Archive for the OPINION category

decembro 31st, 2006

2006, UNHA BOA COLLEITA EN VIVEIRO.

Posted in OPINION by oteroregal

20051113135312-estrellas.jpg20051113135312-estrellas.jpg20051113135312-estrellas.jpg

2006 UNHA BOA COLLEITA

Non estamos a falar do bon viño, senon do trascurrir da política municipal en Viveiro,que seguindo aquela máxima do partido que perdeu as elecións e que perante vinte anos nunca presentou un programa electoral, a nivel local, limitabase a sacar unha revistita, eso si, a todo color co eslogan de OBRAS SON AMORES….., que a maledicencia popular veu de bautizar como “A HOLA DE AJA”, tamen imos a falar de política, ou seña “Do bon goberno da civitas” onde , sen lugar a dubidas a consecución de obras, infraestructuras e benestar para o presente e o futuro é algo importante e que debe ser tido en conta.

E ben sabido que o goberno municipal de Viveiro foi marxinado, dende o primeiro día de chegar á casa grande da Praza Maior por parte da Xunta de entonces e polo Goberno Central, so cando empezou a cambiar a tortilla tanto en Madrid como en Santiago empezaronse a notar que as cousas estaban cambiando, e sobre todo que a Viveiro empezaba a terselle en conta, asi as cousas este 2006 empezanse a notar na vida cotian, nas ruas, nas beiraruas e nas corredoiras que as cousas foron a mellor.

Xorxe Wagensberg, centifico que a pesares do apelido era desta “pel de toro”, deixou definido que “Esquerda: iniciativa colectiva para beneficio colectivo. Dereita: iniciativa privada para beneficio privado”. Precisamente, según a miña humilde opinión, os gobernos de esquerda teñen que caracterizarse pola sua vertente social, e é neste punto onde se perciben maís diferencias entre os 20 anos de Cesar Aja e os casi catro de “O Bipartito”, Centro de día, onde se atende a veciños con males como o alzheimer e similares, Oficina da xuventude e noites alternativas, como posibilidade de que os nosos xovenes teñan outros entretenementos maís alo do botellón e a rua, Oficina do Emigrante, agora que xa temos centos de conveciños procedentes doutros lugares do mundo, Atención as mulleres maltratadas, que como o caso das bruxas “Habelas hainas”, actividades para os nosos maiores, posta ó dia e mellora obtensibel do centro de servicios sociais, eso xa está levandose a cabo, pero ademaís está a caer ese Centro de dia a situar en Celeiro, nas antigas escolas, e sobre todo a maneira de trarar os contribuentes, non como basallos senon como xente con dereitos e deberes.

Perante tres anos a oposición cansouse de repitir día si e día tamén aquelo tan manido de “Estes non fan nada”, pois a realidade é ben distinta e o cidadan, por moitas rodas de prensa que se fagan, veo de cotian, Sobresaen algunas cousas maís alo dos rebacheos de carreteras e corredoiras, que por primeira vez estanse a pavimentar carreteras locais con aglomerado e non con gravilla que nos tiña acostumados, trazouse e agora sae a subasta a redacción do proxecto da chamada Circunvalación de Viveiro, sen protestas, tendo en conta ós veciños, todo un exemplo de dialogo, estase a arranxar o paseo marítimo de Viveiro, que por falta de control da administración local anterior, a empresa constructora deixarao feito unhos zorros, tiraronse, e vaise seguir, varios galpóns do vello porto de Viveiro, para recuperalo para a cidadania, por fin vaise arranxar a Rua Lavandeiras, A subida a Santa Alvites, O tantas veces prometido e nunca cumplido Polígono industrial xa esta en tramites de subasta de proxecto, estase a convertir a zona monumental de Viveiro, nun sitio para vivir, con novas zonas de lecer, pintado e cuidado das fachadas, creación de espacios etnográficos, restauración do conxunto monumental, parques como o do entorno de San Francisco, Horta dos Calvo Sotelo,mercouse por parte de Vivenda da Xunta varias casas en ruinas para restauralas e convirtilas n vivendas protexidas para xovenes. Tamen outras partes do concello viron mellorar o seu entorno, O campo de Pascua en Covas, todo o entorno de Lavandeiras en Celeiro…e moitas mais cousas que nos quedan no tinteiro, pero que están ahí, soio os cegos as podian negar, por iso un cre que o ano 2006 foi un ano de boas colleitas para o concello de Viveiro e por añadidura do pobo entendendo como conxunto de cidadáns que viven nel.

