Archive for the OPINION category
marzo 26th, 2007
Xa está ben. Cada día os “Neocom” os “Neo liberais” e toda a recua que os acompaña, están a vendernos que todo o publico é malo, ensinanza, saude, cultura, servicios….esto orixina que o público empeza a non estar de moda…que empece a medrar un sentimento na sociedade de que os que fan uso do publico é porque non teñen outro remedio….
Se a sanidade pública ten problemas é porque no lle dan transferencias suficientes, faltan cartos, e por ende faltan médicos, edificios, enfermeiras, axudantes e sobre todo bos xerentes que poñan as cousas a funcionar e a certos profesionais privilexiados no seu sitio dunha vez, xa está ben de ser funcionario pola maña e ter consulta privada a tarde cando non, ser socio dunha clínica privada ou cousas peores.
Este pais, e este norte galego e un craro exemplo, é a zona de Europa cunha peor infraestructura de trasporte publico, eiqui potenciouse a individualidade do coche, en detrimento do publico, tren, e autobús, no primeiro caso temos unha empresa que tiña que poñerse as pilas, modernizarse e adaptar os servicios as cercanías e as necesidades dos clientes potenciais…se non se fai asi, dende as posturas privacionistas vannos convencer de que ,se hai problemas co transporte público, é porque os traballadores e os usuarios están boicoteandoi.
Se nos queixamos por activa e por pasiva da contaminación, do efecto invernadero fagamos que non haxa tantos coches individuais e si mais traporte público e colectivo.
Se hai que axudar a os país a elexir escola para os seus fillos, subvencionan colexios privados, e mellor si son relixiosos do Opus ou dos Lexionarios de Cristo, mentras a escola publica esmorece por falta de cartos e dun control riguroso dos funcionarios que a atenden. As subvencións ao ensino privado nos últimos 15 anos multiplicáronse por 4, e para niveis non obrigatórios multiplicanse por 20 nos últimos 15 anos , no pasado ano os orzamentos da Conselleria aumentaron o 6% mentras que as subvencións á privada aumentaron un 10,5%. Mentras esto sucede, dise que non hai cartos para comedores, transporte, actividades extraescolares polas tardes, reparacións e melloras nos edificios, gastos de funcionamento, etc.
Somos moitos os que pedimos, unha escola non dependente de intereses privados. Unha escola defensora da liberdade de cátedra, entendo por tal o dereito dos ensinantes a expoñer, sen adoutrinamento, proselitismo nou sectarismo, o seu enfoque persoal na labor docente, dentro do respecto as normas establecidas e as opinións discrepantes. Unha escola xestionada participativa e democrática e aconfesional, donde se promova valores como a solidariedade, a non discriminación e o respeto polo medio que nos rodea.
A cultura non funciona., pois contratamos empresas publicas que “dinamicen” e de paso engordan os bolsos e promocionan a os amigos de turno.
A política de vivenda pública, brila pola sua ausencia en gobernos da deita, ou semiprivatizase con argucias legais, como me dixo un día un político, si facemos moitos pisos sociais, ¿a quen lle van a vender os seus os constructores?
Esta retahíla poderia seguir, pero o peor do asunto é que ademais esta sensación de que o publico e malo e o privado e bo está calando na sociedade a marchas forzadas.
Podemos ver , que nesta franxa costeira, donde vivimos casi todolos concellos teñen privatizados servicios esenciais para o cidadan, auga, alcantarillado, actividades xuvenís, cobro de impostos, o que rara vez significa que funcionen mellor, si fora asi, os cargos politicos elexidos serian os responsables de non esixirlles mais aos funcionarios e persoal contratado, o que si esta craro é que son mais caros para o usuario.
marzo 17th, 2007
Nesta terra,Un home vestido con faldons pode explicar públicamente cousas como que existe un ser superior todopoderoso que mandou a o seu único fillo a morrer por quens no se llo pidiramos e que, encima, resucitou logo. Ademais, existe xentilla que exige o seu dereito de decir públicamente que o sufrimento human forma parte da providencia divina , o que non e mais que unha promocion do masoquismo.
