Archive for the Sen clasificar category

xaneiro 29th, 2007

1000 000

Posted in Sen clasificar by oteroregal

normal_minocagalega.jpgHoubera quedado moi bonito, e non do norte, celebrar a vista número 1.000.000 ao blog, pero tempo o tempo, faltan ainda moitas. Pero pouco a pouco faise aldea…….
o dito, un millón de graciñas para os que visitades habitualmente este garito, para os que comentades, para os que non, para os que me animan e para os que me poñen a caer de un burro, que habelos, hainos e habraios.

xaneiro 29th, 2007

PARA SAN VALENTIN, DIN

Posted in Sen clasificar by oteroregal

e512_bbleu-ii-posters.jpg

Recibo este curioso e-mail E DICEME QUE E PARAS O DIADE sAN VALENTIN…SEIQUE….O QUE ME ENCHE DEDESCONCERTO E ZOZOBRA….qUE ENGANADO ESTABA,,,,,PENSAR QUE EXISTE XENTIÑA QUE NON SO LLE REGALAN UN LIBRO COMO A MIN…..

Preguntame o meu amabel spammer remitente: “¿Imaginas qué ocurriría si las grandes marcas y fabricantes que todos conocemos lanzasen su propia línea de preservativos? Sus campañas publicitarias tendrían una gran repercusión, como se puede comprobar a continuaciónâ€:
# Preservativos Nike: “Just do it.â€
# Preservativos Pringles: ¡Si haces pop, ya no hay stop!
# Preservativos M&M’s: Se deshacen en tu boca, no en tu mano.
# Preservativos VISA: No salgas de casa sin ellos.
# Preservativos Duracell: … Y duran, duran, duran, duran….
# Preservativos Microsoft: ¿Hasta donde quieres “llegar†hoy?
# Preservativos Lays: ¿A que no puedes usar solo uno?
# Preservativos Evax: Ni se mueve, ni se nota, ni traspasa…
# Preservativos Petit Suisse: A mi me daban dos.
# Preservativos RedBull: Te dan aaaalaaaasss…
# Preservativos Pescanova: Lo bueno “sale†bien.
# Preservativos Rianxeira: Solo hay que “abrir†y triunfar.
# Preservativos San Miguel: Donde va, triunfa.
# Preservativos Disney: Vive la magia.
# Preservativos Vasenol: Para manos que trabajan.
# Preservativos Deutsche Bank: Nuestro compromiso es servirle.
# Preservativos American Express: La diferencia entre querer y poder.
# Preservativos Vicks Vaporub: la frotadita que ayuda.
# Preservativos Bimbo: recién hechos, cada día .
# Preservativos Frenadol: 12 horas de alivio continuo.
# Preservativos Nokia: Conecting people!
# Preservativos Ariel Oro: Más blanco no se puede… (ejem)

Na realidade así, a bote pronto, poden sair moitos mais. a miña por exemplo CERAMICA REGAL….FEITO A MAN…jeje, outros por exemplo…ya.com, xa se entende que en segundiños acabou, ou o de preservativos Cola-Cao,moi ao gusto das señoras… xa saben: yo soy aquel negrito….