Claro que ainda é de ben nacidos ser agradecidos, tamén debemos azuzar ós gobernantes para que o ano que ven seña ainda mellor.

 

decembro 30th, 2006

ATENTADO DE ETA…………

Posted in OPINION by oteroregal

 larazon.jpglarazon.jpglarazon.jpg

“Amellor forma de vengarte dos que te inxurian e que non os imites”

 ATENTADO DE ETA

DEMOSLLE TEMPO O TEMPO

A experencia dicenolo….pasou noutros lugares donde existiron grupos terroristas….Cando as propostas violentas xa non teñen camiño por donde andar, a parte mais moderada ou a parte politica do grupo, pasou tamen en Irlanda…tenta chegar a un acordo negociado de paz co goberno de turno e coas outras forzas politicas….en todo grupo sempre existe un grupo de TUZAROS….que non queren ningun acordo…non queren a paz….queren seguir matando…ao fin e o unico traballo que teñen e saben facer antes de pasar decadas nas cadeas…..

Quero entender, por como sucederon as cousas….non oubo aviso de final da tregua…nin comunicados previos nin gaitas….que o que esta a suceder con ETA e o que indico arriba…..dentro da organización existe un lado coa formación politica que os ampara que queren negociar, legalizarse e presentarse as elecions municipais, e facer politica…….e por outra na banda existe un núcleo duro dentro de ETA que quere sangue……sucedeu tamen en IRLANDA….por eso me parece ben que se corten as negociacions mentras non se aclare o asunto…pero demoslle tempo o tempo…porque o fin ou e negociado ou non sera…..por mal que lles pese os da COPE, EL MUNDO DE PEDRO JOTA, RAZONS E ABCS e AS libetades dixitaes e outras lerias….. “HUESTES DO SEÑOR ZAPLANA AZEBES E O RAPAS DE PONTEVEDRA….MARI ANO……incluidas…….

decembro 24th, 2006

TOCOUME A LOTERIA…………………

Posted in OPINION by oteroregal

scf4337-038.jpgscf4337-038.jpg

Pois sí, estimados lectores, esta mañan a miña vida deu un xiro de 360º, como diría algún famosiño ben informado. E, como e a primeira vez que me toca algo, vou e contoi: foron nada maís e nada menos que 400 euros, correspondentes a unhas participacións de lotería do PSOE de Viveiro que me vendeu O Paxariño.

Pero, amigos e coñecidos, agora poido afirmar de certo que o diñeiro soio trae problemas….. Non sei si comprarme unha aldea deshabitada no Caurel ou no Concello de Ourol, que tamén as temos, encargar un lifting a gata Moñoña , que cada día esta mais gorda, ou degustar algún deses “delicatesssens”, que soio os ricos e poderosos soen facer por estas datas, como o de comer as ovas dalgún peixe do mar negro ou similares.

Pois ben , hoxe e noiteboa, e maña Nadal, nosoutros na aldea cantabamos voz en grito mentras pediamos o aguinaldo : Xenorosiña, Xenorosa hoxe é noiteboa e mañan Nadal, agora as cousan estan cambiando a velocidades vertixinosas, quizais onde maís se manifesta esta situación é nas novas modas e símbolos destas datas: Por todas partes vexo papás noeles aforcados nos balcons. Qué cansado resulta, dende logo alguen estase forrando vendendo os muñequitos de marras.