Temos, repito xentiña,que defende o seu dereito a creer en cuosas sin demostración racional algunha, nin visos de racionalidade, facerlo público e recibir subvenciones das administracions por elo.
E respeto todo o antedito, para min teñen dereito a elo, a clave de a libertade de expresión no e oír o que nos gusta sinon a posibilidade real de oír aquelo con o que non estamos de acordo e, ademais, no nos gusta escoitar.
Dende aqui defendemos esa libertade, defendemola para que a poidan utilizar aquelos que dicenos o contrario a nosoutros. Non soio teñen dereito a decilo sinon que deben telo independentemente de que seña unha burda mentira.
Pero…. xentiña de igresia, bispos curas e meapilas varios…pregoan estos dias que a “Junta de Extremadura” non pode publicar un libro de fotografías en contra de ditas creencias. Parece ser, segun estes individuos a quen eu respeto a sua libertade de expresion, que non se pode pagar con diñeiro público algo así, aunque sí, se pode pagar, mirade os periodicos de hoxe, a semana santa o subvencionar creencias medievales, porque, si non, a igresia católica se cabrea, e, por que Torquemada e a sua Santa Inquisicion, desapareceu, si non xa nos tiñan na fogueira.
A libertade de expresión, está por encima de calqueira dios tan irracional e inhumano.
marzo 12th, 2007
AS DUAS ESPAÑAS 
O pasado venres varias localidades de A MARIÑA, foron obxeto de convocatoria de manifestacións por parte d PP para protestar polo de De Juana Chaos e derivados, en Viveiro eran 73, contados, durou pouco, ali estaban os miltantes, no chegaba nin o 25% dos mesmos, según as suas propias fontes, concelleiros actuais e futuros e familiares, polo que se veu por aquí o tema non preocupa nin pouco nin moito nin nada, temos temas mas acuciantes; as ameazas da multinacional ALCOA de coller as de Villadiego, si non lle seguen incentivando o recibo da luz, as comunicacións, a lentitude da sanidade, as malas pensións, o final que se aveciña do sector pesqueiro, e en resumidas contas temas de cada dia, o dos “garbanzos” que decia Fraga cando era xefe da oposición.
De todas formas do que queria falar era do asunto das duas Españas nunhos tempos en que ahora alguns rasganse, sen pudor, as vestiduras por non deixar morer a Dejuana., Eu pido que se aplique a cacareada lei de partidos. Según creo, non na lin na sua totalidade, ponse automáticamente fora da lei todo partido que non condee explícitamente o terrorismo. ¿E qué é o terrorismo? Parece craro que poñer uhna bomba en Barajas, Hipercor, a praza da República Dominicana ou nos trens de cercanías de Atocha, son actos terroristas, a sua misión é provocar o TERROR, o MEDO a través da MORTE, da masacre indiscriminada. ¿Alguén dos manifestantes da praza maior de Viveiro podeme decir que pretendían os que avalaron a invasión de Irak? As armas de destrucción masiva ou as armas químicas, xa sabemos que non. Estou seguro de que xa o sabían cando desencadearon a guerra, pero vamos otorgarllles o beneficio da dubida, vamos supoñer que no no sabían. Ahora sabemolo, Aznar incluido, dixoi públicamente, ¿Alguien do PP pideu perdón ó pobo iraquí, que está soportando mortos día tras día? Terá valor o sr. Aznar de ir depositar, como fixo na praza da República Dominicana de Madrid, un ramo con centos de miles de frores de todolas cores, pois de todalas relixións, de todalas crases, de todolos sexos son os mortos. ¿Foi capaz de decir: Perdón, e que emborracharome en Texas e non fun conscente dos meus actos?. Non, ni no fixo, ni no fará, nin el nin naide do seu Partido, e no farán, porque, supoño, están orgullosos do que fixeron, sexan cales sexan as suas consecuencias.