xaneiro 15th, 2007

VAMONOS UNHA SEMAN

Posted in Sen clasificar by oteroregal

VOUMxarra2.jpgE PARA MADRIxarra2.jpgDDxarra2.jpg

DDDDDDDDD…………….
MARTES

Din por eiqui…NON TE CASES NIN TE EMBARQUES…Pero un, esta mañaciña ben preto colle gañidoira arriba…e empeza o percorrido de todolos setembros e xaneiros…que me leva a estar nos MADRLIES unha seman……vou, coma moitos galegos a buscarme a vida para min e para os empregados meus..proletarios deciase antes……vou vender o que facemos por estas terras…e nunca mellor dito…terras galegas trasformadas por os elementos…auga, fogo,aire e o mais importante a man miña e da ducia de homes e mulleres que formamos REGAL CERAMICA…..
Pois eso, os amigos botareinos en falta e os enemigos que esperen sentado…vou faltar unha seman na que o blog pecha…Si queredes coñecerme, mirar o que faigo, contemplar as novidades podedes ir ao Campo das Nacions, ali e IFEMA no pabellon 4 no estans b 121, xuntoa a cafeteria do fondo estamos nosoutros, facendo pais…
.ALI 2800 EXPOSITORES..mostramos os productos que se mercan nos apartados de regalo, fogar, xoieria, bisuteria, artesania….por se alguen que votar unha parrafada estou a sua disposicion. enfrente da cafeteria….non ten perda………..tampouco somos moitos os galegos…catro e a caixa…e cada vez menos os que fabricamos e non importamos …….pero esa e outra triste historia deste pais que cada vez vamos mais a parecernos a ARXENTINA…nesas e noutras cousas………nosoutros, uso o plural mayestatico….vendemos nas duas edicions de INTERGIF un 60% do que facturamos o ano ….o que non ta nada mal……..

Asi que hasta a volta dentro de algo mais de unha seman………..ah si queredes ver o que facemos www.oteroregal.com e perdon pola publicidade…….non era intencionada…

xaneiro 4th, 2007

QUE FOLLON COA CONSTRUCIÓN

Posted in CAZICADAS, Sen clasificar by oteroregal

sesena.gifsesena.gifsesena.gif

Esta franxa costeira do norte galego, a que algunhos deulles por chamar A MARIÑA está nestes últimos tempos un pouco revolta…estábamos aquí neste norte nordesion tranquilitos, descarallando a paisaxe, eso si, con casiñas aquí e acola, no medio das veigas, sin recebar, cabanos para apeiros de labranza e “Picnics†por todalas partes, eucaliptos por doquier….pero a cousa era propia da mentalidad minifundista desta terra……..da falta dunha cultura estética do persoal e da dificultade que temos de entender que a propiedade privada ten limites no que concerne ó entorno e o medio urbano e rural……ainda asi eramos felices e comiamos perdices…….

Pero en eso que chegou a “CONSTRUCIONâ€, seique alguen descubreu este pretendido paraíso e decideu explotalo e de paso acabar con el, recubrindoi todo de ladrillo e cemento, os madrileños e doutras “nacionalidades†querian unha segunda vivenda, e ademais si comparaban cos precios de “alen†de Pedrafita eran moi baratos…..Chegaron os especuladores de sempre, medraron os que tiñamos por aquí, e empezou a campaña de “MATAR A GALIÑA DOS OVOS DE OURO†ou, tamen chamada da “PESCADA QUE SE MORDE A COLAâ€â€¦.e todos a aunha, como en FUENTEOVEJUNA, puxeronse a mercar leiras, solicitar licencias e mercar, si digo mercar, pois si non non se entende o que cada día sae nos papeis, a vontade dos políticos da bisbarra….e resulta que se deron nos últimos anos maís licencias nesta bisbarra que no resto de Galicia…..¡Manda carallo co progreso! …o fin e o cavo seguimos tendo os peores políticos do mundo, e somos nosoutros os culpables, pois seguindo a tradición mais enxebre, PUXEMOS A COIDAR DAS GALIÑAS ÓS GOLPES e asi nos vai, é peor que nos vai a ir, contruese nos montes, nos prados, en calquera sitio, sin saneamento, sin vias de aceso, sin suministro de auga …..e calquer tipo de boa arquitectura brila pola sua ausencia.

E agora a tan so unhos poucos meses de que teñamos a oportunidade de remediar esta situación dandolles unha patada no cu ós corruptos e carallans, estes están enganando ós paisano coa consabida frase de “CON ESTES XA VEREDES…. NON VADES PODER VENDER AS LEIRASâ€, o que é unha trampa, unha chamada ó compartamento menos social e comunitario da historia moderna desta Europa dos nosos pecados.