Tamén pululan por todalas ventas de pobos e aldeas as luceciñas de cores que adornan as árbores de Nadal, e pensar que este rito nórdico, previo ao cristianismo en orixen o que se colgaba dos arbores verdes, abetos en concreto, eran as cabezas cortadas dos enemigos, o que cambiaron as cousas. Nosoutros na aldea nin tiñamos gordos deses vestidos de roxo, nin sabíamos que existiran, nin árbores con luces, tan so cando xa tiña unhos 8 ou 9 anos, xuntaronse as mozas da parroquia divididas entre as de arriba e as de abaixo ó igual que no anuncio, para dar brilanted a igrexia parroquial, que era o único en común que tiñamos. Unhas as do norte foron a Viveiro e en casa de Paco Fanego mercaron un Belén de figuriñas de barro pintado en cru, e montarono na capela da dereita, cantaronse panxoliñas, recitouse poesias e outras lerias, as do sur que estaban xunto o mar, deulles por pedir para comprar unha lámpara de cristaliños para colgar do teito da igrexa, todo moi bonito e fermoso.

Onte, din que foi o día nacional da saude, pois si non che tocou a lotería, sempre nos queda aquelo tan manido de “o importante é ter saude”. Un que anda un pouco pachucho últimamente, adelgacei 14 kilos, por mor dun virus deses raros que me ataca ó figado. Así que, queridiños Reises Magos, a pesares de que un é republicano confeso, si por azares da vida a miña vontade fraquea e ocurreseme pedirvos ese portátil novo, ou esa Nikon tan… desexable, tan sicalíptica, ou a paz mundial, quero lembrarvos que nin puñetero caso, de certo, que o que quero e un pouco de saude, tampouco quero pasarme y deixar aos demais sin nada, pero unha pouca mais que este ano sí, ¿eh cabroncetes? Ah, e biquiños ao Baltasar, que e con diferencia o mais fermosete, e a vosoutros amigos e coñecidos lectores que me aguantastes todo o ano, pois dexarvos todo o que cada un pida para o seu futuro e o dos seus achegados.

Otero Regal

 

decembro 17th, 2006

CHINESES, COMERCIO TRADICIONAL E SUPERFICIES COMERCIAIS

Posted in OPINION by oteroregal

  Nos últimos tempos abriron en Viveiro e comarca unha ducia de tendas de chinos, e certo que xa fai unhos anos que chegaron á bisbarra, pero agora os establecementos rexentados por chinos, sobre todo hostelería e tendas de Todo a 100 ou similares, medran como as setas en outono.
Contárome que un solitario local comercial e tradicional, dos de toda a vida, puxo un cartel na porta que decia “cerrado por cambio de existencias” que traducido en “roman paladino” quería decir: “cerrado porque me foderon a existencia”.
Adoitan ocupar locales enormes polos que chegan a pagar unhos alugueres desorbitados. Non é normal a cousa. Un pode imaxinar para que o fan, pero nunca como o fan.
Contan as malas linguas que a Fulano, un comerciante do barrio moi antigo no gremio presentaronselle unha maña dous chinos con traxe e corbata e un maletín que contiña 30 millons das antigas pesetas, os de ollos rasgados espetaronlle “vostede maña xa no veña a traballar”. Dicen que contestou mentras collia o maletin dos cartos “sí, señor chino, o que vostede diga, señor chino”.
Venden todo tipo de artículos tirados de precio: material eléctrico, CD’s, cadros, mantas, crema depilatoria, anxeliños de porcelana, etc., e están abertos todo o día, incluso os domingos e festas de gardar que eles, non recoñecen como tales.
Sempre temos un roto para un descosido, si o domingo, deunos por exercer de chapuzas e precisamos urxentemente unha sarxenta, dous rollos de cinta de carroceiro e catorce tacos do oito. ¿Dónde comprar todo iso? Pois no chino.
Que tes a mala sorte de que duas persoas as que detestas che invitan á boda. ¿Vas  a ver a lista de bodas que puxeron na tenda de Regal na rua Pastor Diaz?, perdon pola publicidade subliminal, pois non. Calquera tontería que compres no chino fará ou casi o mesmo papel e ti quedarás como o que eres: unha rata. Pero recorda que os detestas, así que de eso se trata, precisamente.
¿Qué se están cargando o comercio tradicional? Evidentemente, pero tamén xa o fixeron e segueno intentando as grandes e medianas superficies comerciales, co seu marqueting luces e demais parafernalia que nun pais como o noso onde non existe unha cultura do consumo, nin existirá porque é algo que se debería ensinar nas escolas, ó igual que outras carencias para vivir en sociedade como é a estética e a cultura do esforzo ou traballo, pois son estas microempresas os reises do mambo.