E por outra parte ¿Era o franquismo menos terrorista que ETA? , causou mais mortos e mais miseria moral que a que nunca causará ETA, probablemente non por falta de ganas. E andan por ahí, manifestandose xente que defende e xustifica o levantamento contra a República, a guerra e a represión posterior, con os argumentos que sexan.
E todo esto, según a miña opinión ven de cómo se fixo a transición por estos lares, en que condicións chegouse ao añorado consenso, como se deron por rematadas as diferencias entre as duas Españas, pode que un pouco a líxera. Sempre que se pon sobre a mesa o ocurrido a morte de Franco, salta algún (sobre todo na esquerda institucional) dicindo, que as cousas fixeronse como se fixeron , é certo, a gran maioría dos españoles estivemos de acordo con aquel proceso que cristalizou coa aprobación da Constitución pactada coa espada de Damócles dun exercito casi golpista, como o demostrou o 23-F, pactada coa presión dunha Iglesia Católica que tamen tiña que rascar, que ademais “otorgabanola” os herdeiros dos que entraron triunfantes en Madrid en marzo de 1939. Todolos que se fixeron ricos e colaboraron con Franco estaban contentos, daba a sensación de que as “duas Españas” se reconciliaran, o que ocurreu foi que unha das partes tuvose que conformar coas migallas, e tivo que esquecer as suas víctimas, hoxe está de moda que, empiringotadas señoras de visón, orondos obispos e fascistas de toda especie saquen de procesión a algunhas víctimas de ETA ( que Ernest Lluch, Enrique Casas, Francisco Tomas y Valiente ou Fernando Múgica tamén o foron que conste), e tivo que escoitar que o olvido dos seus mortos, dos seus represaliados, dos seus torturados foron, o precio político que había que pagar. E o pagaron. Pagamolo.
As duas Españas nunca desapareceron, era un engano, e cando unhos queremos progresar e tirar para adiante aparece a outra coas suas procesións e os seus espantallos.
marzo 4th, 2007
LATRICA MARICA

Latrica Marica ca prima Pepita do díxome, díxome, do sei que dirán. Si foras á festa verías ó primo da amiga Carmela que veu xa do mar. E a filla da Xoana adoece ca envexa pois pensa que teño mil pesos, ou máis. Dixeron que ó Roque, o mestre das obras, fáltalle moi pouco para ser capataz. ¿Contéiche, Marica, do roubo das pitas?. Non foi ningún tolo, ¡fóiche o sancristán! Da mestra contaron,!Qué cousa dixeron!, que ten, hai semanas, amores co Xan. E o parvo do Lope por verme de esguello aguanta dez horas detrás do corral. Pois dígoche, prima, que os fillos da Concha parecen pelexos de fracos que están. E mentras Marica latrica ca prima quéimanse no lume o leite e o pan.
E unha fermosa canción de Emilio Batallan pero dende logo resume abondosamente unha forma de comportase da sociedade das pequenas vilas, pequenas cidades, parroquias e aldeas deste norte mariñan onde segue a funcionar aquelo de que “Si eres …porque eres, e si non eres porque non eres”, a murmuración.
Murmuracións, xuizos infundados, mentiras e trampas, son o prato forte do noso pan de cada día, do que naide, ou case naide está libre, e tan fácil votar a pacer a lingua, soltar a mentira, dio que algo queda….e asi cada cal ten o seu particular San Bieito do ollo redondo.
O Libertador Simón do que tanto fala hoxe en dia o Chaves venezolano seique deixou dito “”El chisme y las murmuraciones es lo mas pernicioso que existe, pues su labor nefasta es sembrar odio y rumores hasta destruir los lazos mas fuertes de amistad”
Realmente non sei si Bolivar chegou a decir estas parolas, pero o que si é certo que o Chisme e as Murmuracións no son novos, escritores e xuntaletras dedicaron abondosa producion ao tema destos vicios .