Sigo a ser un pesimista e estou convencido de que outra vez vamonos equivocar e voltaran a seguir nas poltronas os peores do lugar, salvo algunhas excepcións que confirman a regla, claro esta.

Neste novo ano eu, ateo militante, pediría ós Reises Magos que a este norte galego, que tan pouco se quere a si mesmo, que tan pouco aprecio ten ó seu, lle trouxera un vento mareiro deses ben fortes que lebanta para o carallo os ladróns, chourizos, corruptos, caciques e demais xente de mal vivir que rixe os nosos destinos desde os concellos da bisbarra…….e como decia na miña nenez de monaguillo,,,!QUE ASI SEXA¡

novembro 28th, 2006

CANDIDATOS EN VIVEIRO…………………..

Posted in DIARIO, Sen clasificar by oteroregal

250px-playacovas.jpg Xa soio faltan catro mese catro para que as trompetas do estado nos chamen a exercer o dereito de renobarlles ou non o contrato en precario que teñen os nosos alcaldes e concellais…..a pesares delo….moitos ainda non teñen feitos os deberes….nin candidato teñen…..boume limitar a Viveiro…..presentaranse…..como casi sempre catro partidos…o unico que ten candidato definido e o PSOE….repite Melchor Roel Rivas…actual alcalde…no resto ou sexa da lista non sei nada ou casi nada supoño que repitira parte dos concelleiros actuales…..e alguen mais que non se decidira ata xaneiro…… no PP andan a defollar a margarita despois de que Cesar Aja quedara descartado por o seuC propio anuncio e por que Barreiro anunciou que donde se perdeu habra que facer renovacion….ademais os Xefes saben que ten pendente a resolucion de catro imputacions de delito por parte do tribunal supremo por malversacion, prevaricacion, falsedade en documento e delito administrativo…o que o imposibilita para seguir no machito…..e ¿Quen vai’…Pois todas as quinielas apuntan a Leal…pero outros falan do recente fichaxe e meu amigo Illan….despois a lista seria casi toda noba……excepto a concelleira ruba de Celeiro…un filla de ex Marta Perez, o presidente de N. xeneracions, un podologo, un biologo ……etc etc ….
No Bloque parece que xa esta todo atado e moi atado Mitas sera o candidato Paco Luis abandona….o acerto do candidato non sei se sera a acertada…de segundo levan a un ex concelleiro de Ourense con un certo pasado…….que esta en Viveiro de funcionario……….e IU…seguira Orlando Esposito Mariño…….con toda posibilidade….asi estan as cousas…..pero o certo e que si esperan a Xaneiro….teñen moi pouco tempo de dar a coñecer o candidato…claro que o mellor o que queren e telo agachado….

novembro 25th, 2006

CESAR AJA TIÑA A SOLUCION

Posted in Sen clasificar by oteroregal

Cesar Aja Mariño foi alcalde do PP de Viceiro perante 20 anos….o mesmo tempo foi diputado e senador…unha longa vida politica…non sobresaente, non fai falla mais que ir as paxinas de ambas institucions para ver que “su señoria” cada vez que iba a Madrid quedaba mudo……Despois da desfeita urbanistica que deixou en Viveiro, con cazicadas varias, amiguismos , e intereses casi inconfesables a nivel de urbanismo agora despertouse co dedo metido na bacenilla e dice…..”Sobre la línea de protección, Aja dijo: «Como está suspendida la normativa urbanística en su totalidad en Viveiro no hay nada que defienda, porque no queda prácticamente suelo urbanizable, la posibilidad de que eso quede dentro de 500 metros en la gran mayoría del municipio». «Hay formas mejores de conservar la costa», opinó. Manda caralloo….pois resulta que agora o señor AJA sabia como defender a costa e no no dixo nin no fixo nos ultimos vinte anos….ou seria recheandoa e acabando con ela como fixo na ria de Viveiro, Lodeiro, Labandeiras, Espigons varios, etc etc ….sin contar aquela xenial idea da que incluso chegou a pagar proyecto de algun amigo ixenieiro de camiños …para construir unha lagoa artificial nas dunas da praia de Covas…xenial idea….si señor coma a de construir unha TERRA MITICA nas minas da Silvarosa ou un ponte colgante como o de Santurce sobre a ria……..pero esperen tamen dixo que “al anular la normativa «la Xunta, que pone una normativa restrictiva y colapsa el desarrollo». O desenrrolo segun Cesar Aja e DAR DE COMER OS POMBOS, PROTEXER OS SALGUEIROS e CUIDAR DOS REGOS….xa o sabiamos……outra vez voltou a estar a zorra a cuidar das galiñas…….