Agora que os concellos, xuntas e outras lerias están a crear centros de interpretación de casi toso, doulles unha idea, creen en cada vila un centro de interpretación do comercio tradicional, algunhos sectores como o da alimentación xa desaparece na sua totalidade comido como peixe pequeño polos grandes supermercados, perdeuse tamen a plusvalía xerada nestes negocios que revertia na aldea ou vila donde se encontraba, hoxe as plusvalias van dereitiño e sin tardar a Alemania, Francia, Pais Vasco e incluso ó outro lado do Atlántico.

O peor do asunto é que isto  fixose cos gobernos da dereita, vexan sinon as sucesivas leis de comercio donde pouco a pouco se desfixo a infrestructura do comercio tradicional, pero agora, a pasada seman rematouse o feito dando liberdade de horarios, primando os metros de establecemento en vez da calidade e o servicio, supoño que lle lo agradeceran os constructores e outras trapalladas.

Despois veñen os políticos ofrecendo subvencións para o pequeno comercio, as subvencios son para aqueles profesionales das mesmas, non para a xente emprendedora e traballadora, non son a solución, esta ben, como en Cataluña por unha extratexia da administración no senso de primar ó comercio tradicional e parando a expansión do grande.

Mentras tanto agora e eiqui seguimos a convertirnos noutra Arxentina calquera, e asi nos vai.

Otero Regal

decembro 10th, 2006

DOBLE VARA DE MEDIR………………………..

Posted in OPINION by oteroregal

anti-corrupcion.jpg  O Tribunal Supremo e o tribunal de última instancia en tódolos  casos e as súas decisions sólo poden  deixarse sin efecto cando o Tribunal Constitucional encontre algunha lesión dos dereitos e liberdades constitucionais. En tódolos s demáis casos, non e posibel apelar ou recurrir unha decisión firme do Tribunal Supremo.

Ademáis coñece e decide os procesos de responsabilidade civil ou penal contra o Presidente e os Ministros do Goberno da Nación, os Senadores e Diputados das Cortes Xerais, Presidente e Maxistrados do propio Tribunal Supremoe Vocais do Consello Xeral do poder Xudicial, , Presidente e Maxistrados do Tribunal Constitucional e outros integrantes das institucións do Estado e das Comunidades Autónomas.

Asimesmo, coñece e decide os procesos de ilegalización de partidos políticos, a instancia exclusiva do Ministerio Fiscal ou do Goberno, requerido a elo por o Senado ou o Congreso dos Diputados.

Tamén coñece e decide os recursos ordinarios e extraordinarios previstos pola Lei contra as resolucións dos tribunaes inferiores.

Ata eiqui o catecismo para seguir expoñendo as diferentes baras de medir dalgús dos nosos políticos da dereita de sempre.

En Madrid  o Tribunal Supremo  emiteu un auto no  que considera que non hai trabas para que os partidos políticos e a formación ilegalizada Batasuna teñan contactos sempre e cando no haxa unha “orde expresa” que os prohíba.
O auto rexeita así una querela presentada a raíz da reunión de dirixentes socialistas vascos con integrantes de Batasuna o pasado 6 de Xulio.
A resolución do Tribunal Supremo,  avala por tanto as reunións coa formación de Arnaldo Otegi, motivou que, sin tardar, que o xoves o presidente do PP, Mariano Rajoy, opinase que “non e moral” falar con ETA de Navarra ou de “facer algo parecido ao plan Ibarretxe”.