Nesta bisbarra dos nosos pecados a murmuración e o “chisme” veñen en compaña da adulación e o “Todos son iguales ante o trafico de influencias e a corrupción do ladrillo e da outra”
Hoxe, o Chisme, Murmuracions, Adulancions, Desprestixio (Incluen anónimos) estan o orde do dia. Un que sofre e sufriu esta “maldición” poderei encher paxinas enteiras contando os exemplos varios e variopintos, vou deixar un que teño moi recente, no que se mistura, ademais a política mal entendida. Fai unhos anos, cando gobernaba o PP, unha empresa do estado propuxome un negocio atendendo o bo facer do noso establecemento, pois a cousa fraguo e enton un deses segundóns, que sempre pululan polas empresas do estado, goberne quen goberne, foi correndo a Madrid a decirlles os responsables políticos da cousa que ¿Cómo le dais a ese el negocio? , si es un comunista perdido, un rojo de mierda, aquel segundón, non por min si non pola sua incompetencia foi destituido do cargo polos do PP, cambio a tortilla, chegaron os do PSOE, e voltan a nombrar ó segundón e desta vez con mais poder e agora o mencionado individuo dicelle a quen o quere oir que eu son un nazi, un dictador, ultradereitista etc, etc, como ven un convertese por mor da murmuración unhas veces nunca cousa e outras en outra ben distinta, asi un pode ser…un arruinado, ten todo embargado, non paga ós empregados e é un narcotraficante que se fixo rico traficando coa fariña, por certo este ultimo e o insulto de moda adicado a todo aquel que parece que ten catro pesos e medio, un soio decir aquelo xa tan vello de Angel Montes que decia “Teño todo o capital invertido en deudas”
Dende aquí vos invito a loitar, contra estos vicios perxudicias no pasado, no presente e a bon seguro no futuro.
marzo 2nd, 2007
Manifesto de un Xuntaletras 

1. Como autor deste blog son respetuoso con a palabra, a libertade e a democracia.
2. Son a miña palabra. Trato de ser coherente entre o que penso e o que sinto, como con o que digo e o que fago.
3. Teño un blog por o meu deseo de expresarme libremente, de decir o que queira con responsabilidade.
4. Son independente dos meus intereses e dependente dos meus principios. E si teño intereses, no nos ocultarei a os meus letores.
5. A manter o meu blog son conscente de que perteñezo a un entorno ante o que teño dereitos, deberes e responsabilidades.
6. As miñas palabras non necesitan que as defenda con accions más alá da palabra mesma.
7. Repudio públicamente os ataques a o meu blog ou a calquer outro blog. Si ataco por a vía dos feitos a outros, estou admitindo a miña imposibilidade de argumentar.
8. Respeto tanto a o outro como respeto a os demais. respiro o mismo aire e eso ponos a o mesmo nivel.
9. Formo parte de unha xeneración que, sin importar a idade, aprendeu a expresarse libre e tranquilamente en un mundo hostil. E algo que ganamos a pulso e con sudores e non estou disposto a renunciar.
10. Poido ser militante en calqueira dos extremos do pensamiento ou das creenzas e debo poder ter a certeza de que non serei agredido por elo.
11. Poido equivocarme unha, poucas ou moitas veces; pero sempre terei a humildade de recoñecer os meus erros.
12. Farei este texto meu con ou sin estas palabras. Cada cal podese adherir a él con as palabras que sinta mais perto a sua forma de expresarse.
13. O meu compromiso con a libertade de expresión e irrenunciabel e inembargabel.
14. Perteñezo a esta terra, a mesma, na que moitos morreron por a libertade. Quizabes, ben pensado non dé a miña vida por o blog, poucas cousas valen tanto como unha vida… pero entregarei as miñas forzas por a tolerancia da palabra allea. Son libre, son blogger.
