEGO BO E XENEROSO

A ASOCIACIÓN CULTURAL OS AVENTADOS ACORDOU POR UNANIMIDAD A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O CARRO” A:

ALFONSO  FUENTE PARGA

ALCALDE CONSTITUCIONAL DE BARREIROS

POR AXUDAR A TRASFORMAR ESTE NORTE GALEGO O QUE ALGUNS CHAMAN A MARIÑA NUNHA DESFEITA URBANISTICA.

POR SER O CRARO EXEMPLO DE “MENEALLA PERO NON ENMENDALLA” COA SUA POSTURA DE NON VOLTAR ATRAIS O QUE FIXO MAL DO EIDO URBANISTICO.

POLA PARTE QUE LLE CORRESPONDE NO  CAMBIO DA PAISAXE HISTÓRICA

POR SER POUCO PRECABIDO E DAR LICENCIAS A ESGALLO; SIN CONTAR COS SERVICIOS PARA ELAS; VEIRARUAS; VIALES SANEAMENTO; AUGA:.

POR POTENCIAR ENTRE NOS O DE “PAN PARA HOXE E FAME PARA  MAÑÁ”

A ASOCIACIÓN CULTURAL OS AVENTADOS ACORDOU POR UNANIMIDAD A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O CARRO” A:

SANTIAGO FERNÁNDEZ REINANTE SALVATIERRA

CONCELLEIRO DE RIBADEO E DIPUTADO PROVINCIAL

POLA VIRAXE QUE DEU A SUA MILITANCIA POLÍTICA CANDO SOIO FALTAN TRES MESES PARA AS PROXIMAS ELECIÓNS

PASANDO DE MILITANTE DO PSOE A OFRECERLLE A OPOSICIÓN A POSIBILIDADE DE
PRESENTAR UNHA MOCIÓN DE CENSURA CO SEU APOIO.

POR XUNTAR NA SUA PERSOA O MAIS CRARO EXEMPLO DO DITO “DESPOIS DE MIN O DILUBIO”

POR TODOLOS FEITOS POLÍTICOS QUE PROTAGONIZOU NAS ÚLTIMAS DATAS

QUE LLE ATORGAN O CALIFICATIVO DE SER UN CRARO EXEMPLO DO QUE NON SE DEBE DE

FACER EN POLITICA.

 

 

xaneiro 4th, 2007

QUE FOLLON COA CONSTRUCIÓN

Posted in CAZICADAS, Sen clasificar by oteroregal

sesena.gifsesena.gifsesena.gif

Esta franxa costeira do norte galego, a que algunhos deulles por chamar A MARIÑA está nestes últimos tempos un pouco revolta…estábamos aquí neste norte nordesion tranquilitos, descarallando a paisaxe, eso si, con casiñas aquí e acola, no medio das veigas, sin recebar, cabanos para apeiros de labranza e “Picnics” por todalas partes, eucaliptos por doquier….pero a cousa era propia da mentalidad minifundista desta terra……..da falta dunha cultura estética do persoal e da dificultade que temos de entender que a propiedade privada ten limites no que concerne ó entorno e o medio urbano e rural……ainda asi eramos felices e comiamos perdices…….

Pero en eso que chegou a “CONSTRUCION”, seique alguen descubreu este pretendido paraíso e decideu explotalo e de paso acabar con el, recubrindoi todo de ladrillo e cemento, os madrileños e doutras “nacionalidades” querian unha segunda vivenda, e ademais si comparaban cos precios de “alen” de Pedrafita eran moi baratos…..Chegaron os especuladores de sempre, medraron os que tiñamos por aquí, e empezou a campaña de “MATAR A GALIÑA DOS OVOS DE OURO” ou, tamen chamada da “PESCADA QUE SE MORDE A COLA”….e todos a aunha, como en FUENTEOVEJUNA, puxeronse a mercar leiras, solicitar licencias e mercar, si digo mercar, pois si non non se entende o que cada día sae nos papeis, a vontade dos políticos da bisbarra….e resulta que se deron nos últimos anos maís licencias nesta bisbarra que no resto de Galicia…..¡Manda carallo co progreso! …o fin e o cavo seguimos tendo os peores políticos do mundo, e somos nosoutros os culpables, pois seguindo a tradición mais enxebre, PUXEMOS A COIDAR DAS GALIÑAS ÓS GOLPES e asi nos vai, é peor que nos vai a ir, contruese nos montes, nos prados, en calquera sitio, sin saneamento, sin vias de aceso, sin suministro de auga …..e calquer tipo de boa arquitectura brila pola sua ausencia.