Por aquí tamén temos noticias do Tribunal Supremo, que decideu archivar unha das denuncias presentadas pola Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo contra  senador del PP y ex alcalde de Viveiro César Aja por presuntos delitos de prevaricación, tráfico de influencias e malversación de caudais  públicos, que resumindo, ven sendo  a contratación de persoal para o Concello no ano 2004.

A fiscalía consideraba que as contratacións se fixerana dedo, sin proceso selectivo que cumprira os requisitos exigibles de igualdade, méritos e capacidade para o acceso a  función púbrica, ó parecer Cesar Aja fixera « uso de diversas argucias» co oxetivo de incorporar os contratados á  plantilla fixa do concello, ou sexa a dedo e”per secun, seculorun”.
O Supremo recoñece que «aunque non se cumpriron por Cesar Aja con pulcritude os requisitos» exigidos en materia de contratación laboral, «cremos que non se trata dun delito de prevaricación administrativa”no nembargante atopámonos ante un delito de prevaricación administrativa ». Os señores xuices do supremo engaden que «non basta unha mera irregularidade administrativa, sinon que la resolución dictada ten que ser evidente, flagrante e clamorosa”
A Cesar  aja quédanlle aínda pendentes outras tres imputacións do fiscal no Ttribunal Supremo e un recurso do fiscal ante o xulgado de Viveiro por non admitir a trámite o asunto da compra do Pazo da Misericordia, que dicíaa que era para un Parador de Turismo por uns cuarenta millóns máis que no que estaba tasado .

Por parte da Dereita de por eiqui todo foron boas palabras para a decisión do Tribunal Supremo, o contrario do que suceu en Madrid, ¿En que quedamos pois? Os do Tribunal Supremo son bos cando deciden que meter a mitade do persoal do concello a dedo a amigos e simpatizantes e son un desatre amoral cando dicen que non é delito que os partidos reúnanse , anque seña co demo para lograr a paz.

Outro politico, tamén de por eiqui deixouno craro: “O que chama a atención e a dobre moral do Partido Popular, que cando as sentencias no  gustan,  poñenlle dificultades”.
Otero Regal

novembro 27th, 2006

s, no meu nome………………..

Posted in OPINION by oteroregal

en-un-pueblo-ruso27×22.jpg Ante  a cantidade de manifestacions, manipulacions e outras trapalladas encol do chamado “proceso de paz” quero deixar craro a miña opinión, que creo que comparten a inmensa maioría dos cidadáns que anque facemos menos ruido non por eso temos menos razón e dereito a opinar.

Creo que o Goberno  está plenamente lexitimado para levar a cabo o proceso de diálogo con ETA.polo tanto si ten éxito como si fracasa no intento de acabar dunha vez por todas co terrorismo é que non teñamos mais vitimas del, o goberno está actuando no meu nome. ¿O por que?

 

1.- Porque son tan cidadán como as víctimas, e como quenes se agachan tralas victimas ou van delo e non o son, ó meu parecer pesa, polo menos, o mesmo có deles.

 

2.- Porque creo que a política está para que os cidadáns solucionen os seus problemas, un deles, dos máis importantes é o terrorismo por eso deben de ser os politicos quen argallen a súa solución.

 

3.- Porque o alto ó lume de ETA , é de por si, o comenzo dunha rendición, e calquera goberno que non negociara neste momento seráa un goberno irresponsable, recordo que gobernos anteriores estaban negociando con ETA  achegando  centos de presos ó País Vasco sin ningunha garantíae antes de que se cumprise o cabodano do asasinato de “Miguel Ángel Blanco”.

 

4.- Porque creo , como dice a Constitucion, que o noso sistema penal non é unha venganza pública, sinón  un sistema de castigo e reinsercón, polo tanto, no meu nome se pode dar beneficios penitenciarios a xentes de ETA, que acrediten arrepentemento e reinserción  para elo aorganización terrorista ten que seguir dando exemplos de abandono da violencia, e si non o fai débese engadir unha pausa nas negociacións.