ESTE MANIFESTO ANDA POLA REDE:::EN OUTROS IDIOMAS:::E CON DIFERENTES PALABRAS:::EU ADAPTEINO A O MEU SENSO::::ESPERO QUE VOS SIRVA.
febreiro 4th, 2007


Cando xa esta casi todo o peixe vendido e tódolos partidos e semellantes teñen sobre o tapete as suas cartas da baralla para xogar a partida de tute do próximo mes de Maio, onde os gañadores teran o premio de gobernar os destiños dos seus veciños perante catro anos, e tamén, de paso cobrar soldos, dietas e demais prebendas que veñen aparelladas ao cargo, danos, dende esta tribuna intanxible, por facer unha reflexión sobre o convinte que é levar bos compañeiros de viaxe nas listas electorais, para que despois non nos pase o de Ribadeo, onde, como di o refrán, cada un paga o seu, pero que nesta ocasión os personalismos, malas mañas e peores cataduras van deixar os catro meses que restan hasta as eleccións municipais nunha situación moi complexa para o goberno bipartito (PSOE-BNG), despois dunha lexislatura que mais pareceu unha larga travesía polo deserto que outra cousa.
O asunto comeza cando o alcalde Balbino Pérez Vacas decide non incluir na proxima terna ao concellal e diputado provincial Santiago Fernández Reinante, este, como se nun colexio de primaria se tratara, e non na casa do concello, empeza a soltar pola sua lengua fogo envenenado como o que din votaba a diario o dragón de San Xorxe, hasta o de onte donde neste diario ven a ofrecerse ao PP para unha moción de censura, un, cando pola mañá cedo lé estas cousas o certo é que non sabe se rir ou chorar, si vomitar de noxo ou facerse anarquista individualista que volta a estar de moda.
Non é este o único caso, temos, casi un en cada concello deste norte lugués, o que pasa é que se manteñen en segredo, non saen de onde non teñen que sair e si saen cortase polo sano, pero hainos a esportas cheas, e un sabe dunhos cantos.
Por iso, é hora de que os vellos e novos candidatos se poñan as pilas e miren ben as compañas que escollen, como facian os nosos antergos cando na feira vendian e compraban gando, palpenvanlles os ubres, mirandollelos dentes…non vaia a ser que sexan defectuosos, e despois tiren patadas.
Un non é nada partidario de candidaturas endependentes, nin sequera de candidatos independentes, mais ainda, creo que tanto nas dereitas como nas esquerdas, ademais de pagar a cuota e ter o carnet, farian falta unhos cursilliños de adaptación e ensinanzas políticas mínimas para que non suceda o de agora onde da vergoña o nivel medio dos políticos da nosa bisbarra, e, que conste que non propoño, nin moito menos que os candidatos do PP teñan que ter lido e entendido as obras completas e discursos de Fraga, Aznar e outros teóricos liberais ….nin que os do PSOE, teñan que ter lido O Capital de Don Carlos, nin sequera en versión reducida nin moito menos o escrito polo linotipista ferrolan emigrado a Madrid Don Pablo Iglesias, …Tampouco os do bloque, e mira que e ben sinxelo, ter lidoo que eles consideran a Biblia de Castelao, Sempre en Galiza, nin sequera o mítico “O atraso económico de Galiza” de Beiras….non fai falla tanto…pero un pouquiño de “sentediño común” e catro reglas políticas,virian de gloria a Tiros e Troianos.
Non é suficiente, ainda que agora está de moda, que os candidatos sexan xovenes e que teñan unha carreira universitaria, os títulos están para colgalos da parede, no caso dos vanidosos ou para gardalos nun caixón o resto, os títulos, nesta terra nosa, seique, cada vez menos, serven para encontrar traballo e sobre todo para facerse funcionario, non son sinónimo de cultura nin siquera de intelixencia, e menos de xustifiacion de bo traballador e de cidadan exemplar, asi que amigos candidatos, non se fien e a escoller ben as compañas.….
xaneiro 28th, 2007

Cada día que pasa creo menos nas estructuras intermedias. Levo tempo repitindo, a quen me queira escoitar, que me sinto un home de todo o mundo mundial, pero tamén desta pel de toro a que chamaria Iberia, España e Portugal incluido, de Galicia,…
Estou convencido que para aspirar a un futuro diferente, e apostamos por un modelo social distinto ao que actualmente nos condiciona, e queremos manter algunha esperanza sobre un mundo maís xusto, sólo dende a aldea é posibel o cambio.