novembro 11th, 2006

NON SEI SI RIR OU CHORAR……………………………….

Posted in Sen clasificar by oteroregal

xarra2.jpg No sei se rir ou chorar, o certo é que non o sei,  pero entre o debate da continuidade política de Viveiro, as respostas airadas e casi insultantes que recibo, por opinar libremente e o pouco caso que me fan Tiros e Troianos, eso que chamades corazón pero que eu chamo tripas …saltame polos aires…
En fin, o que teño claro é que non me imaxino levando esa cruz de verdades absolutas as costas, que faría eu sen as miñas dubidas, sen as miñas preguntas, sen proxectos,….. volvome a preguntar (xa volvo as andadas) ¿para que serve todo eso cando un é posuidor da VERDADE?.

Lembrades cando Queipo dixo aquelo de “Antes rota, que rojaâ€, ou a Millán Astray diciendo “¡Abajo la inteligencia! ¡Viva la muerte!â€, cumpriron a sua palabra, romperonos e  mataronos.

Agora dende a política local, provincial, autonómica e nacional un escoita e lee todolos días as mesmas posturas, os mesmos enfrentamentos, os mesmos camisas vellas antes dunha cousa e agora de “Lexionarios de Cristoâ€, “Opus†e outras especies , que por certo din non estar en periodo de extinción como sucede co salmón no rió Landro, que minten mais que Pinocho, pero ademais fano con resentemento, cun odio que se nota en toda a sua fisonomiae expresividade.

Pero, o fin e o cabo estamos na veiramar de Lugo, mais ainda, no Val do Landro ou como gusta de decir o meu amigo Nuevo Cal, flamannte cronista, nas Terras de Viveiro, e eiqui, como en Madrid as cousas da política están revoltas a esgalla, o meu articulito da pasada seman foi duramente contestado, o que me chamou a atención foi que as contestacións centrabanse, ademais de en alguns adxetivos que eu utilizara nun dos “Afaires†que mais “ruxe ruxe†están a suscitar a nivel local, O da empresa, o parecer, oriunda de Sarria, con socios en Viveiro, un deles o expolitico de Coalición Galega José Maria Cabarcos ou algun ex director de banco agora dunha caixa do sur, que dicen os do PP que fan e desfan ó seu antoxo como si Viveiro fose o seu “cortixo†particular, o certo é que soio aparece nas suas criticas Cabarcos, os outros que tamen teñen bos amigos entre quen manda nas dereitas, eiqui e acola, permanecen no anonimato.

O certo é que para unha das obras desa “sociedade†abreuse, da noite para a mañá un novo vial na zoa da Ponte Labrada, un pouco chapuceiro, eso si, afecta a propiedades e accesos das mesmas cos que non se contou para nada, moitos destes follons son entre familiares, os peores de arranxar, e ó parecer sen licencias permisos e outras gaitas, o mandamais local poidera ser que lle tomara, a xa escasa, cabelera, algun contratado no seu dia a dedo por Aja e que acabou sendo o seu  protexido maestro de obras de cabeceira.

Cando esas cousas suceden, o mellor e “enmendalla†e non “meneallaâ€, pero temos os políticos que temos, e algo que podía, e de por si é positivo para barrios do norte de Viveiro, estaá agora na vida política e municipal e o que che rondarei morena.