 

5.- Porque creo firmente que non existe outra forma de negociar a rendición dunha banda terrorista que pagando un precio por elo, a historia de aqui e de acola, danos bos exemplos delo, ese precio sempre é político. O que se ten que establecer  e ese precio e ata donde se pode chegar e non pasar, eso teno que decidir a sociedade no seu conxunto, a través dos cauces establecidos na constitución e no seu desenrrolo. Nese proceso naide ten máis peso cós demáis, nin siquera aqueles que se consideran máis patriotas e españois ca ninguén.

 

6.- Porque outros gobernos tentárono antes negociando cos terroristas, os gobiernos que presidiron “Felipe González” e “José María Aznar”, quenes agora, con cinismo e resentemento, critican a “José Luis Rodríguez Zapatero” por tentar facer correctamente aquelo no que eles fracasaron.

 

7.- Porque non son un hipócrita fariseo.

 

8.- Porque son un demócrata convencido .

 

9.- Porque confío no Goberno  e sei  que non vai dar ningún paso que supoña mermar a calidade das nosas liberdades.

Por todo eso berro desde este norte galego utilizando estas  páxinas: SI ,NO MEU NOME

novembro 22nd, 2006

CONTENTO….PERO MENOS…..

Posted in OPINION by oteroregal

solo6_especulacion.jpg  Os que queremos unha Galiza para vivir….os que queremos que os nosos netos disfruten dos nosos mares, nas nosas ribeiras, do noso paisaxe e do noso paisanaxe, os que non queremos que este norte galego se combirta en unha terra de segundas vivendas, en un expoñente do mal gusto urbanistico e arquitectonico despertamonos hoxe un pouco mais ledos……as normas urxentes presentadas este martes pola Consellería de Política Territorial. A conselleira María Xosé Caride explicou que os municipios que non adaptaron aínda á lexislación vixente,o que dende logo dice ben pouco dos nosos alcaldes….sexan estes tiros ou troianos….. todos agás oito do interior do país, deberán deter as novas edificacións que estean no espazo de 500 metros desde a ribeira do mar de cara a preservar os valores paisaxísticos e a riqueza natural da costa galega, mentres non se completa a adaptación do planeamento urbanístico ás novas leis. Ata aqui a cousa me pareceu CARALLUDA….Agora ven o que non me gusta tanto “A Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia, chegará así brevemente ao Parlamento para corrixir algúns dos problemas máis urxentes que foron detectados. A Xunta agarda que se poida aplicar xa no segundo trimestre de 2007…..Ou sexa que os SIMBERGONZAS da especulacion teran tempo abondo para deixarnos a costa feita unhos zorros….¿porque non se decreta que tal prohibicion empece oxe mesmo? Non o entendo…sobre todo coñecendo o que sucede neste norte nordesio de galiza…donde, eso si co voto dos veciños, a maioria das veces puñemos as zorras a cuidar das galiñas……..

novembro 19th, 2006

EU TAMEN SON CIDADAN……………..

Posted in OPINION by oteroregal

hombres.jpg Din os papeles e os rumorosos que sei que en algúns lugares deste norte lugués están  a formar candidaturas para as municipais co nome de CIDADANS, imitando a esa candidatura que se presentou en Cataluña con un home espido de numero un e sacou tres diputados, pois ben, esto venme de “chiripa” como disculpa para soltar catro verdades sobre o particular.