Cada persoa ten diversas aldeas de referencia, para min teño, polo menos duas que teñen unha significación moi especial; aquela na que nacín, na que vive parte da miña familia, a que añoro cando levo un tempo sin cheirar o seu mar; e aquela outra na que vivo e traballo, na que estou desenrrolando o meu proxecto de vida. Sintome identificado con aquel vello refrán que di que o home de é de donde nace e de donde pace. Teño outras aldeas, xa secundarias. Unhas paseadas, como Luxor, a Tebas do Egipto faraónico; ou Barcelona, na que me fixen adulto, co seu inigualabel barrio gótico, Zaragoza, Oviedo… Outras soñadas, como Cuzco, Nueva York, Mexico ou Berlín. Pero sempre aldeas, soio aldeas.
Todalas persoas temos unha visión do mundo ou mais ben de como nos gustaría que fora o mundo. Ese mundo tan desigual, ese mundo tan inxusto, ese mundo sometido, ese mundo do que moitos sentimonos fora. Ese mundo que todos decimos querer cambiar.
Pois ben, estou convencido que soio dende a aldea é posibel avanzar de cara a un cambio da estructura social e económica mundial. Soio os aldeans, dende o concreto, dende o local podemos influir no cambio global.
¿Estado? ¿Nación? ¿Nacionalidade? ¿Rexión? ¿Comarca? ¿Continente? Aldea, soio aldea. Aquela frase de “ Pensa global e actua local”, ben que nin pintada para a ocasión, falei de diferentes aldeas, donde nacin, donde traballo, donde medrei como persoa, donde soño… Pero, quizabes me deixei no tinteiro as mais importantes: as aldeas que surxen das persoas que coñecen e manteñen un proxecto común, poden ser temporais, dinámicas, pero son as que van permitirnos actuar en mais frentes. Outra xente chamalles”redes sociais”.
Esta reivindicación da aldea trata de ser un alegato a esperanza, unha visión sin asperezas do que é ou pode ser este mundo cheo de arestas e mala leite.
xaneiro 14th, 2007


Alá cada cal con a sua concencia….. soio espero que alguns non poidan dormir tranquilos..
Onteestivemos todos os demócratas en Madrid, auque non poideramos estar físicamente.
A Vanguardia publicou un artículo de Manuel Castells “¿Negociar con ETA?”. Recomendo a sua lectura , copio alguns anacos:
“Claro que ETA está debilitada, pero la idea de su exterminio sin concesiones de ningún tipo es, en el mejor de los casos, una historia que nos contamos para no tener que aceptar la dura verdad. Y en el peor de los casos, una táctica política partidista de la peor estirpe, porque con los muertos no se juega.”
“Por tanto, la negociación, cuando y como sea, no es una opción, sino una necesidad. A menos que estemos dispuestos a que Euskadi, y por tanto España, vivan con la lacra terrorista generación tras generación. Con todo lo que eso significa como elemento distorsionador de la vida política y la convivencia civil.”
“No tengo información confidencial, pero por lo que me cuentan unos y otros, parece obvio que si no se puede confiar en ETA, habrá que influir en su entorno para que su entorno influya en ETA, tal como apuntan las declaraciones de Otegi y su eco en el surrealista comunicado de ETA donde sostiene que mantiene el alto el fuego permanente.”