E agora a tan so unhos poucos meses de que teñamos a oportunidade de remediar esta situación dandolles unha patada no cu ós corruptos e carallans, estes están enganando ós paisano coa consabida frase de “CON ESTES XA VEREDES…. NON VADES PODER VENDER AS LEIRAS”, o que é unha trampa, unha chamada ó compartamento menos social e comunitario da historia moderna desta Europa dos nosos pecados.

Sigo a ser un pesimista e estou convencido de que outra vez vamonos equivocar e voltaran a seguir nas poltronas os peores do lugar, salvo algunhas excepcións que confirman a regla, claro esta.

Neste novo ano eu, ateo militante, pediría ós Reises Magos que a este norte galego, que tan pouco se quere a si mesmo, que tan pouco aprecio ten ó seu, lle trouxera un vento mareiro deses ben fortes que lebanta para o carallo os ladróns, chourizos, corruptos, caciques e demais xente de mal vivir que rixe os nosos destinos desde os concellos da bisbarra…….e como decia na miña nenez de monaguillo,,,!QUE ASI SEXA¡

outubro 21st, 2006

CAZICADAS…………..

Posted in CAZICADAS by oteroregal

SALVO OS CEGOS, COMO E NATURAL……….DSC00101.JPG. Dende fai unhas semans estamos lendo nos periódicos unha inacabada serie de informacións sobre escándalos urbanísticos. Máis alá do dano político é a “enorme jeta” dalgún dos implicados, quizais o que sería interesante é o porque saen agora nos medios, cando todos sabemos como se corta o bacalao das licencias, áticos e duples ilegais eiqui ó noso lado…. Xa sei que ó sector da construcción non lle gusta que se fale da “marbellizacion” da nosa terra pero si as cousas non son igual o certo é que se parecen un monton…eiqui ó igual que en Marbella estou seguro que unha rede de corrupción tende a ser estable perante moito tempo, si non se producen cambios externos. Todo o mundo que está participando na rede e sabe o suficiente como para poder denuncialo non ten incentivos para facelo, xa que está obtendo beneficios directos. Cando os escándalos saen á luz e que algunha parte da rede rompeu, deixando algunhos actores que saben demasiado sin a parte do pastel o que lles orixinou ganas de falar. E non me veñan agora dicindo que o da corrupción que sae en Madrid, Marbella etc etc….Cando as barbas do veciño vexas pelar pon as tuas a remollar, di o refran, pero por si non se enteraron póñolles alguhos exemplos….En Viveiro heredouse do PP, entre outras falcatruadas, Varios edificios do Lodeiro que por sentencia xudicial se pedia o seu derribo, en Covas estanse a tirar duas plantas dun edificio que pasaba polas suas partes a lei de protección do patrimonio, en Vivero na rua Cora Montenegro por sentencia xudicial pidese o derribo de duas plantas dun edificio, A ampliacion dunhos grandes almacens fixose ilegalmente e en terreos publicos…e o que che rondara morena…porque soio os cegos, como e natural, e os tontos non ven duples ilegales retranqueos con terrazas e cubertos de alumino e un sin sentido de ilegalidades que se fixeron nos ultimos 20 anos. Pero o mesmo sucede en Foz, Burela, Ribadeo, Barreiros,Vicedo……..Quizais en toda a Mariña…e un non cree, que sexa pola iñorancia dos políticos e a incompetencia dos técnicos, eso no no cre naide. Hasta que non se solucione a fonte do problema, a extrema dependencia dos concellos das licencias de obra para financiarse, no vai haber Dios que saque estas tentacións de enriba. En consecuencia, a competencia nesta materia debe tela á Xunta e deixar ós concellos a mera tramitación das licencias, esixindo para poder autorizar calquera tipo de obra informes favorables de técnicos urbanístas municpais asi mesmo tería que establecerse para estes funcionarios, para o caso de licencias ilegais, responsabilidade incluso penal. E que toda licencia concedida con informes desfavorables conleve automaticamente o cesamento do político que a concedeu. En fin, algún día aprenderan. O problema non son os escándalos; o electorado entende, que como na vida mesma, pode haber malas persoas en política de vez en cando. O que xa é difícil de entender e a subida desmensurada da vivenda nesta zona, din os papeles que nos dous ultimos anos o 50%, ahora é casi imposible que un traballador da nosa bisbarra poida comprar unha vivenda, ademais de que casi todo o que se costrue esta adicado a segundas vivendas. Otero Regal