¿Saben vostedes unha cousa? Eu son un cidadan e non un borrego, como parece que queren dar a entender dende esa candidatura un pouquiño engreida, estirada, cursi, estrambótica e histriónica que se chama CIUDADANS que ten entre os seus apoios mais notables  a Jiménez Losantos, Pedro Jota, Libertad Digital e tal e tal….Pois ben, un  considerase tan cidadán coma eles, penso diferente de eles e como outros moitos millóns de persoas pensamos diferente e non por eso somos o que eles din “Esbirros del totalitarismo”

Pareceme lexítimo militar nun partido político que non seña o dos cidadans ese, eso inclue a ERC, ó PNV, a EA, a IU, a ICV-EUA, ó PSOE, ó BLOQUE, ó PSC, ó PP e a PPC.e perdon si me queda algun…. Si señores, tamén e lexítimo militar, apoiar e votar ó partido de Piqué e de Rajoy.

Creo que  lexítimo firmar pactos de goberno, incluso con formacións nacionalistas, si alcanzo un acordo que nos permita levar adiante parte ou todo o programa electoral que votei..

Non estou orgulloso de ser galego e español. limitome a selo, e pelama si España é ou non unha nación, o mesmo me ocorre no caso de Galicia, Euskadi, Andalucia…e asi sucesivamente todo o mapa da “Pel de toro”.

Creo que é de persoas moi mal educadas vivir nunha  comunidade e non aprender nin utilizar todolos idiomas oficiais. Igual que creo que unha persoa educada que se traslada a vivir a unha comunidade que ten lingua propia debe aprendela, fixeno eu nas decadas dos sesenta e setenta e non me caeron os aneis por elo. E pareceme unha paletada mesataria que nos Madriles e no resto do estado non se facilite a quen o queira o aprendizache do catalan, eusquera ou galego.

 Creo que a Constitución non cerrou ben o tema territorial e estou convencido de que debese recoñecerselle a Zapatero o “coller o toro polos cornos” sin entrar en si o esta a facer ben ou menos ben….o certo é que o que non se equiboca e o que non fai nada e  está quieto.

 Creo que a república federal e o mellor sistema de goberno para España. Sigo crendo que son moitos os intereses colectivos que deben poñerse por diante dos individuais e que o estado ten que estar “ollo avizor” para que sexa asi, o exemplo desta seman é Barreiros, Creo que as vítimas do terrorismo ademais de merecer o noso respeto, non son infalibles políticamente. Creo tamén que non teñen dereito de veto algun sobre ninguhna das políticas gubernamentaes.

Todo ese sermón ven a conto de que me pon de mala leite esa tendencia a apropiación do que e de todos, para ser xustos compartimolo moitas dereitas e moitas esquerdas, pero agora estes CIUDADANS puñeron a primeira pica de algo que nunca sucedera, un episodio tan claro malintencionado e tan descarado, que parecen querer arrogarse o dereito a decirnos quénes son ciudadans e quenes no no somos. Fan ben en ter un ideario pero non poden pretender que se comparta e sinon ven o insulto e a descalificación.

 