“De modo que la ETA dialogante tiene que surgir de esa evolución interna que puede ser favorecida por la presión de su entorno político, su única conexión con el mundo real. Y ese entorno puede ser influido por el nacionalismo vasco democrático, a condición de que ese nacionalismo tenga anclaje en el sistema político español. Por tanto, es mediante esa serie de vasos comunicantes que se puede ir estableciendo un flujo continuo en que iniciativas y propuestas circulen en los dos sentidos. Lo que se ha terminado es la vieja idea de González, de Aznar y también de Zapatero de enviar a sus expertos policiales y de asuntos vascos a verse las capuchas con ETA en alguna trastienda europea y arreglar eltema como en una partida de póquer. Con el detalle, en el caso de Zapatero, de que sometió su decisión de diálogo al control de las Cortes, como debe ser.”
Dende logo esto e falar clariño, e deixarse de trapalladas e demagoxias. Comparto a opinión de Castells e creo que somos moitos os que pensamos o mesmo no no pregoan, moitas veces por unha falsa prudencia.
xaneiro 12th, 2007


A política e unha actividade necesaria e interesante, porque de ela depende a educación dos
nosos fillos e netos, a nosa saude, a nosa seguridade e calidade de vida…, e tamén unha actividade global, porque abarca toda a vida do cidadan. Todo e política. Por eso, non acepto, baixo ningun xeito a figura do político profesional, negome a recoñocelo como tal e para min, nunha sociedade autenticamente democratica e xusta o paso pola política institucional do cidadan debe de ser pasaxeiro.
E repito esto un dia coma hoxe…despois de leer nos papeles declaracions, mais propias de politicos de centro Africa, que desta Europa a medio facer…donde a ausencia de ideoloxia e coerencia politica e todo unha realidade….¿Pero donde pensan que estan estes homiños cando dicen…e si non voume do partido e presentome por independente….si ustede a cagou, vaise para casa co faciana chea de vergoña e deixe a politica para xente que poda levar ese sustantivo.
xaneiro 5th, 2007


Nos últimos tempos pululan pola rede páxinas, diarios e blogs co nome de LIBERAL, Libertade Dixital, Galician liberal. La Coruña Liberal e un largo etc, que ten tamén nesta bisbarra claros expoñentes, si non teñen no titulo o nome, utilizano de subtitulo, vamos…liberais a esgallo.
E que é moi facil e cómodo decirse liberal, na maior parte dos casos, nesto tamén temos algunha excepción confirmadora de regla, na realidade estes liberais de pacotilla o que realmente son e ultradeitistas descerebrados, ou mellor, pobres descerebrados.
Agora o que “mola” maís entre o pijerio e decir que eres liberal,. O certo é que ser liberal e comodo e está cheo de ventaxas.
A primeira delas é que non te poden criticar porque para eles ningún goberno é liberal, nin o de EE.UU., nin o de Gran Bretaña, nin siquera os do PP, locaes, provinciais e autonómicos, ningún; co que poden adicarse tranquilamente a vilipendiar ó resto de tendencias, as que non dubidan en etiquetar daquela forma: comunistas, socialistas, nacionalistas, etc.
A segunda é que todo o mundo sabe de sobras que un liberal non ten prexuicios como o resto dos mortais que teñen unha visión do mundo constreñida por condicionantes educativos e presións do entorno intervencionista no que viven. O colectivismo é o que ten.
A terceira é que dase por suposto que todo o que tes ou eres ganachelo ti mismo sen axuda de nadie die, incluso superando os obstáculos que pon día a día o Estado por medio das distintas administracións, para tratar de que non te desenroles como persoa.
A cuarta é que polo xeral, debido a que as suas ideas orixinanse directamente do coñecemento científico (non como as dos roxos que son soio ideoloxía), sempre son avaladas por algún organismo prestixioso. Xa saben vostedes, e sinon preguntenlle a Aznar, que a esquerda crea fundacións esbirras do partido e os liberales institutos de pensamiento libre.
Por todo iso e moito maís eu berro cun aturuxo ben grande dende o Penedo do Galo “¡Saude e emancipación social, con moita intervención do estado na esfera económica, e que os liberais vaian a fritir espárragos, si son trigueiros mellor que mellor, e mentras tanto que sigan exercendo de extrema dereita co antifaz de liberais.!