Por outra parte a “dichosa empresa†tamén está a facer outra “desfeita†na zoa de Xunqueira, donde a pasada seman, con esa mania de furar para facer mais garaxes, neste caso nunha zoa de feldespato, cortouse a veta de auga que dende o século XIV suministraba a fonte do subsolo do Monasterio de Valdeflores, xa fai tempo, outro mamotreto de cemento tamén rematou co manantial da fonte do barrio. Ademais nesa obra deberon romper o alcantarillado pois cando chove aprobeitan para bombealo pola canalización de augas plubiales ó rio de Xunqueira, donde casi desapareceron, outra vez, as troitas.

Unha curiosidade é que na restauración da fabrica de curtidos con casi 400 m2 de frente o rio empregouse unha empalizada de madeira e ferro para que non se produciran vertidos e non dañaran nin a fauna nin a flora e agora vai e permitese este desaguisado.Neste corrunxo, como noutros, parece que e certo o de “Val mais caer en gracia que ser graciosoâ€

novembro 10th, 2006

UNHA VIRUS DO CARALLO………….

Posted in Sen clasificar by oteroregal

10153636.jpg

Levo unha seman doente……medico para eiqui…analisis para ala, hospital de burela, volta aos medicos…volta os analises…….todo empezou con cansancio e febre….pensei que era unha gripe de nada….dous dias na cama e listo….cada dia iva a peor……e despois de que os medicos non me encontraran nada…nin gripe, nin pulmonia, nin riñon…nin infecion nde orina….. nin bertigo….me dicen que e un VIRUS……sin domicilio nin data de orixe, nacionalidade ou cousa parecida……mediciñas para baixar a febre…e pouco mais…..agora ben o bo……empezo otratamento…. e empeza a baixar a febre….pero o pouco empeza a picarme o corpo…que parecia que estaba a facer o baile de San Bito…..e ademais comida que tomaba comida que ciscaba……resulta que teño alergica as mediciñas……..manda carallo co virus do carallo………

novembro 9th, 2006

A POLITICA DE VIVEIRO………….

Posted in Sen clasificar by oteroregal

A POLITICA EN VIVEIRO

Pasan os días os meses e os anos…tan soio faltan escasos oito meses para as eleccións e os do Partido Popular de Viveiro non se recuperan do batacazo electoral que sufrieron nas últimas municipais, agrabado polos das xenerais e despois as autonómicas. A táctica da mala leite e o “non†como resposta ,pensaba eu, que era algo pasaxeiro, pero conforme pasa o tempo  estamonos dando conta da conversión estratéxica deste discurso que tanto malestar crea na nosa sociedade.

O que esta a facer nos últimos tempos o PP de Viveiro ten unha folla de ruta: escollese un tema con calado, a paralización das licencias de obra, a ampliación da ponte de FEVE  na Ponte Labrada,  ponse en mans de charlatans profesionais,  culpase a  Melchor Roel e ó bipartito,  ventilase co sunami da mentira,  escenificase  cada fin de seman en rodas de prensa ou no pleno como esta misma seman donde se foron, todos a unha, como en Fuenteovejuna unhos minutos ante de dar as doce…non sei eu si perderon o zapato de cristal como a Zenicienta, alegando que o Alcalde non lles contestaba ás tropecentas preguntas que se facian, dende logo esta xente non ten memoria, ou ten o rostro como a sola dun zapato dos de antes, Cesar Aja, gobernou en minoria os primeiros catro anos dos vinte que estuvo na poltrona do concello, co  apoio do PSOE, UCD, BLOQUE e O PC, por certo con Melchor Roel á cabeza, cando consegueu a primeira maioría absoluta, cambiou as formas, as preguntas tiñan que facerse por escrito, espaciaronse os plenos e non foi nin unha , nin duas , nin tres as veces que con un simple “Contestare en el proximo pleno†deixou todalas preguntas feitas polo Bloque sobre a mesa, tampouco recordo eu, e foron 13 anos de cubrir informativamente a vida política de Viveiro para este xornal, que se prolongara un pleno para contestar a unhas preguntas da oposición, despois saen á palestra tachando de dictador ó actual alcalde, dime de que presumes e direiche de que carecesâ€

Este proceso de ataques despiadados dura unhos cuarenta días, e, despois dunha semaniña de descanso,  volvese á carga con outro tema, sempre en negativo nesta lexislatura a oposición de Viveiro non fixo ningunha proposta en positivo para ser votada nun pleno, a non ser as que lles mandan xa feitas dende Santiago os seus xefes.