outubro 30th, 2006

O MATON DO COLEXIO…………

Posted in OPINION by oteroregal

O MATON DO COLEXIO4015-sa.jpg  O matón do colexio sempre ten quen lle suxeite a carteira mentras patea ó infeliz de turno, nunca lle falta ó matón, un coro de voceiros para tocarlle as palmas e animalo mentras que lle rompe as gafas a ese crio que ten a desfachatez de ter boas notas, si algunha vez alguen osa levantar a voz airado por tanta inxustiza que se prepare, que ainda que no no escoite en vivo e en direto o matón correrán como lebres cobardes os seus sicarios a contarlle a osadía do rebelde, mientras outros cantos aprobeitan para meterlle medo cos consabidos “vaste enterar cando veña tal ou cal”…….. O matón do colexio nunca vai so, ten a sua corte de sicarios e pelotas revoloteando ó seu redor, mentras él, cal rei sol das ostias, das patadas, do insulto e do agravio pavonease diante de todos, dono e señor das vidas e ilusións dos seus voluntarios ou forzosos. Siempre existe un sicario que señala as víctimas, un aspirante a inquisidor, un merlín de pacotilla para un rei Arturo de pacotilla, unha voz que susurra veleno nos oídos da sua máquina de matar a ilusión e as esperanzas que todo adolescente ou neno non debería perder nunca, pero que nosoutros os adultos deixamos que perdan para poderlles decir logo que non nos entendemos. E cando o merlín de pacotilla consegue inflamar o ánimo guerreiro do seu Arturo de pacotilla, siempre hai un corro, un corro de xente que anima, un corro de xente que cala e un corro dunhos poucos que apretan os puños e maldicen entre dentes pero calan ó fin, tan soio unhos poucos atrevense a solicitar clemencia do cesar do puñetazo e da ameaza para o reo convicto e confeso de ser víctima, e tan soio algun o suficientemente valente como para correr a avisar ós mestres Esto, que lles conto hoxe sucedeume a min e sucede a diario nos patios dos colexios de todo o mundo, sempre hai un matón, siempre unhos lacaios e sempre un merlín de pacotilla, sempre hai unha victima, siempre hai a indiferencia dos moitos e a saña dunhos poucos, sempre hai medo e silenzo, sempre o sangre secase en silenzo, a ignominia con indiferencia, e a inxustiza con resignación. O fin e cavo, estase xerando o modelo de sufrimento e dor da proxima xeración, hoxe en pleno seculo XXI, nunha democracia consolidada, seguimos sen darnos conta que á escola vaise a aprender a propia vida e non a dos santos, na escola vivese e aprendese a vivir, e que si non facemos nada para acabar dunha vez con este estado das cousas o único que se sigue a aprender e a malvivir e aceptar como normal este pesadelo de forza, maltrato e exclusión social, que logo, e eiqui ven o problema, de adultos repetirán convirtindo como sempre a sociedade e o mundo nun lugar a imaxen e semellanza do patio no que o matón campa a suas anchas rodeado pola sua corte de sicarios e pelotas, que os que fumos nenos maltratados seguimos a sufrir de adultos e vellos…sigue na vida de un tendo o matón que nunca vai soio, ten a sua corte de sicarios e pelotas revoloteando ao seu redor, mentras él, cal rei sol das hostias, das patadas, do insulto e do agravio pavonease ante todos, dono e señor das vidas e ilusións dos seus voluntarios ou forzosos, claro que as “hostias” de hoxe son doutra forma, pero doen igual ou peor. OTERO REGAL

outubro 19th, 2006

A VERGOÑA DO PP DE VIVEIRO…………

Posted in OPINION by oteroregal

190px-Viveroria.jpgPois mira que non ando eu todolos dias con gargalladas, no me gustan a mín estas cousas, que son de natural seriote, xa o saben vostedes, e non son dado a perder o tempo con simplezas. Agora ben, xa lles dixen que algunhas veces, raras veces, deborame as chorradas e non o poido evitar.
Hoxe nos papeles de este norte galego veñen os do PP de Viveiro, que teñen mais cara que espalda tratando de esculpar o seo “LEADER” natural, eiqui chamado “CHECHAJA”…non e ningun insulto…insulto eran os de el e os seus amigos cando me chamaba fillo de……, da chanchullada e chorizada do CLAUDIO…..manda carallo co meu amigo Javier…non todo e valido….aquelo de GUERIN de que unha mentira repetida mil veces e unha verdade non e certo e terasme a min eiqui e noutros lados para rebatirche…unha cazicada e unha cazicada e ti sabes o que eu sei do particular….o teu lider espiritual a que parece bendiche a alma…..pasou a lei e os intereses publicos por a entreperna neste e noutros temas…e por moito que prediquedes as cousas mouras non se voltan brancas nin con ariel nin con colon…..pero o peor do asunto e que encima queredes votarlle a culpa a Roel do asunto..fai falta ter cara…..o que fai Melchor..a trancas e barrancas e solucionar as vosasa cazicadas lease LODEIRO, O DESFALCO ECONOMICO, O PERSOAL METIDO A DEDO E AGORA O DO CLAUDIO………DE USTEDES COMO DECIA AQUEL MILITAR MADRILEÑO SOI QUEDA DECIR……¡VAIA TROPA!