setembro 30th, 2006

O HOME DO MALETIN………………

Posted in CAZICADAS by oteroregal

O HOME DO MALETIN

Nun lugar da Mariña, nome do cal non quero lembrarme, vivía un empresario do sector do ladrillo, entendase promotor e constructor, dos de cartos no banco a esgallo e edificios feitos e a facer a montons,  miola antigua, aiga potentote e  corredor Una ola de algo más vaca que carneiro, lantellas os venrres, algún  “marisquito” de egadididura os domingos,. Frisaba a edade do  noso protagonista cos 60 anos. Era de complexión recia, seco de carnes, enjuto de rostro, gran madrugador y amigo das camiñatas. Tiña un sobrenombre, que non bamos desbelar, Pero esto importa pouco para o deenrrolo do noso conto, basta que na narración dél non salga un punto da verdade.

O noso bon home, tiña problemas con algun dos edificios que estaba a medio construir, dera alturas a esgallo sin ter enconta as normas bixentes de protección do patrimonio, cos cambios na politica a nivel local e autonomico, as cousas cambiaran un pouco e como decian os da nova troba cubana “Chegou o comandante e mandou parar”, tiña o bon home que desfacer parte do que fixera o que a nivel de cartos lle estaba a causar unha boa dor de cabeza.

Nin corto nin perezoso o noso protagonista lembrou bellos tempos e seguindo a masima de “Todo home esta no mercado….o unico que cambia entre uns e outros son os cartos que pidan”, tiña el boas e amplas experencias o respeto en tempos pasados,  preparau a estratexia, pideo unha entrevista co politico de turno que el pensou podia arranxarle o problema , e o dia pactado aparecu no despacho do mandamais vestido con chaqueta e cun maletin na man, fixeronlle pasar e cando entrou saludou o politico e indicoulle que queria solucionar o entorto, e de seguido fixolle senales o politico co mao e dixolle espere, sacou de debaixo da chaqueta u folio de cartulina donde en letra ben grande  podia lerse : 60.000 EUROS PARA BOSTEDE E 30.000 PARA O PARTIDO, todo elo en silencio, sin despegar os labios, desta forma non podian grabarlle, non fora o demo, que o fixeran e a cousa fora a peor, o politico quedou estupefacto, acolloado e casi lle da un patatus, cando se repuxo , alporizado berrou, saia de eiqui agora mersmo, larguese ¿Pero vostede que se cre? E outras lindezas varias, o noso home gardou o letreiro colleu o maletin e saiu como si nada.

A semana seguinte pideu outra entrevista co politico para tratar outro tema, e o politico xa pensaba que ia a voltar a insistir, pois non, chegou saudou tratao o tema en question como si a pasada semana non pasara nada. O noso home entendeu de esta forma que non todolos politicos son iguales, quizabes parecidos pero non iguales e recordaba que outros que tratara e cos que negociara ao mellor lle dirian “Dobla a proposta e despois cha falaremos fulano”. De todasa formas algunha noite de so difícil tamen lle barrexaba na cabeza  a pregunta de ¿E si en vez de ofrecer 75.000 euros fora o doble ou o triple? Sempre acababa as suas meditacions co de “Si este non come habra outro que xa comera”

Un dia cando iba de andaina voltou a encontrar a aquel outro empresario, quizabes o empresario mais raro da vila, que tamen era moi andarin e co que tivera algunha conversa, e preguntoulle ¿ Ti  crees que todo home ten un precio?, o interlocutor, quedouse pensando e dixolle: “Quizabes un precio non, pero si todo home ten un costo”.

Otero Regal

setembro 27th, 2006

OUROL…..¿QUE APOSTAMOS?