E mira que a un lle gusta o debate, penso que as sociedades democráticas  caracterizanse por a participación e a confrontación de ideas, por eso non me gustan nada as maiorias absolutas e absolutistas, a democracia e o pacto o escoitar opinións e a negociación.  Pero o Partido Popular de Viveiro, realmente, non persigue esto, más ben o oposto: perturbar a convivencia para restar credibilidade ó goberno municipal sin pararse en éticas nin estéticas para logralo.

Ante esta situación, a resposta da esquerda  gobernante permanece no limbo dos xustos e con eso se queda, respostas sempre do alcalde ós ataques, moitas veces tarde mal e arrastro, é difícil de entender que dende o goberno non se teñan os medios para exercer unha autentica e eficaz comunicación cos veciños, pero as cousas estan asi, pero terian que facer mais.A pesares de que o PSOE eo BLOQUE teñen tantos frentes abertos, o desastre do urbanismo herdado, o funcionariado que non sabe nin contesta, a economía ruinosa que deixou Cesar Aja, a falta de persoal cualificado que atenda racionalmente temas como o de obras e outros como o aislamento dos “LIDERES†no edificio da plaza maior como si dunha torre infranquebel se tratara.

De todas formas ao partido popular dalle igual, a tactica vai seguir sendo a de “DESPRESTIXIA QUE ALGO QUEDA†ata o proximo mes de Xunio, ea pesares de que nin siquera teñen candidato para alcaldía ata o momento.

 

outubro 30th, 2006

UN HOME POLA IGUALDADE……..

Posted in DIARIO, Sen clasificar by oteroregal

*andar21_cami.gif Un home pola igualdade e o que:

Se acepta a sí mismo como producto de su tiempo y cultura. * Ha iniciado un camino personal de búsqueda y replanteamiento interno de sus valores, esquemas, mecanismos, conductas y pensamientos. * Mantiene una actitud de cambio en sus relaciones con las mujeres, en las que ya no tolera ningún tipo de desigualdad en razón del sexo. * Apoya activamente las justas reivindicaciones de las mujeres contra el sexismo. Comprende que no basta con las palabras y que es necesario que los hombres se posicionen activa y públicamente sobre el tema. * Está aprendiendo a verse como un ser sensible, afectivo y, sobre todo, vulnerable. Además, está intentando superar su tradicional aislamiento emocional. * Ha iniciado un proceso de replanteamiento de la relación con sus hijos e hijas. Ya no acepta continuar con un papel secundario e intenta que la relación sea más completa, aprendiendo a implicarse directamente con ellos y ellas. * Intenta ir superando el miedo y el rechazo ante situaciones de cercanía y complicidad con otros hombres. Comprende que la compañía y la ayuda de otros hombres le es necesaria para su desarrollo vital. Acepta su apoyo y está aprendiendo a no verlos como competidores. * Avanza en un proceso de renovación de su sexualidad, intentando vivirla de forma más natural y plena, sin los determinantes que el modelo tradicional masculino le ha impuesto. * Ha comenzado a cambiar su actitud hacia la homosexualidad, reconociendo que las personas homosexuales sufren una situación de discriminación que ha de ser combatida activamente. Analiza su relación personal con este tema. * Y, por supuesto, ha adoptado una actitud de tolerancia cero hacia la violencia de género que ejercen los hombres sobre las mujeres. Ha comprendido que “el silencio nos hace cómplicesâ€.

Decálogo da Asociación de Homes pola Igualdade de Xénero. Â