Posted in CAZICADAS by oteroregal

ex03.jpgOUROL….o concello con menos habitantes do norte de Lugo…comboca unha praza de auxiliar-tesoreiro…polo baixines..para que se enteren poucos…asi de aquela maneira….disque, dicen as malas lenguas que a cousa esta xa dada…sera a primeira tenente de alcalde…quen vera asi pagados os fabores de ser testaferros en cazicadas varias do rexidor quen a ocupe….asi ademais apartarase da silla de posible alcaldesa…..para dar paso a outra mais docil……de todas formas esto xa o contei eu eiqui fai mais de un mes …….RECORDOBOLO……..

Onte foi que o fiscal xefe de Lugo esta investigando as concesions do parque eolico…solicitado polo concello e logo privatizado a Luis Castro Valdivia…cuñadisimo do Diretor xeral de industria Ramon Ordas co PP..do asunto ao parecer saliron beneficiados familiares, empresarios e politicos…………como casi sempre que se fala de chanchullos………
Esta “movida” xa ten consecuencias xa que, a que era presidente ata fai catro dias da “cousa” a tenente de alcalde de Ourol Alejandra Cal Chao, que iva a ser a candidata unha vez que Salgueiro se apartaba da poltrona municipal….xa caeu en desgracia……….eso si, eiqui os favores paganse…que carallo… vanlle sacar unha oposicion a medida no Concello de Ourol donde pasara a ser funcionaria..e outra muller, taberneira e taxista de Bravos… Melita..se chama esta vella militante do PP sera a aspirante a alcaldesa…………polo menos o asunto de acarrear os votos esta facil…ela taxista en Bravos…. e casi toda a familia taxistas en Viveiro…..

agosto 29th, 2006

O VERAN XA VAI CAMIÑO DA GAÑIDOIRA……………….

Posted in CAZICADAS by oteroregal

71.jpgTriste e soio quedase Viveiro….oxe fica en vora o Naseiro…os veraneantes xa van camiño dos seus fogares….as festas e demais parafernalia tamen rematou…hasta os papeis o notan…oxe ven na MARIÑA do Progreso que unha pila de pillos adicados a politica local do veciño concello de OUROL..anduberon facendo falcatruadas cos concesions de molinillos..o parecer a “cazicada” podese cuantificar en euros….18 millons de euros vale o que renunciou o concello de OUROL en veneficio de unha empresa privada…si temos en conta como funcionan estas cousas, donde amiguiños si pero a vaca polo que vale…imaxinemonos soio unha comision do 10% Seria 1800.000 euros po que puxo o cazo…e si fora do 20%?…bueno o asunto e que o fiscal esta a investigar a tres “personaxes” do afaire entre os que esta un lider da patronal galega un alcalde e un intermediario………maña mais……

xullo 12th, 2006

O LADRILLO MANDA CARALLO O QUE MANDA

Posted in CAZICADAS by oteroregal

300px-LandroViveiro.jpg A Direcion Xeral de Urbanismo da Xunta de Galiza paralizou as licencias de obras en Viveiro…e logo de tres meses, decretou a sua adaptacion as normas en vigor dos gobernos de Madrid e Santiago, por certo redactadas en tempo do PP……entre o que din merece destacar a prohibicion de construior en Covas nos terreos situados entre a carretera de Viveiro-Ferrol e a praia………….

Pero oxe leo nos papeles que o alcalde de Viveiro dixolles os veciños que non se preocuparan, porque ipso facto ivan a redactar o Plan Xeral de Urbanismo e que despois xa se poderia construir outra vez nesa franxa costeira…e digo eu, esto dino os que se din de esquerdas…..con  os de dereitas seguro que se pode construir sobre o areal de Covas…e si nos apuramos un pouco no medio da ria…………..o ladrillo manda carallo o que manda.

xuño 6th, 2006

COMA EN IRLANDA……………..

Posted in CAZICADAS by oteroregal

COMA EN IRLANDA……

Din que decian os nosos ancestros….Galiza, como en Irlanda, como en Irlanda…levante e anda…era a teima de aqueles homes que vian como os seus irmans da isla dos trebos…se levantavan en contra dos ingleses en prol da sua independencia………..

Eiqui ventan outros ventos, mais cheirons que o noso mitico NORDES…ventos enfermizos que descarallan o paisaxe e o paisanaxe…..

Por eiqui no medio desta franxa costeira da GALICIA DO NORTE que vai dende Ferrol ata Ribadeo…eiqui en Viveiro pasan cousas que mais nos fan parecer Sicilia, ala no MERO Mediterraneo que no Atlantico do medio……Cousas que pasan….

Contan os mais sabidos do lugar que nun destes lugares vivia un LISTO entre outros LISTOS que se adicaba a cambiar de empresa como outros cambian de camiseta, a razon de tanto cambio…era o parecer para non pagar impuestos, seguridade social dos empregados, o iva que os seus clientes lle abonaban religiosamente…en fin un de eses delincuentes de guante blanco que tanto admira a nosa sociedade mais noxenta………

O LISTO de marras un dia topou cun inspetor de facenda de eses que non se compran nin se venden como o “CARIÑO VERDADEIRO” e trincou o LISTO do conto, non por todas as falcatruadas que fixera sinon por o do IVE soio…total un 200 e pico de millons das antigas pesetas…..ouvo nxuicio e caeronlle unhos anos de cadea, poucos, que non cumpreu e unha multa similar o que roubara…pero como non tiña nada o seu nome O LISTO saieu tan campante…a mirar os ciudadans honrrados por encima do lombo…presidir as procesions de Semana Santa, dar paseos no seu yate que dicen vales varias ducias de millons, circular co seu coche de luxo, frecuentar o casino etc etc..

Pero o colmo do asunto e que nesta como en outras moitas historias topamos co igrexa e o igual que sucede en Sicilia…eiqui roubase o estado e a Xan Pobo..pero tratase de ter a ialma a bon recaudo, non via se o demo… e o LISTO..en cuestion adicase agora a mercar santos de dous metros para regalarllos as cofradías…coma bon cristian ….faltaria plus, e asi nos ultimos anos estrenouse unha nova procesion o domingo de resurrección…con un CRISTO RESUCITADO e UNHA VIRXE ..todo elo de tamaño natural…de madeira, con traxes bordados e toda a parafernalia..o pobo que eiqui..a pesares de ter un goberno de esquerda que preside toda procesion que se lle poña diante…non e quen mais ordena…pero quedañe a retranca de alguns que xa tiñan antes marcadas con nomes satiricos as cofradías…A DOS ESTRAPERLISTAS…A DA C…. SANTA…AGORA DINLLE O CRISTO RESUCITADO : O SANTO DO IVA e a VIRXE: A VIRXE DE FACENDA…ademais engaden que a procesion inagural tuvo retraso PORQUE TUVO QUE VIR A ISPECION DE FACENDA VENDECILA….e mentras a IGREXA e os que estan o lado siguen sin ler os evanxelios…e aquello que decia o taL Xesus……”A DIOS LO QUE ES DE DIOS Y AL CESAR LO QUE ES DEL CESAR”.

Por certo..non vaia a ser o demo…”Neste conto TODO PARECIDO COA REALIDADE E PURA CONCIDENCIA.

maio 22nd, 2006

¿Sera cuestion da ceramica?

Posted in CAZICADAS by oteroregal

Refirome o tema mais candente en Lugo capital en particular e provincia en xeral……si o da destapada de esa especie de “AFAIRE MARBELLA” cutre e terceiromundista….donde os funcionarios se o levaban libremente pras suas casas…non o traballo precisamente sinon os cartiños de Xan Povo.

Total..para que nos vamos a preocupar as cousas veñen e vanse…din….¿deronse vostedes conta o pouco que a xente desprecia a quen rouba diñeiros publicos? A calquer rapaz que rouba cen euros para comprar polvos maxicos…lle caen dous anos…………..de cadea pero aquel se se leva o marron da administracion e encima ben bisto…..escoitei na TELEGAITA a un…disque que sindicalista do Pazo de San Marcos dar as queixas de que lle puñeran as esposas o funcionario corrupto…..”coma si fora un delincuente” dedia o jacho….pois claro que un delincuente…de guante blanco pero delincuente …pois cos cartos que fixo de menos podiase facer boas carreteras donde o trafico mellorara e ouvera menos acidente…ou gastalos en medicina……por eiqui NO MERO NORTE a Lugo capital chamanlle A ALDEA GRANDE…..e tamen se di por eiqui que XENTE DE ALDEA TROPA DO CARALLO………….